Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro, 2016

Fermosa presentación do libro "O último día de Terranova"

 Na Galería Sargadelos de Ferrol enfeitizámonos coa literatura e co saber de Manuel Rivas na presentación do seu libro O último día de Terranova dentro do [Ciclo Democracia e Compromiso].

Manifestación contra a lei de Acuicultura

Convocadas todas as plataformas das rías para manter unha reunión co obxecto de posicionarse conxuntamente en contra do Anteproxecto de Lei de acuicultura de Galicia e apoiar a manifestación convocada polos sectores produtivos para o vindeiro sábado, 27 de febreiro en Compostela . Sería desexábel acordar uns argumentos comúns polos que rexeitamos o Anteproxecto e solicitamos a súa retirada. Algunhas ideas, como proposta mellorábel: É unha Lei de filosofía neo-liberal, pensada para privatizar o mar, sen nengún tipo de restricións. Está pensada para a industria acuícola -peixes- e posiblemente negociada con eles. Elaborouse de costas aos sectores produtivos, grupos ecoloxistas, científic@s, etcétera. O marco normativo pretende que compitan os sectores tradicionais coas multinacionais en base a criterios extrictamente económico-financieiros e tecnolóxicos, que son os criterios que explicita a Lei para outorgar unha concesión. Elimínase a necesidade dun informe previo de

Marcha Europea Polos Dereitos das Refuxiadas

A manifestación do sábado 27 de febreiro  comenzará as 19:30h dende a praia de Riazor  e rematará no Obelisco. O evento en Facebook: https://www.facebook.com/events/1038387522871014/

Acto-Debate sobre Lei de Acuicultura

A Asociación Cultural Fuco Buxan , en colaboración co Sector do Mar , durante as dificultades que padece a súa xente, convoca Acto-Debate sobre a Lei de Acuicultura. Convidamos a participar a todas as Confrarias da contorna de Ferrolterra e a todos os afectados, mariscadores, mariñeiros, armadores, peixeiras, etcétera. Participa: Lidia Senra, eurodiputada e Juan Fajardo, diputado.  O sábado 20 de febreiro ás 11:30 horas no Centro Cultural Carvalho Calero. Agradécese difusión!

O Rural, Fonte de Emprego

Xornadas de Aproveitamento dous Recursos Naturais como Oportunidade de Emprego . Baixo o lema O rural, fonte de emprego. A Fundación Ortegalia reflexiona sobre a xeración de emprego en zonas rurais Quinta edición dunhas Xornadas de Aproveitamento dos Recursos Naturais como Oportunidade de Emprego: "O rural, fonte de emprego" que se van celebrar en Ortigueira o sábado 27 deste mes de Febreiro . Unha interesante iniciativa á que temos que prestar atención. A Fundación Ortegalia reflexiona sobre a xeración de emprego en zonas rurais A Fundación Ortegalia celebra o sábado 27 de febreiro a quinta edición das Xornadas de Aproveitamento dous Recursos Naturais como Oportunidade de Emprego. Baixo o lema O rural, fonte de emprego, o Museo Ortegalia acollerá esta actividade desde as 09:45 horas. A inauguración correrá a cargo do alcalde de Ortigueira, Juan Vicente Penabad. Ao longo da mañá, intervirán Francisco Fernández Carreja, axente de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello

CONCENTRACIÓN EN SOLIDARIEDADE CON LAURA BUGALLO

O FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN CONVOCA O MARTES DÍA 23 DE FEBREIRO ÁS 11:30 H (NA PORTA DOS XULGADOS DE FONTIÑAS EN SANTIAGO DE COMPOSTELA , Rúa Viena s/n), unha Concentración en Solidariedade coa grande activista social Laura Bugallo para solicitar a absolución  da causa aberta contra a nosa compañeira (que ten o xuizo este día ás 12:00h ) por axudar a persoas inmigrantes en situación de irregularidade administrativa. ÁS 11:45h no transcurso da Concentración, faremos Lectura Pública dun Comunicado en Solidariedade coa nosa compañeira. PREGAMOS FAGADES A MÁXIMA DIFUSIÓN POSIBLE DESTA CONVOCATORIA. FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 - Santiago de Compostela foroinmigracionsantiago@yahoo.es - 981-576 142 http://www.forogi.wordpress.com

Medrar en galego é posible

Este domingo día 21 de febreiro ás 12:00 horas, co gallo do Día Mundial da Lingua Materna terá lugar unha Mesa - Debate por título "Medrar en galego é posible" no local social da Sociedade Amigos da Paisaxe Galega en O Seixo - Mugardos. Acto organizado en colaboración polo BNG Mugardos e por ICMugardos e a Semente de Trasancos, escola de ensino galego. A nosa lingua precisa de ti! Acude e difunde!   Escola de Ensino Galego Semente Trasancos As Escolas de Ensino Galego Semente som umha iniciativa social sem ánimo de lucro, impulsionada pola Gentalha do Pichel que pretende conformar, junto com outros projetos semelhantes, as bases necessárias para a criaçom da Escola Nacional Galega. Tomam o seu nome das Escolas de Ensino Galego criadas a começo do século XX polas Irmandades da Fala, e impulsionadas por Leandro Carré e Ángelo Casal. Nas Escolas de Ensino Galego, todas as atividades serám desenvolvidas na língua do nosso povo, favorecendo a aquisiçom, con

