Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Cultura

Exposición "Ferrol e as Irmandades da Fala"

A Biblioteca Municipal comprácese en informar a vostede sobre a Exposición "Ferrol e as Irmandades da Fala" que se inaugurará o próximo martes día 21 de marzo ás 12.00 h e que se amosará ata o 26 de maio na Sala de Exposicións da Biblioteca Municipal Central, 3º andar. Horario de luns a venres: de 9.00 a 21.00 h. La Biblioteca Municipal se complace en comunicarles que a partir del lunes día 20 de marzo a las 14.00 h se podrán retirar las invitaciones para la sesión de la Hora del cuento que se celebrará el viernes 24 de marzo a las 18.00 h con la presencia de la Compañía Trinke Trinke.

Sábado 9 de xullo, en Outeiro de Rei, 3º Convívio da Cultura Galega

Dende a Casa-Museo Manuel María recibimos esta invitación para asistir ao 3º Convívio da Cultura Galega , que terá lugar o vindeiro sábado 9 de xullo na Carballeira de Santa Isabel , en Outeiro de Rei : Prezadas amigas, Prezados amigos, A xa terceira edición do Convivio da Cultura Galega chega nun ano cheo de significado: a dedicación das Letras Galegas de 2016 a Manuel María, o poeta de Outeiro de Rei e da Terra Chá. O lugar escollido, a Carballeira de Santa Isabel, a moi poucos metros da casa onde naceu, é un dos espazos que o escritor máis amou e cos que máis se identificou. Será o sábado 9 de xullo a partir das 11 da mañá . O Convivio da Cultura Galega é, como saberedes, unha iniciativa impulsada desde a Casa-Museo Manuel María, a federación Galiza Cultura de asociacións culturais galegas e a Asociación Musical e Cultural Solfa de Compostela. Naceu, unha vez inaugurada hai case 3 anos a Casa-Museo Manuel María, como unha xornada festiva e de encontro aberta a todo o tecid...

Variado Programa de Actividades da Fundaçom Artábria

A Fundaçom Artábria oferece este mês de maio um variado programa de atividades: música, palestras, exposiçons, gastronomia, atelier de repostaria criativa para crianças... As atividades começárom a passada sexta-feira, 6 de maio , com umha palestra intitulada " Carvalho Calero e a sua açom política ", organizada pola Comissom pró Dia das Letras 2017 para o ilustre ferrolano. Na mesma, o historiador ferrolano Bernardo Maiz Vázquez trouxo-nos o Carvalho mais militante. Também na sexta-feira, a artista ferrolana Tam Sanserif inaugurou a sua exposiçom "Olladas" no nosso Centro Social. Pode ser já visitada em horário de abertura do café-bar e até o próximo 5 de junho. No sábado 7 decorreu a primeira atividade musical do mês. Da Corunha chegou o speed-folque dos Ulträqäns .  Na sexta-feira 13 de maio , às 20.00hs decorrerá umha palestra que leva por legenda " As Irmandades da Fala: a tomada de consciência de sermos nós " n...

Vindeira programación da Fundaçom Artábria

O venres, 22 de abril , haberá contacontos para nenos da man de Helga Méndez e a súa "Palabra de sombreiro". A entrada é de balde e o inicio está marcado para as 19.00horas. O día 23 de abril , chega a xa tradicional cea comemorativa do "25 de abril" organizada un ano máis Fundaçom Artábria xunto a Asociación Cultural O Beco da Lingua. A ementa constará de entradas varias, arroz caldoso, viño minhoto e sobremesa. Terá un custo de 15 euros, 12 euros para sóci@s da Fundaçom Artábria e do Beco da Lingua. Tras a cea, aproximadamente ás 23.30h, e con entrada libre, Eugenia Sanmartim e Sergio Galego levarán músicas do Brasil e outras terras para fechar esta xornada lusófona . 29 de abril , venres, decorrerá a apresentación da nova edición galega da obra de V.I. Lenine "O Imperialismo, fase superior do capitalismo" publicada polo Diario Liberdade coincidindo co 1º Centenario da súa elaboración. A presentación será a cargo do historiador Carlos Velasco e d...

