Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Ateneo Ferrolán

Presentación do libro Le Temps des Cerises (Ángel Cardín)

  Presentación do libro de Angel Cardín : “ Le Temps des cerises  ( a vida na prisión naval de Ferrol do caudillo  1968- 69-70 ) “ Venres, 15 de setembro de 2017 ás 20 h. Editado por Fundación 10 de marzo . O libro leva Prólogo do historiador José Alvarez Junco  (un dos  máis respectados de España) Ademais do autor, que comentará unha ducia de diapositivas referentes ao tema, contaremos ca presenza de Rafael Pillado, sindicalista fundamental naqueles difíciles momentos ; de Xan María Castro, veterano sindicalista e Presidente da Fundación 10 de marzo, e de Juan Sotres, economista madrileño, que estivo na Prisión de Caranza na dura época que narra o libro . O libro non son unhas memorias nin unha novela senón un relato-testemuño ( baseado en papeis da época) da vida na Prisión Militar de Caranza para mariñeiros do Norte de España, nos finais do franquismo, repasando os diferentes presos, de onde veñen e como os xulgan; a durez...

IX "Conspirando por umha Rádio Livre"

  Este xoves 13 de abril, podes celebrar co Colectivo Opaii a novena edición do "Conspirando por unma Rádio Livre" e contribuír á autogestiom da Rádio Libre e Comunitaria da Terra de Trasancos acudindo á Sesiom Vermú no Ateneo Ferrolán ás 12:00 horas do xoves 13 de abril coa actuación de Eugenia Sanmartín e as súas músicas de Brasil e outras terras. Xa á noite, a partir das 10h., na sala Super8, poderedes gozar do Clásico concerto "Conspirando por unma Rádio Livre" coas actuacións do grupo de "música Surf" KANALOAS e o de "Rap&Roll" SOKRAM . Lembra, este xoves 13 de abril, toca conspirar por unha Radio Libre, a Rádio FilispiM.

Presentación libro "Breve historia da Coluna Sanfins" a cargo de Lorena Cuevas e Eliseo Fernández

Presentación libro "Breve historia da Coluna Sanfins"  a cargo de Lorena Cuevas e Eliseo Fernández Mércores día 22 de marzo ás 19,30 h. no Ateneo Entrada libre O Grupo de Memoria Histórica da CNT Galiza vén de publicar un libro que trata da mobilización obreira en defensa da liberdade tras o golpe fascista de 1936 iniciada polos mineiros de Lousame na chamada Coluna Sanfins. Esta homenaxe a unha historia esquecida foi realizada coa colaboración da Sociedade Histórica e Cultural "Coluna Sanfins" e conta con 120 páxinas sob licenza Creative Commons que narran a historia da Coluna Sanfins, as suas orixes, o contexto histórico e a importancia da minería, a represión e resistencia e os vestixios da memoria obreira. Lorena Cuevas e Eliseo Fernández, autora e autor dos textos e membros do Grupo de Memoria Histórica da CNT, presentan este traballo, o primeiro dunha colección que pretende tirar do esquecemento moitas das historias de combate, morte e ...

Cuarta Mostra de Documentais en Galego" do Ateneo Ferrolán

Cunha PROMO da "Cuarta Mostra de Documentais en Galego" do Ateneo Ferrolán: http://opaii.blogspot.com.es/2017/03/cuarta-mostra-de-documentais-en-galego.html Unha vez máis, o ATENEO FERROLÁN na súa aposta polo audiovisual organiza a IV MOSTRA DE DOCUMENTAIS EN GALEGO . Mostra que naceu no 2011 como plataforma para impulsar e difundir os documentais en galego. Neste ano os documentais seleccionados son os seguintes: 15 anos da Fundaçom Artábria. O documentário. [37'] Gravado no ano 2014 e editado no 2016. Este documental é un proxecto colectivo e amósanos a historia da Fundaçom Artábria durante os seus primeiros quince anos de vida. O Moredo. A resistencia do Entroido Ribeirao. [28'] Gravado no ano 2016 e dirixido por David Vázquez. O documental lévanos ao Entroido Ribeirao, unha festa ancestral que se celebra na parroquia de Santiago de Arriba en Chantada (Lugo). O documental trata da súa resistencia no tempo, xa que primeiro tivo que loit...

Presentación do libro "Actas do Congreso Centenario de Hildegart Rodriguez Carballeira"

Presentación do libro "Actas do Congreso Centenario de Hildegart Rodriguez Carballeira" 8 marzo ás 19,30 h. no Ateneo Ferrolán.   # CongresoHildegart # Ferrol

Ciclo de Documentários em Língua Portuguesa.

