Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Democracia

Conferencia "Neoliberalismo, a democracia asediada" (Actos 40º aniv 11-S Chile)

A nosa asociación cultural convídavos este Xoves, 19 de setembro ás 20 horas no Salón de Actos do ATENEO FERROLÁN na rúa Magdalena de Ferrol , ao marco dos actos cos que queremos conmemorar o 40º aniversario dos acontecementos do 11-S en Chile. A nosa A. C. FUCO BUXÁN comprácese en convidalo/a á conferencia-coloquio que leva por título NEOLIBERALISMO, A DEMOCRACIA ASEDIADA impartida por Omar Contreras, presidente de COSAL (Comité de Solidaridad con América Latina) e na que indagará -neste momento de grave crise económica- nas claves do golpe de Estado neoliberal contra o sistema democrático representado polo goberno presidido por Salvador Allende, establecendo claras semellanzas coa nosa situación actual caracterizada polos déficits sociais, mafiocracia e políticas inxustas e contrarias ós intereses da xente do común. Neste acto –do que podemos sacar esperanzadoras leccións- se proxectará un audiovisual sobre o golpe militar con lectura de textos a cargo de Lorena Calaza e ...

PROXECCIÓN DOCUMENTAL sobre 40º Aniversario do 11-S en Chile.

O vindeiro mércores día 11 de setembro ás 20 horas no Salón de Actos do ATENEO FERROLÁN (rúa Magdalena 202 – Ferrol), haberá unha PROXECCIÓN DOCUMENTAL sobre 40º Aniversario do 11-S en Chile. Continuará cunha mesa redonda en próximas datas. No marco dos actos cos que queremos conmemorar o 40º aniversario dos acontecementos do 11-S en Chile, a A. C. FUCO BUXÁN comprácese en convidalo á proxección do documental que leva por título EL DIARIO DE AGUSTÍN. Nesta producción o seu director Ignacio Agüero, coa colaboración dun grupo de estudantes e investigadores da Universidade de Chile, fai un xuizo á colaboración da prensa co terrorismo financeiro ó desvelar cómo dende as páxinas do MERCURIO – diario decano Chileno- e coa tenebrosa complicidade dos outros medios, traballaron polo derrocamento do sistema democrático en setembro de 1.973 e a súa sustitución por un réxime neoliberal apoiado na forza das armas dos golpistas. O documental inclúe experiencias e testemuñas dos protagonistas...

O vindeiro venres 12 ás 20:00 horas: Conferencia Carlos Jiménez Villarejo ExFiscal Anticorrupción en Ferrol

A Asociación Cultural Fuco Buxán comprácese en convidalo á Conferencia JUECES: LA PRESENCIA DEL FRANQUISMO, que servirá de marco para a presentación do libro titulado: Jueces, pero parciales. La pervivencia del franquismo en el Poder Judicial, de Carlos Jiménez Villarejo y Antonio Doñate Martín. No acto intervirá o propio autor Carlos Jiménez Villarejo, ExFiscal Anticorrupción.   V enres, 12 de abril 2013, ás 20,00 hs, no Salón de Actos do Carvalho Calero n o Inferniño - Ferrol. Carlos Jiménez Villarejo Fiscal desde 1962, militóu na oposición antifranquista. Foi cofundador en 1972 da Asociación Justicia Democrática, membro da Unión Progresista de Fiscales, por eses anos tamén militóu no PSUC. Foi Fiscal-Jefe da Audiencia Territorial de Barcelona ate 1995, data na que asume a Jefatura da Fiscalía Especial Anticorrupción. No ano 2003, gobernando o PP, foi cesado deste posto por razóns estrictamente políticas. Na actualidade mantén actividades civís no eido da defensa do...

Presentación do libro e conferencia: “Jueces: la presencia del franquismo”

Organizado pola Asociación Cultural Fuco Buxán, Presentación do libro e conferencia: “ Jueces: la presencia del franquismo ”     na que intervirá o seu autor: Carlos Jiménez Villarejo    (Exfiscal anticorrupción ) Venres, 1 2 de abril do 2013,  ás 20 horas, no Centro Cultural Carvalho Calero , na Praza do Inferniño, en Ferrol. “ El franquismo y sus fundamentos autoritarios y antidemocráticos continúa estando presente entre nosotros (…) La derecha que gobierna España tiene fijado un horizonte de autoritarismo que irá haciendo efectivo y patente si la reacción social y política no tienen la realidad y la fuerza necesaria para impedirlo (…) La actual deriva autoritaria necesitará, y contará sin duda, de la colaboración del Poder Judicial” (do epílogo do libro).

Venres 22: Presentación libro/Conferencia: Carlos Jiménez Villarejo exFiscal anticorrupción

Organizado pola Asociación Cultural Fuco Buxán, Presentación do libro e conferencia “ Jueces: la presencia del franquismo” na que intervirá o seu autor: Carlos Jiménez Villarejo Exfiscal anticorrupción. Venres, 22 de febreiro do 2013, ás 20 hs, Centro Cultural Carvalho Calero – Praza do Inferniño – Ferrol “ El franquismo y sus fundamentos autoritarios y antidemocráticos continúa estando presente entre nosotros (…) La derecha que gobierna España tiene fijado un horizonte de autoritarismo que irá haciendo efectivo y patente si la reacción social y política no tienen la realidad y la fuerza necesaria para impedirlo (…) La actual deriva autoritaria necesitará, y contará sin duda, de la colaboración del Poder Judicial” (do epílogo do libro).