IX SEMANA DA POESÍA SALVAXE / a CARLOS OROZA, in memoriam (Ferrol)

CARTAZ OBRA DO PINTOR E AMIGO JUAN MANUEL ALVAREZ ROMERO PROGRAMA DA NOVENA POESÍA SALVAXE 2016 MÉRCORES, 13- As 18,30h                               No PALCO Do CANTÓN:  Proclama POÉTICO-POLÍTICA                               (Guillermo Ferrandez, Victor M. Diez, Karlotti e Felipe Zapico)                               E posterior intervención dos poetas presentes que desexen                             ...

Martin Almada: "No al nacional socialismo en la Biblioteca Nacional"

Queremos compartir con vos unha misiva que recibimos recentemente de Martín Almada , paraguaio, doutor en pedagoxía, e activista dos dereitos humáns, represaliado polas dictaduras suramericanas nos anos 70, na que ven a denunciar  despedimentos masivos de persoal da Biblioteca Nacional Arxentina, circunstancia que ven descrita nas seguintes novas que fomos quen de atopar pola rede: DERF - ATE denunció 250 despidos en la Biblioteca Nacional La Otra - Empezaron los despidos en la Biblioteca Nacional Velaquí a citada carta: Asuncion, 8 de abril del 2016 A LAS AUTORIDADES DE LA PRESTIGIOSA BIBLIOTECA NACIONAL DE LA REPUBLICA ARGENTINA, BUENOS AIRES. ASUNTO: CON “ CAMBIEMOS LLEGO A LA ARGENTINA EL ESPANTO CULTURAL “. Hace aproximadamente 7 años en representación de América Latina asistí al acto recordatorio de la quema de la Biblioteca de la Universidad de Humboldt, Berlin, por orden de Hitler por ser el “nido anti nazi”, por excelencia. La quem...

IX SEMANA DA POESÍA SALVAXE

DEDICADA A CARLOS OROZA, EL CHAMAN QUE VIVIÓ, BEBIÓ Y DIJO, ENTRE NOSOTROS

A AS-PG presenta a versión dixital da Historia da Literatura Galega

Esta obra presentou-se a sexta-feira ( 11 de Marzo ) ás 20 horas na sala de exposicións do Pazo de San Marcos de Lugo, coa presenza de Xosé Ferreiro , delegado de Cultura da Deputación de Lugo; Xoán Costa , presidente da AS-PG; a escritora Olga Novo ; e Armando Requeixo , escritor e crítico literario. Acompañarán con música Tonecho Castelos e Pablo Esqueira . Grazas a esta obra poderemos coñecer “ o mellor que escribiron as galegas e os galegos que nos precederon ou que, afortunadamente, aínda conviven connosco ”, segundo declarou Xoán Costa , presidente da AS-PG, que nos explicou que o proxecto comezou hai dous anos: “ Partía da exitosa experiencia que durante 50 semanas, en entregas quincenais, mantivera nos quiosques un fascículo e un libro. Actualizar e reeditar en papel non parecía unha opción adecuada. Así que optamos por facer todo de novo, en formato nativo dixital, con outra estrutura e outros obxectivos ”. Esta ferramenta web inclúe 1.600 ...

21 PROPOSTAS PARA O ANO MANUEL MARÍA

21 PROPOSTAS PARA  O ANO  MANUEL MARÍA    (Para concellos, colexios, bibliotecas, asociacións culturais, veciñais, profesionais, librarías...) Desde a Casa-Museo Manuel María desexamos, antes que ningunha outra cousa, para a celebración do Ano Manuel María 2016 que o pobo galego lea e coñeza a súa obra. Nese sentido estamos a facer un grande esforzo na publicación e difusión dos seus títulos máis emblemáticos (podedes ver o catálogo nesta ligazón): http://www.casamuseomanuelmaria.gal/ upload/outros/letras-galegas-manuel-maria.pdf Agora achegámosvos unha serie de propostas tendentes a promover a lectura das obras do escritor polos diferentes públicos e tamén a facer unha serie de actividades moi participativas arredor de ditas obras. Estas poden ser realizadas por todo tipo de entidades, quer públicas quer privadas: concellos, colexios, bibliotecas, asociacións culturais, veciñais, profesionais, librarías... Con estas proposta de ningunha maneira queremos subs...