  Xoves 9 ás 17 h. Organizado pola EOI de Ferrol o seu departamento de portugués proxectarán no #AteneoFerrolán unha serie de documentais en VO dentro do ciclo: Ciclo de Documentários em Língua Portuguesa  Organiza: EOI Ferrol - José e Pilar (Miguel Gonçalves Mendes) [Portugal] 22 de febreiro ás 17 h. - A vida é um sopro (Fabiano Maciel) [Brasil] 2 de marzo ás 19 h. - Lixo extraordinário (Lucy Walker) [Brasil] 9 de marzo ás ​17  h. - Pfunguza / Eu, Mucavele [Moçambique] 15 de marzo ás 17 h.

Mostra "Cinema e Sociedade 2017" sobre o cancro - mércores 1 de marzo, 20h, Ateneo Ferrolán

Compartimos a invitación que nos fan chegar dende a Asociación Cultural Conxeito para un novo evento dentro da Mostra "Cinema e Sociedade 2017" e que tratará sobre o cancro para este mércores 1 de marzo ás 20h no Ateneo Ferrolán :

Ateneo Ferrolán - Proxección do documental "23" e coloquio: xoves 23 de febreiro, 19h

Compartimos a invitación que nos fan chegar dende o Ateneo Ferrolán para asistir á proxección do documental "23" sobre as listas negras elaboradas pola ultradereita durante os primeiros anos de democracia: O Ateneo Ferrolán proxectará o documental "23" o vindeiro xoves 23 de febreiro ás 19 h. Este documental non chegou nunca a emitirse nin proxectarse en ningures. "No documental "23" queremos contar as vivencias e experiencias da tardiña do 23 de febreiro de 1981 cun grupo de vinte e tres homes e mulleres que aparecían nas listas negras elaboradas pola ultradereita. Aquela noite os concellos das cidades galegas estiveron abertos, ocupados por concelleiros de esquerdas e do nacionalismo galego. Probablemente nunca saberemos quen elaborou as famosas listas negras, que saíron publicadas por primeira vez en febreiro de 1991 en La Voz de Galicia." Posteriormente realizarase un coloquio sobre o tema. O coloquio contará coa participación d...

Plataforma Legado Cultural de Sargadelos - xuntanza aberta ao público: luns 20 de febreiro, 19h, Ateneo Ferrolán

Compartimos a convocatoria que nos fan chegar dende a Plataforma Legado Cultural de Sargadelos dunha xuntanza aberta ao público para este luns 20 de febreiro: A “Plataforma Legado Cultural de Sargadelos” CONVOCA aa cidadanía e entidades sociais a un acto público no ATENEO FERROLÁN este vindeiro luns 20 de febreiro, ás 7h da tarde co fin dar conta das ultimas xestións realizadas pola comisión coordinadora ( Novo nome - Plataforma Legado Cultural de Sargadelos.. ) Encontro co Presidente da Academia Galega, Xesús Alonso Montero.- Encontro con Luis Villares.- Proposición Non de lei no Parlamento galego .- Petición encontros grupos parlamentarios .- Suxestións e preguntas .- Saúdos - Coordinadora .-

Club de Prensa de Ferrol - ¿Tiene futuro la teología de la liberación? con Juan Tamayo: venres 10 de febreiro, 19:30h, Ateneo Ferrolán

Compartimos con vos a invitación que nos fan chegar dende o Club de Prensa de Ferrol para asistir á conferencia "¿Tiene futuro la teología de la liberación?" que protagonizará Juan Tamayo no Ateneo Ferrolán este venres 10 de febreiro ás 19:30h : O venres día 10, o Club de Prensa de Ferrol presenta no Ateneo ao profesor, filósofo e teólogo da Teoloxía da Liberación  Juan José Tamayo que nos falará  sobre o futuro da mesma e do rexeitamento da xerarquía  da igrexa “oficial" ás teses que promulga. Será un pracer contar contigo.

Ciclo "Ferrolterra, presente e futuro", con Luis Villares : xoves 2 de febreiro, 19:30h, Ateneo Ferrolán

Dende   Fuco Buxán convidámosvos a asistir ó novo acto enmarcado no ciclo de conferencias-debate que leva por título "Ferrolterra, presente e futuro: una análise da nosa realidade dende una perspectiva progresista e de esquerdas" , e para o que estamos a convidar ás forzas da esquerda do noso país para que presenten as súas alternativas i escoiten as voces da cidadanía. Na segunda destas conferencias, que terá lugar o vindeiro xoves 2 de febreiro ás 19:30h  no Ateneo Ferrolán,  intervirá o voceiro parlamentario do grupo En Marea , Luis Villares . Có devandito ciclo pretendemos contribuir ó debate sobre a profunda crise na que está inmersa a nosa bisbarra e na procura de solucións por parte de tod@s. Deste xeito non só a túa presenza, senón a túa participación é importante no coloquio posterior.

