Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta CIG

Actos 10 de Marzo [Día da Clase Obreira Galega]

    A nosa asociación estará presente nos vindeiros actos institucionais de homenaxe ás vítimas do 72 Daniel Niebla e Amador Rey e anima a toda a cidadanía a acudir aos actos convocados. Así mesmo, a nosa asociación estivo a traballar para que se lograse unha moción no concello que concedese unha rúa ao histórico Julio Aneiros, algo que xa é unha realidade, unha realidade necesaria para poñer en valor a figura de Julio Aneiros. Agradecer ao grupo de goberno do concello de Ferrol, todo o seu esforzo para que esta iniciativa saíse adiante. Ofrenda floral será ás 11:00 horas, como sempre no monumento conmemorativo do “10 de Marzo” sito no barrio de Recimil. Inauguración da rúa Julio Aneiros no Polígono do Bertón ás 12:00 horas .  ===================   A CIG convoca mobilizacións o 10 de marzo baixo o lema “Reformas Laborais e Lei Mordaza, anulación xa!” Seixo cualifica o goberno do PP de “incompetente e considera “insultante” que intente agochar a real...

SOS Sanidade Pública Folga Sanitaria

FOLGA XERAL NA SANIDADE PÚBLICA GALEGA OS DÍAS 9 E 10 DE DECEMBRO. Os sindicatos CCOO e CIG convocamos folga xeral na sanidade pública galega os días 9 e 10 de decembro en contra das privatizacións, os copagos e os recortes na sanidade. A Federación de Sanidade de CCOO e a CIG Saúde rexistraron este luns a convocatoria de folga no SERGAS dende as 22 horas do día 8 de decembro ata as 22 horas do día 10 de decembro, chamando tamén á cidadanía a sumarse á protesta contra a privatización, os copagos e os recortes laborais e salariais na sanidade pública, que poñen en perigo a súa continuidade pudendo levar á súa desaparición. Durante anos, o goberno da Xunta e mais o central impulsaron todo tipo de privatizacións. Feijóo leva 5 anos na Xunta; nunca un goberno, en tan pouco tempo, fixo tanto dano á Sanidade Pública e ás usuarias e usuarios. O señor Feijóo e a señora Mosquera atacan a Sanidade Pública e o seu persoal con privatizacións, co copagamento e cos continuos reco...