Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Convocatorias

Unha grande manifestación a favor do galego percorrerá as rúas de Santiago o 17 de maio baixo o lema “o idioma é a vida”

Queremos Galego reivindicará cambios na lexislación que eviten decretazos como o do ensino ou sentenzas como a do TSXG Marcos Maceira: “Vivir en galego é un dereito, non unha concesión”   “A escasa e limitada lexislación que ampara o galego non pode ser utilizada para atacar os espazos conquistados para a lingua pola sociedade” Membros da xestora nacional da plataforma cidadá Queremos Galego, que agrupa a máis de 600 colectivos sociais de diversos ámbitos, compareceron esta mañá diante dos medios de comunicación para presentar a convocatoria de manifestación do 17 de maio, que congregará miles de persoas “mostrando, máis unha vez, que a inmensa maioría do pobo galego quere a súa lingua e accións políticas reais e efectivas apra repola e rehabilitala en todos os espazos”. O lema escollido para esta convocatoria é “O idioma é a vida” recollendo un verso do coñecido poema “A fala” de Manuel María, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas este ...

CONCENTRACIÓN REPULSA ASASINATO MACHISTA

A COORDENADORA COMARCAL DE FERROLTERRA DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES CONVOCA: CONCENTRACIÓN DE REPULSA EN FERROL POLO ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA DE Tatiana Vázquez Abuin en Lugo. Unha vez máis sairemos á rúa para amosar a nosa indignación polo asasinato dunha muller por violencia machista. Tatiana foi asasinada polo seu  ex-compañeiro sentimental pagando coa súa vida a discriminación e a desigualdade que padecemos todas. Sairemos novamente para rexeitar este cruel asasinato e denunciar unha vez máis a violencia machista instalada na nosa sociedade. É precisa unha resposta social contundente contra a violencia machista. Non consentiremos que a violencia machista continue asasinándonos!!!! O XOVES 14 DE ABRIL ÁS 20:00H NA PRAZA DIANTE DO CONCELLO DE FERROL

14 de abril: manifestación do Sindicato de Estudantes

Os vindeiros 13 e 14 de abril hai convocada unha folga de estudantes a nivel estatal para protestar por un ensino público digno e de calidade, e contra a LOMCE e o 3+2 en ensinanzas universitarias. Por este motivo, o Sindicato de Estudantes convoca para o próximo xoves 14 de abril unha manifestación en Ferrol que partirá da Praza de Amada García (fronte o edificio da Xunta) ás 12:00h . Podedes atopar máis información nas imaxes axuntas. Rógase a súa difusión.

Convocatoria Plenario nacional de Queremos Galego

Ao coidado de todas as entidades adheridas a Queremos Galego :    Convocatoria de plenario de Queremos Galego Para valorar a sentenza do TSXG contra a ordenanza de uso do galego no Concello de Lugo e organizar a convocatoria do 17 de maio, convócase plenario nacional de Queremos Galego para o 1 de abril ás 18.00 en Santiago no Centro Sociocultural das Fontiñas.

CONVOCATORIA IMPORTANTE: PLATAFORMA EN DEFENSA DAS PERSOAS REFUXIADAS

CONVOCATORIA IMPORTANTE: PLATAFORMA EN DEFENSA DAS PERSOAS REFUXIADAS O Foro Galego de Inmigración e a Coordinadora Galega de ONGDs  convocan unha xuntanza o mércores día 30 de Marzo ás 19:00 h no Centro Social de Fontiñas (Rúa Berlín n.º 13) en Santiago de Compostela   co obxectivo de crear unha plataforma  en defensa das persoas refuxiadas. Esta plataforma, en principio impulsada por nós, tería a intención de ser aberta a todos os colectivos e entidades que queiran sumarse. E serviría como ferramenta para a canalización de mobilizacións cidadás, creación de posicionamentos conxuntos, elaboración conxunta de estratexias de incidencia política, e de todo aquelo que consideremos necesario as entidades que nos sumemos a mesma. O único punto na orde do día sería: - Creación da Plataforma e Obxectivos da mesma. Por favor, precisamos que confirmedes a vosa presenza na Xuntanza. FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 - Santiago de Compostela foroinmigracio...

