Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Lembranzas

Caranza: Comparte os teus recordos, as túas vivencias, as historias do barrio

Comparte os teus recordos, as túas vivencias, as historias do barrio "Memoria dun século" é un espazo para compartir os recordos, as vivencias, os sucesos do barrio. Unha conversa entre os veciños e veciñas para tecer a historia social. Procúrase recuperar a voz de suxeitos que tradicionalmente non tiveron presenza pública. Profundizar na perspectiva subxectiva das mulleres a través da súas historias de vida. Vincular as historias persoais cos procesos macrosociais en que se insiren. “Memoria dun século” usa a autobiografía como un testemuño social. Parte da memoria individual para traer a memoria do territorio e das xeracións pasadas. Caranza, memoria dun século Mércores 29 de marzo, 5, 19, 26 de abril, 3, 10, 24 de maio. Ás 17.00h Na Asociación Veciñal de Caranza. Centro Cívico, 2º piso, Avd. Castelao s/n Actividade gratuíta Máis información 698 157 414

Presentación do libro: “Ferroláns de seu”

 Infórmase á cidadanía de que o vindeiro día 2 de xaneiro de 2012 ás 20:00 Horas terá lugar na Galería Sargadelos de Ferrol a presentación do libro Ferroláns de Seu de Xosé Gómez e Nicolás Vidal .    Diario de Ferro l :   http://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/-ferrolans-de-seu-recupera-algunhas-das-mellores-entrevistas-de-nordesia/20121229235904026245.html     “Ferroláns de seu” recupera algunhas das mellores entrevistas de Nordesía “O noso traballo foi recompilar unha serie de entrevistas, ao final son 43, das que apareceron no suplemento Nordesía de Diario de Ferrol ao longo dos anos en que os dous coincidimos nel. O xénero da entrevista é idóneo para amosar unha realidade incontestable para nós: a valiosa paisaxe humana desta cidade e da súa comarca”. Así falan os periodistas de Diario de Ferrol Nicolás Vidal e José Gómez Fandiño verbo de “Ferroláns de seu” (Edicións Embora), o...