Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro, 2020

A Muller Como “Obxecto” De Represión | Memoria con perspectiva feminista #25N

Ó longo da historia da humanidade, cando se revisan os conflitos, pódese observar de xeito indefectible como se utilizou á muller como “obxecto” de represión. Utilizo o término obxecto con toda a intención xa que ditas prácticas van sempre supeditadas á consideración da muller como ente xurídico inferior, como algo que pertence ó home e, polo tanto, que se pode roubar ou facer dano para danar indirectamente a este. Esto non foi diferente durante a Guerra Civil e a ditadura posterior que se viviu en España dende o golpe de Estado de 1936. En España a muller viviu o seu mellor momento na Segunda República, xa que por primeira vez na súa Constitución recóllese a igualdade xurídica e política entre homes e mulleres, ó que hay que sumar o desenrolo económico das primeiras décadas do século XX, e o auxe da vida nas cidades que posibilitou o acceso da muller a novos traballos que rompían cos estereotipos da dona da casa abnegada. Imaxe de  Catkin  en...

Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller #25N

En 1999, Nacións Unidas recoñecía oficialmente o 25 de novembro como Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres.  Falamos de violencia machista ou violencia de xénero, mais debemos facer referencia as diferentes formas de violencia contra as mulleres (simbólica, sexual, económica, física, laboral, institucional). Neste día lembramos ás irmás Mirabal. Eran activistas políticas e símbolos moi visibles da resistencia á ditadura de Trujillo e foron encarceradas repetidamente polas súas actividades revolucionarias en defensa da democracia e a xustiza. O 25 de novembro de 1960, Minerva, Patria e María Teresa foron asasinadas por membros da policía secreta de Trujillo. As tres mulleres dirixíanse a Puerto Plata a visitar aos seus maridos encarcerados. Os seus corpos foron atopados no fondo dun precipicio cos ósos rotos e signos de que foran estranguladas. «Es la violencia que sufren las mujeres, que tiene sus raíces en la discriminación histórica y la ausencia de...

'LODO': Primeira novela de Miguel Castro Serantes

Desde a asociación cultural Fuco Buxán queremos recomendar a primeira novela do noso amigo e compañeiro Miguel Castro Serantes. A novela é unha viaxe pola emocións e sentimentos da súa protagonista, Ana. Toparémonos e identificaremos coas complexidades que pode ter hoxe en día unha familia. E non quedaremos indiferentes! A obra foi editada por edicións imaxinarias e o artista Víctor G. Novás encargouse de ilustrar as verbas de Miguel. Este extraño fenómeno de transformación, dentro de no tanto tiempo, también te ocurrirá a ti. Llegarás a ser mujer, siempre tú y, a la vez, por increíble que parezca, aparecerán nuevas versiones de ti. Las deberás conocer y también aceptar. Hay que intentar llevarse bien con uno mismo. ¡Y no es tan fácil! Es extraño, pero es así."