Presentación do libro "Amada García Rodríguez e os seus arredores", de Bernardo Maiz - xoves 26 de xaneiro, 19:30h

Compartimos a invitación que nos envía o Ateneo Ferrolán para asistir á presentación do libro "Amada García e os seus arredores" O vindeiro xoves, día 26 , ás 19:30 no Ateneo , terá lugar a presentación deste libro de Bernardo Maiz que sen dúbida supoñerá unha achega máis ao coñecemento da nosa intrahistoria. Será un pracer contar coa túa asistencia. "Amada García e os seus arredores" é o último libro do historiador Bernardo Maiz. Amada é o fío condutor deste estudo, figura simbólica dun pobo que viu coutadas as súas esperanzas cando tomaba ao fin o protagonismo histórico. Preséntanos o autor unha Amada García histórica, fidedigna, contextualizada, lonxe da ficción, extraendo da documentación escrita, “do rastro que deixou”, só o que acredita como verdadeiro, que non é o máis épico nin o máis tenro nin o máis dramático, aspectos estes case sempre esaxerados e inexactos. A historia real supera á ficción. Bernardo Maiz Vázquez (1950) , catedrático xubilado, ...

Mesa redonda "Visibilidade, pobreza e realidade das persoas sen fogar". Luns 23 ás 19,30 h, Ateneo Ferrolán

Mesa Redonda: "Visibilidade, pobreza e realidade das persoas sen fogar" Luns día 23 de xaneiro ás 19,30 h . no #AteneoFerrolán Intervirán:  Xulia Díaz Sixto (Club de Prensa)  Carmela Primo (Educadora Social) Xosé Cuns Traba (EAPN Rede Galega)

Inauguración do Ciclo "Ferrolterra, presente e futuro" con X. Fernández Leiceaga: xoves 19 de xaneiro, 19:·30h, Ateneo Ferrolán

Dende Fuco Buxán convidámosvos a participar nos actos que terán lugar no marco do ciclo de conferencias-debate que leva por título FERROLTERRA, PRESENTE E FUTURO : una análise da nosa realidade dende una perspectiva progresista e de esquerdas. Na primeira intervirá o voceiro parlamentario do PSdeG-PSOE X. Fernández Leiceaga , e terá lugar o vindeiro xoves 19 de xaneiro no Ateneo Ferrolán ás 19,30 h . Có devandito ciclo, dende Fuco Buxán pretendemos contribuír ó debate sobre a profunda crise na que está inmersa a nosa bisbarra, e na procura de solucións por parte de tod@s. Por iso, a vosa presenza e participación é importante no coloquio que terá lugar tras a intervención dos protagonistas do acto. A tal fin convidaremos ás forzas da esquerda do noso país, que presentarán as súas alternativas i escoitar as voces da cidadanía.

Marchas da Dignidade - Autoconvocatoria para este xoves 12 de xaneiro, ás 7 no Ateneo Ferrolán: intentar conseguir unha nova mobilización unitaria en Ferrolterra, co obxectivo de participar na convocatoria internacional contra o CETA

Compartimos a convocatoria que fan dende as Marchas da Dignidade de Ferrolterra para o xoves 12 de xaneiro ás 19:00h no Ateneo Ferrolán dunha xuntanza para organizar unha mobilización a nivel local contra os tratados de comercio neoliberais dentro dunha convocatoria realizada a nivel internacional: Estimad@s Compañeir@s, O pasado 21 de Decembro, conseguimos en Ferrolterra facer unha mobilización unitaria contra a pobreza enerxética, con relativo suceso, pensamos que dado a data concreta, onde tiñan lugar os diferentes festivais de nadal nas escolas e ceas de empresa ou amizades..., mais conseguimos reunir-nos baixo unhas reivindicacións concretas 31 colectivos e organizacións que valoramos moi importante. Desta volta pretendemos conseguir unha nova mobilización unitaria en Ferrolterra, mais o obxectivo é o de participar na convocatoria internacional contra o tratado de comercio e investimentos entre a UE e Canadá (CETA - Tratado Económico e Comercial entre a Unión Europea e...

Asemblea Aberta de Coia - "Quérennos en soidade, téñennos en común", sobre a loita veciñal en Coia e solidariedade con Diego Lores

Por mediación do Foro Galego de Inmigración de Ferrolterra , a Asemblea Aberta de Coia e a Coordinadora Baladre organizan este luns 9 de xaneiro , ás 19:00h  no Ateneo Ferrolán un acto sobre a loita veciñal contra a instalación do Alfageme na rotonda de Coia, e en solidariedade coas persoas represaliadas, concretamente de Diego Lores. Compartimos o texto da convocatoria, e convidámosvos a participar nela: 8 ao 14 de xaneiro Semana solidaria coa loita na rotonda de Coia – Diego Absolución! A Asemblea Aberta de Coia e Baladre (Coordinación de loitas contra o paro, o empobrecemento e a exclusión social) organizamos unha semana de palestras e proxeccións en solidariedade coa loita na rotonda de Coia que leva por título: “Quérennos en soidade, téñennos en común”. A xira procura sumar apoios a Diego Lores , unha das persoas represaliadas pola loita contra a instalación do barco Bernardo Alfageme nunha rotonda deste barrio vigués. O 17 de xaneiro celebrara...