O Ateneo nas redes: Axudas a difundir a nosa actividade? - Na Biblioteca-Hemeroteca: Exposición de libros sobre Ferrol, Galiza e outras curiosidades

O Ateneo nas redes. Axudas a difundir a nosa actividade? Axudas a difundir a nosa actividade e crecer en seguidores e seguidoras na rede social? Síguenos, clika no gústame, comparte e difunde! No Twitter: @ateneoferrolan A nosa paxina no Facebook: https://www.facebook.com/Ateneo-Ferrol%C3%A1n-1430118530577463/ #SomosCultura #SalvemosoAteneo Exposición de libros sobre Ferrol, Galiza e outras curiosidades na nosa Biblioteca-Hemeroteca. Entrada libre. Séguenos: TWITTER: @ateneoferrolan BLOG: http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/ FACEBOOK: https://www.facebook.com/Ateneo-Ferrol%C3%A1n-1430118530577463/ Faite soci@! Colabora con nos! Para axudas e aportacións económicas: CC en Cajamar-Cajarural Cooperativa. Titular Ateneo Ferrolán. ES72-3058-6402-9527-2000-5350 Enviado por: Ateneo Ferrolán Fundado en 1879 -ateneoferrolan@gmail.com- 22 de janeiro de 2016 17:45 21 de janeiro de 2016 19:13

Inauguración da Exposición "20 Anos de Razón Socialista" en Neda

  A nosa Asociación quere informar da vindeira Inauguración da Exposición "20 Anos de Razón Socialista" para o venres día 9 de outubro ás 20:00 horas na casa das Palmeiras de Neda . A Exposición pechará o día 25.  No acto contarase coa presenza do alcalde de Neda Ángel Alvariño, a concelleira de cultura Helena Pardo, o director da revista Manolo Cendán e a presidenta da A. C. Fuco Buxán María Teresa Martínez Vilariño. Coa colaboración do Concello de Neda

Tremoia Teatro (A.C. FucoBuxan ) presentan "Os impresentables".

 A Asociación Cultural Fuco Buxán, convida a asistir á representación do seu grupo teatral TREMOIA TEATRO: Teatro en Neda   15 novembro ás 20:30h.  Tremoia Teatro  (A.C. FucoBuxan)  presentan "Os impresentables" .   Vinde a rir! A TREMOIA O teatro antigo carecía dun elemento moi corrente no de épocas posteriores, o pano, pero contaba, para a representación dos seus dramas, con diversos tipos de maquinarias ideadas para producir efectos ópticos ou auditivos. Delas, as máis importantes eran as seguintes: 1) A mechané, literalmente a "máquina", enxeño semellante a un guindastre sobre o cal, de pronto, facía a súa aparición aérea un deus cando había que resolver unha situación tan embrollada que xa no parecía ter saída. Do seu uso, e en ocasións abuso, procede a coñecida expresión do comediógrafo Menandro ou "deus ex machina" na súa versión latina. 2) Os períaktoi, ou "rolos", dous cilindros de madeira que ao xira...