Presentación libro Manuel Rivas "O Último Día de Terranova" [Ciclo Democracia e Compromiso]

Prezado/a Amigo/a: Dende a xunta directiva da A.C. Fuco Buxán queremos convídalo/a a asistir ao vindeiro acto que a nosa asociación organiza dentro do Ciclo Democracia e Compromiso :  O Mércores día 24 de febreiro ás 20:00 horas na Galería Sargadelos presentación do novo libro de Manuel Rivas: "O Último Día de Terranova" A Asociación Cultural Fuco Buxán vén de celebrar varios actos dentro do ciclo Democracia e Compromiso que permitiron achegar diferentes informacións en ámbitos moi diversos e necesarios de poñer en coñecemento da sociedade ferrolá: Ciclo Democracia e Compromiso: Asociación Cultural Fuco Buxán iniciou o Ciclo que baixo o título xenérico DEMOCRACIA E COMPROMISO, pretende indagar nas claves e contribuír ao debate sobre a profunda crise sistémica na que estamos inmersos. A tal fin, convidamos e convidaremos a prestixiosos analistas que darán a súa visión dende perspectivas diversas.

Proxección do documental "FÍOS FÓRA"

Informarvos que o vindeiro luns 22 de febreiro ás 12.00 h , realizarase a proxección do documental FÍOS FÓRA no salón de actos do campus de Esteiro , organizada en conxunto coas súas autoras Illa Bufarda e da ONG Amarante Setem. O documental trata sobre as mulleres traballadoras do sector téxtil, aquí e alá, que foron a man de obra perfecta para erixir unha industria xigante, na actualidade deslocalizada. Non volo perdades!. Entrada libre.   Por moi finos que sexan, detrás de tódolos fíos que nos rodean hai historias. As mulleres galegas que traballaron no sector téxtil dende os 60 foron a man de obra perfecta e cautiva para erguer unha industria xigante que agora se atopa deslocalizada. Este documental fai un novelo do sector téxtil aquí e fóra, antes e agora. A historia repítese nos fíos doutros lugares, nos nós deste sistema. Un documental con historias de obreiras entre costuras e patróns. Realizado por Illa Bufarda para Amarante Setem.       Enlaces exte

Concentración Entrada Gaseiro nº 206 na Ría de Ferrol

Estando prevista a entrada na Ría do gaseiro cargado con GNL, nº 206, o Comité Cidadán de Emerxencia , convoca CONCENTRACIÓN Xoves, 18 de febrero, ás 19 hs., diante Edificio Xunta de Galicia (Praza Amada García – Ferrol)  Características do buque: Nome.- LNG   "Castillo de Villalba", Entrada.- 18-02-2016, Bandeira.- España, Eslora.- 204 m, Manga.- 43 m, Calado.- 11.4 m, Capacidade.- 138.000 m3. PLANTA DE GAS: PECHE XÁ¡

Posicionamiento del Foro Galego de Inmigración-Coordinadora Ferrolterra

Posicionamiento del Foro Galego de Inmigración-Coordinadora Ferrolterra sobre el NUEVO EXÁMEN OBLIGATORIO  PARA OBTENER LA NACIONALIDAD ESPAÑOLA. Estamos totalmente en contra de dichos exámenes: 1) de conocimientos generales y 2) exámen de Idioma Español. ÉSTE NUEVO PROCEDIMIENTO DE ACCESO A LA NACIONALIDAD ESPAÑOLA ES: MÁS DISCRIMINATORIO, MÁS COSTOSO Y PRIVATIZADOR. EXÁMEN DE IDIOMA ESPAÑOL: DISCRIMINATORIO, POR EL COSTO (Tasa administrativa  de 100 euros ). Prueba que depende del Instituto Cervantes, con un coste de 85 euros , desplazamiento a Santiago donde está la Academia con una duración de 40 horas. Es IMPRESCINDIBLE aprobarla ,no basta con presentarse solamente. Exigimos sea en entidades públicas, los Concellos que pueden hacerlo de forma gratuita. Discriminatorio porque exige un nivel de lengua española equivalente a Nivel A2. Difícil paraquienes no son de países de lengua española. El coste de dicha academia para hacer el curso es de 140 euros. ACCIÓN: CON

Acto de apoio aos Titiriteiros

A Asociación Cultural Fuco Buxán súmase ós milleiros de voces que por todo o estado consideran sen fundamento, arbitraria e desproporcionada a decisión do xuiz Ismael Moreno de dictar auto de prisión preventiva contra os membros da compañía teatral Títeres desde Abajo por un suposto delicto de enaltecemento do terrorismo. Se ben nun primeiro momento, o papel dos medios de comunicación conseguiu dar á representación de "La bruja y Don Cristobal" apariencia macabra e despiadada -mencionando contidos como violacións, asasinatos e unha pancarta facendo apoloxía da banda terrorista ETA-, finalmente resultou ser unha obra satírica na que se denunciaban os abusos de poder: entre eles, curiosamente, o escenificado por un axente de policía que colocaba nas mans da bruxa unha pancarta co eslogan "GORA ALKA-ETA" coa fin de que a condenasen por apoloxía do terrorismo. Un delicto que, ironías do destino, lles imputarían a eles mesmos, e que os mantería no cárcere varios días