Non permitamos que a UE violente os Dereitos Humanos

NON PERMÍTAMOS QUE A UNIÓN EUROPEA VIOLENTE DE FORMA INTOLERABLE OS DEREITOS HUMANOS Concentración en solidariedade coas persoas refuxiadas e inmigrantes da Unión Europea , este sábado día 19 de marzo ás 19:00 h na Praza amada García, fronte ao edificio da Xunta de Galicia en Ferrol . O FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN   súmase e apoia esta Concentración que se organiza en réxime de auto convocatoria: 1.- Denunciar o Acordo que a Unión Europea pretende asinar con Turquía e que contravén os máis elementais dereitos humanos e os acordos internacionais en materia de refuxio e inmigración, entre outras razóns por: – Establecer a posibilidade de facer deportacións colectivas de persoas,retrotraéndonos aos peores momentos da Historia de Europa do século XX. – Por pretender “comprar” en Turquía campos de internamento destas persoas para quitarse de forma intolerable esta realidade de enriba. 2.- Esixir que o goberno español promova unha radical oposición a este Acordo entre os gobernos d...

Concentración contra a sentenza do TSXG contra o galego en Lugo

#QueremosGalego na administración pública: concentración o 16 de marzo ás 11.30 diante do concello de Lugo Queremos Galego convoca unha concentración contra a sentenza do TSXG contra o galego en Lugo O primeiro acto contra a sentenza que limita o uso do galego polo concello de Lugo terá lugar o mércores 16 ás 11.30 diante do Concello A plataforma cidadá advirte dos intentos de suprimir por vía xudicial os acordos comúns e... continuar a leitura Convocatoria de plenario de Queremos Galego Para valorar a sentenza do TSXG contra a ordenanza de uso do galego no Concello de Lugo , definir máis accións despois da concentración convocado para o 16 de marzo, e organizar a convocatoria do 17 de maio, convócase plenario nacional de Queremos Galego para o 1 de abril ás 18.00 en Santiago (informarase do lugar).   Queremos Galego convoca unha concentración contra a sentenza do TSXG contra o galego en Lugo ...

Fermosa presentación do libro "O último día de Terranova"

 Na Galería Sargadelos de Ferrol enfeitizámonos coa literatura e co saber de Manuel Rivas na presentación do seu libro O último día de Terranova dentro do [Ciclo Democracia e Compromiso].

Manifestación contra a lei de Acuicultura

Convocadas todas as plataformas das rías para manter unha reunión co obxecto de posicionarse conxuntamente en contra do Anteproxecto de Lei de acuicultura de Galicia e apoiar a manifestación convocada polos sectores produtivos para o vindeiro sábado, 27 de febreiro en Compostela . Sería desexábel acordar uns argumentos comúns polos que rexeitamos o Anteproxecto e solicitamos a súa retirada. Algunhas ideas, como proposta mellorábel: É unha Lei de filosofía neo-liberal, pensada para privatizar o mar, sen nengún tipo de restricións. Está pensada para a industria acuícola -peixes- e posiblemente negociada con eles. Elaborouse de costas aos sectores produtivos, grupos ecoloxistas, científic@s, etcétera. O marco normativo pretende que compitan os sectores tradicionais coas multinacionais en base a criterios extrictamente económico-financieiros e tecnolóxicos, que son os criterios que explicita a Lei para outorgar unha concesión. Elimínase a necesidade dun informe previo de...

Marcha Europea Polos Dereitos das Refuxiadas

A manifestación do sábado 27 de febreiro  comenzará as 19:30h dende a praia de Riazor  e rematará no Obelisco. O evento en Facebook: https://www.facebook.com/events/1038387522871014/

Presentación libro Manuel Rivas "O Último Día de Terranova" [Ciclo Democracia e Compromiso]