Tremoia Teatro o grupo de Fuco Buxán

 A Asociación Cultural Fuco Buxán, convida a asistir á representación do seu grupo teatral TREMOIA TEATRO: A TREMOIA O teatro antigo carecía dun elemento moi corrente no de épocas posteriores, o pano, pero contaba, para a representación dos seus dramas, con diversos tipos de maquinarias ideadas para producir efectos ópticos ou auditivos. Delas, as máis importantes eran as seguintes: 1) A mechané, literalmente a "máquina", enxeño semellante a un guindastre sobre o cal, de pronto, facía a súa aparición aérea un deus cando había que resolver unha situación tan embrollada que xa no parecía ter saída. Do seu uso, e en ocasións abuso, procede a coñecida expresión do comediógrafo Menandro ou "deus ex machina" na súa versión latina. 2) Os períaktoi, ou "rolos", dous cilindros de madeira que ao xirar permitían cambiar a escenografía. De todas maneiras, os decorados eran sinxelos e limitábanse a representar catro tipos básicos de ambiente: o t...

"O SEGREDO DA FROUXEIRA" abre o FESTIVAL PRIMAVERA DO CINE DE VIGO.

"O SEGREDO DA FROUXEIRA" abre o FESTIVAL PRIMAVERA DO CINE DE VIGO. O vindeiro mércores día 29 as 20:00H no auditorio do Concello de Vigo. http://festivalprimaveradocine.com/ Felicitamos ao seu director Xosé Abad, e ao seu equipo, e felicitámonos tamén Fuco Buxán polos continuados recoñecementos a este documental. Páxina do documental: http://www.osegredodafrouxeira.com/ Máis información.

Bartoleta Teatro. Representación en Neda: "Mackie o Navallas"

A nosa asociación informa da vindeira representación do grupo de  Bartoleta Teatro o próximo venres,  17 de maio día das Letras Galegas 2013, ás 20,30 horas na Casa da Cultura de Neda. BARTOLETA TEATRO (da A. VV. Ensanche A - Ferrol) Representa: MACKIE “O NAVALLAS” ADAPTACIÓN DE  “A ÓPERA DE A PATACÓN”   DE ROBERTO VIDAL BOLAÑO. Mackie “O Navallas” é una traxicomedia que fala de corrupción e poder, de criminalidade e política. O “héroe”, Mackie, é un asasino e ladrón de pouca monta que se eleva ata as máximas alturas da orde e da moral, e convírtese no honorable cabaleiro Sr. Beckett. Casa coa filla do Rei dos Mendigos, Peachum, que controla un poderío económico. Urde a súa trama de control e mando sobre as instancias policiais e xurídicas, e acaba por detentar a posición de home poderoso e héroe da patria que gobernará o mundo, grazas á norte de persoas inocentes que cargan cos seus crimes. FICHA ARTÍSTICA. REPARTO Cómica 1 / Títer...

Chega a Poesía Salvaxe

A poesía pechara estas celebracións dos adorables abrís e as súas tercas derrotas (a nave vai) A SEMANA DE POESÍA SALVAXE CULTIVA OS CRAVOS QUE OS PUÑOS PLAXIAN, XUNTOS NAS RUAS, XUNTOS PRA FACER IMPOSÍBELE QUE A MEDIOCRIDADE E A MESQUIÑEZA DO PODER NOS EMPEZOÑE A yalma. ...E QUE NON NOS QUITEN O PAN DA BOCA, POIS A partir de AÍ TEMOS TODA A LEXITIMIDADE QUE DA A VIDA PARA BOTALOS Ás ESCOMBREIRAS EN QUE CONVERTERON Os DIAS ABRIL, 24, 25, 26 y 27. PROGRAMA DA VI SEMÁNA DE POESÍA SALVAXE MÉRCORES, 24 : 18,30.- Pza Armas: karlotti, Marcos Lorenzo, Víctor M. Diez, Guillermo Ferrandez. 19,30: Ricardo Ledo, Pablo Portero, Paco, Juana Corsina.. 23,30.- Cazadores : Séchu Sende, Felipe Zapico Víctor, karlotti, Guillermo, Manolo Bacalhao. Comando Ártabro Poetico(*) XOVES, 25 : 12,30.- Mercado Magdalena : Maria Lado, Lucia Aldao Felipe Zapico, Karlotti, Víctor 14.- Pasarrúas, 18,30.- Biblioteca .- Alba González 19,30.- Esteiro e Ferrol Vello : Pedro,...