Presentación do libro de Angel Cardín : “ Le Temps des cerises ( a vida na prisión naval de Ferrol do caudillo 1968- 69-70 ) “ Venres, 15 de setembro de 2017 ás 20 h. Editado por Fundación 10 de marzo . O libro leva Prólogo do historiador José Alvarez Junco (un dos máis respectados de España) Ademais do autor, que comentará unha ducia de diapositivas referentes ao tema, contaremos ca presenza de Rafael Pillado, sindicalista fundamental naqueles difíciles momentos ; de Xan María Castro, veterano sindicalista e Presidente da Fundación 10 de marzo, e de Juan Sotres, economista madrileño, que estivo na Prisión de Caranza na dura época que narra o libro . O libro non son unhas memorias nin unha novela senón un relato-testemuño ( baseado en papeis da época) da vida na Prisión Militar de Caranza para mariñeiros do Norte de España, nos finais do franquismo, repasando os diferentes presos, de onde veñen e como os xulgan; a durez...
“Andar ergueitos, falar forte e nunca máis esquecer o noso norte."