Prezado/a Amigo/a: Dende a xunta directiva da A.C. Fuco Buxán queremos convídalo/a a asistir ao vindeiro acto que a nosa asociación organiza dentro do Ciclo Democracia e Compromiso :  O Mércores día 24 de febreiro ás 20:00 horas na Galería Sargadelos presentación do novo libro de Manuel Rivas: "O Último Día de Terranova" A Asociación Cultural Fuco Buxán vén de celebrar varios actos dentro do ciclo Democracia e Compromiso que permitiron achegar diferentes informacións en ámbitos moi diversos e necesarios de poñer en coñecemento da sociedade ferrolá: Ciclo Democracia e Compromiso: Asociación Cultural Fuco Buxán iniciou o Ciclo que baixo o título xenérico DEMOCRACIA E COMPROMISO, pretende indagar nas claves e contribuír ao debate sobre a profunda crise sistémica na que estamos inmersos. A tal fin, convidamos e convidaremos a prestixiosos analistas que darán a súa visión dende perspectivas diversas.

Concentración Entrada Gaseiro nº 206 na Ría de Ferrol

Estando prevista a entrada na Ría do gaseiro cargado con GNL, nº 206, o Comité Cidadán de Emerxencia , convoca CONCENTRACIÓN Xoves, 18 de febrero, ás 19 hs., diante Edificio Xunta de Galicia (Praza Amada García – Ferrol)  Características do buque: Nome.- LNG   "Castillo de Villalba", Entrada.- 18-02-2016, Bandeira.- España, Eslora.- 204 m, Manga.- 43 m, Calado.- 11.4 m, Capacidade.- 138.000 m3. PLANTA DE GAS: PECHE XÁ¡

Acto de apoio aos Titiriteiros

A Asociación Cultural Fuco Buxán súmase ós milleiros de voces que por todo o estado consideran sen fundamento, arbitraria e desproporcionada a decisión do xuiz Ismael Moreno de dictar auto de prisión preventiva contra os membros da compañía teatral Títeres desde Abajo por un suposto delicto de enaltecemento do terrorismo. Se ben nun primeiro momento, o papel dos medios de comunicación conseguiu dar á representación de "La bruja y Don Cristobal" apariencia macabra e despiadada -mencionando contidos como violacións, asasinatos e unha pancarta facendo apoloxía da banda terrorista ETA-, finalmente resultou ser unha obra satírica na que se denunciaban os abusos de poder: entre eles, curiosamente, o escenificado por un axente de policía que colocaba nas mans da bruxa unha pancarta co eslogan "GORA ALKA-ETA" coa fin de que a condenasen por apoloxía do terrorismo. Un delicto que, ironías do destino, lles imputarían a eles mesmos, e que os mantería no cárcere varios días...

"PAREMOS O FEMINICIDIO"

Agradécese a difusión desta mensaxe A Coordinadora Comarcal de Ferrolterrra da   MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES           QUEREMOS CONVIDARVOS, COMO CADA ANO, A PARTICIPAR NOS  ACTOS  QUE TERÁN LUGAR NA       PRAZA DA GÁNDARA (NO MONUMENTO Á MULLER) DE NARÓN       ÁS 20:00H.  O   MÉRCORES  25 DE NOVEMBRO,  PARA CONMEMORAR O  DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA.   "PAREMOS O FEMINICIDIO" Neste 25 de novembro, queremos unir as nosas enerxías ás de miles de mulleres que, arredor do mundo, estarán a denunciar e a amosar o máis profundo rexeitamento ás violencias que continuamos vivindo nos nosos corpos de mulleres. Esperamos, como sempre, a vosa asistencia para seguir denunciando a violencia machista, e para que, xunto a outras e outros, aportemos as nosas vontades para facer realid...

Apoio a Nicanor Acosta

  A nosa Asociación Cultural Fuco Buxán , coma integrante da Plataforma Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra , quere mostrar publicamente todo o seu apoio á persoa de Nicanor Acosta , unha persoa loitadora, activista e altruísta, que non merece pasar polos infernos da xustiza española, non merece pasar polo aro das  leis neoliberais, censuradoras e represoras que impuxo o goberno do PP. Nicanor Acosta leva unha longa traxectoria coma activista e opositor aos Desafiuzamentos, e entregado a outras causas sociais, defendendo de maneira altruísta a moitas familias que no seu momento o precisaron, consecuencia de todo iso vai ser xulgado. Xuízos coma este, a activistas sociais, a defensores de causas nobres e xustas incrementaranse máis aínda coa imposta lei mordaza do goberno do PP. A nosa A. C. únese ao chamamento de apoio a Nicanor Acosta ante a concentración convocada por Stop-Desafiuzamentos diante do edificio PROA (Matogrande) o próximo...