AGAMME - Presentación do libro "A dúbida", de María Reimóndez: venres 16 de decembro, 20h, Ateneo Ferrolán

Este venres 16 de decembro , terá lugar no Ateneo Ferrolán a presentación do libro de María Reimóndez "A dúbida" , XIV Premio Novela por Entregas de La Voz de Galicia. O acto, que se enmarca nas actividades que AGAMME (Asociación galega contra o maltrato a Menores) vén realizando a prol da visibilización do abuso sexual infantil, dará comezo ás 20:00 h . e contará coa presenza da escritora. A novela, que vai xa pola segunda edición, achega múltiples perspectivas desta problemática entretecidas cun argumento de ritmo intenso que se mantén ata as últimas páxinas: abuso sexual, prostitución de menores, corrupción arremuíñanse arredor da protagonista que busca a verdade sen prever as consecuencias. Máis información:   http://agamme.org/archivos/1298

Convocatoria da Asemblea Extraordinaria de Arméria Soc. Coop. Galega, para o Venres 16 de Decembro, de 2016

Convidámosvos a participar na Asemblea Extraordinaria de Arméria Sociedade Cooperativa Galega, e que terá lugar o vindeiro venres 16 de decembro. Compartimos a continuación o texto da convocatoria Día: Venres 16 de Decembro de 2016. Hora: Ás 18:30hs en primeira convocatoria e ás 19:00hs en segunda e última. Lugar: Salón de Actos do Ateneo Ferrolán (Rúa Madalena, 202-204 Baixo - Ferrol).   O Consello Reitor na súa última xuntanza celebrada o martes 22 de Novembro ás 19:00hs no local da Asociación Veciñal “O Rosario”, do Inferniño, estando presentes Manuel F. Rivera Iglesias (Presidente), Xoán Carlos Berrocal Regueira (Vogal), Estefanía Doce Fernández (Vogal), Lucía Vizoso Amado (Vogal), Segundo Ruíz Lemos (Vogal), José María Hernández Roca (Vogal), Manuel A. Rodríguez Carballeira (Vogal), Lupe Ces Rioboo (Vogal) e Inácio Martínez Orero (Secretario), despois de deliberar sobre a situación na que se atopa a Cooperativa, sen actividade económica, sen apenas actividade interna, ...

Foro Galego de Inmigración - Mércores 14 de decembro: Colóquio “Fronteiras invisíbeis e dereitos sociais” con Manolo Bayona

Este mércores 14 de decembro , ás 19:00h , no Ateneo Ferrolán terá lugar o coloquio "Fronteiras invisibeis e dereitos sociais" , enmarcado dentro das actividades que celebran para conmemorar a Semana de Loita Contra as Fronteiras que organizan dende o Foro Galego de Inmigración, e que este ano terá lugar entre o 14 de o 17 de decembro. Neste acto abordarán o tema das barreiras no dereito a vivir dignamente e someter a unha análise crítica as rendas municipais e máis concretamente a compostelá Renda de Garantía Social Municipal. Intervirá Manolo S. Bayona , participante da Coordinadora Baladre . Máis información: http://forogalegoinmigracionferrolterra.blogspot.com.es/2016/12/mercores-14-de-decembro-coloquio.html   https://www.facebook.com/events/190670534670486/

Marchas da Dignidade - Convocatoria de asemblea aberta sobre pobreza enerxética: luns 12 de decembro, 18h no Ateneo Ferrolán

As Marchas da Dignidade de Ferrolterra convocan a unha asemblea aberta para debater sobre a realización dunha mobilización contra a pobreza enerxética en Ferrol, e que sería unha máis das mobilizacións que se convocarán en todo o estado o vindeiro 21 de decembro. A continuación, incluímos o texto da convocatoria que están a divulgar a xente das Marchas da Dignidade de Ferrolterra: Estimad@s Compañeir@s, O recibo da luz volveu a subir en Novembro 2016, co que acumula sete meses consecutivos de incrementos, o que representa unha suba media por fogar do 27,8%. En Outubro, era o Tribunal Supremo o que tombaba o chamado "bono social", e obrigaba a indemnizar as eléctricas por ter que pagar esa tarifa subvencionada que levaba dous anos en vigor. O tribunal recoñece o "dereito" das compañías eléctricas a cobrar unha indemnización polas cantidades que tivo que asumir, o que repercutirá na tarifa que temos que pagar todas. Mentres, Iberdrola, Endesa e Gas Natura...