Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Despidos

Día 24, en Ferrol, hai que arropar aos traballadores do Naval ferrolán.

 A nosa asociación súmase e convida aos socios e a cidadanía a acudir e arropar aos traballadores do Naval ferrolán, tralas falsas promesas das que son obxeto, trala falta de carga de traballo, trala falta do dique flotante, tralas poucas respostas e feitos convincentes dos directivos, e políticos, xestionando a empresa.  Por todo elo, e máis, haberá unha gran manifestación o vindeiro Domingo día 24 de febreiro en Ferrol . Coa unión de tódolos sindicatos con representación no sector naval ferrolán, os cales apelan á participación cidadá na marcha. Acudide!

Concentración Cidadá en apoio aos traballadores do Diario de Ferrol, contra os Despidos e os Traslados

 Continúan os efectos das devastadoras políticas austeras que sempre afectan aos mesmos. Mañá xoves día 27 de decembro ás 10:30 horas da mañá, diante do concello de Ferrol , terá lugar unha Concentración Cidadá en apoio aos traballadores do Diario de Ferrol, contra os Despidos e os Traslados que a está a sufrir o colectivo de periodistas do único diario local ferrolán que implícase no chamamento e loita social contra as políticas neoliberais que outros diarios si apoian.  Non se pode tolerar que intenten acabar cun diario que é a vangarda na defensa da cidadanía. Polo tanto, dende A. C. Fuco Buxán, facemos un chamamento á cidadanía a solidarizarse co colectivo de traballadores do Diario de Ferrol e acudir á cita informada. Hai que loitar polo benestar común.