Concentración Marchas da Dignidade Ferrolterra

  Este xoves, 8 de Outubro de 2015, igual que nas outras cidades da Galiza, en Ferrol vai ter lugar unha mobilización das Marchas da Dignidade. Ás 18:30hs realizara-se unha concentración na Praza Amada Garcia ( Diante do Edificio da Xunta de Galicia ). A Asemblea das Marchas da Dignidade de Ferrolterra, acordou convidar a todos os colectivos, organizacións sociais e políticas, comprometidos coa transformación social e a defensa do ben común, a participar neste acto, tomando a palabra para explicar os seus obxectivos de loita, a problemática social á que se enfrontan, ou simplemente compartir análise da conxuntura onde temos que dar esta loita que se vai concretar o próximo 24O na Praza do Obradoiro. As Marchas da Dignidade reunidas na cidade da Coruña o pasado 19 de setembro decidiron ratificar o calendario de accións, que se realizarán no contexto da loita europea que están tendo lugar neste mes de Outubro, por unha outra Europa posíbel, para responder, desd...

Inauguración da Exposición "20 Anos de Razón Socialista" en Neda

  A nosa Asociación quere informar da vindeira Inauguración da Exposición "20 Anos de Razón Socialista" para o venres día 9 de outubro ás 20:00 horas na casa das Palmeiras de Neda . A Exposición pechará o día 25.  No acto contarase coa presenza do alcalde de Neda Ángel Alvariño, a concelleira de cultura Helena Pardo, o director da revista Manolo Cendán e a presidenta da A. C. Fuco Buxán María Teresa Martínez Vilariño. Coa colaboración do Concello de Neda

Congreso "Ferrol-Galiza-Cuba, historias comúns" - Información e solicitude de participación

Congreso "Ferrol-Galiza-Cuba, historias comúns" no Ateneo Ferrolán, do 13 ao 15 de novembro de 2015" Ao longo dos séculos XIX e XX os territorios de Ferrol, Eume e Ortegal mantiveron unha enorme relación coa illa de Cuba, lugar de destino de milleiros de homes e mulleres da nosa zona. Alí viviron experiencias como a guerra de independencia, a intervención norteamericana, as crises económicas, ditaduras e revoltas políticas, até chegar á revolución cubana no final da década de 1950. E boa parte daquela emigración, agrupada nas grandes sociedades de emigrantes como o " Centro Gallego e Hijas de Galicia " ou en pequenas sociedades artelladas arredor dos lugares de orixe, intervirán na Galiza mediante as sociedades de instrución e colaborando decisivamente na creación de institucións como a Real Academia Galega ou na elaboración de símbolos nacionais como a bandeira ou o himno galego. As remesas de cartos que enviaban foron fun...

A ASOCIACIÓN CULTURAL FUCO BUXÁN, COS TRABALLADORES E TRABALLADORAS DO DIARIO DE FERROL

Ante a convocatoria de folga para o mércores e xoves, 2 e 3 de setembro, por parte dos traballadores e traballadoras do DIARIO DE FERROL , a Asociación Cultural Fuco Buxán, mediante o seguinte comunicado, quere facer pública a súa solidariedade plena cun colectivo que vén defendendo, nunha longa loita, a súa dignidade como profesionais, segundo as súas propias palabras, "porque queremos informar, non mendigar; queremos un traballo digno e con dereitos e esiximos o pagamento íntegro dos nosos salarios". Como cidadáns, non podemos permanecer alleos a un problema que a todos nos incumbe: é a liberdade de expresión, dende o noso único xornal local, en definitiva, o que está en xogo, mentres o súa equipa - que deu máis que suficientes probas de buscar solucións razoables a uns problemas dos que nunca foron responsables- vén sendo vítima dunha situación laboral insostible da que non son merecedores e que pon en certo risco o seu futuro e o noso dereito a ser informados. E...