Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro, 2021

MANIFESTO 10 de Marzo (1972-2022) 50 anos de Memoria e Dignidade

O 10 de Marzo de 2022 -Día da Clase Obreira Galega- conmemoraremos o 50 aniversario dos sucesos daquel 1972, que marcaron un fito na Memoria e na Historia da sociedade galega e española. As entidades abaixo asinantes, en calidade de organizadoras, imos desenvolver ao longo do próximo ano unha serie de actividades que precisarán do respaldo e a colaboración domovemento asociativo, entidades e persoas que, a título individual, se queiran sumar. Aqueles acontecementos, que tiveron a súa orixe na cidade natal do ditador e repercusión internacional, significaron un momento álxido, o máis importante na loita da clase obreira galega “organizada” contra a ditadura. Non foi só unha loita por un convenio colectivo, por unhas puntuais condicións salariais ou de traballo -que tamén- senón unha loita pola dignidade como cidadáns de plenos dereitos, pola liberdade, por un sistema democrático, contra a opresión dunha ditadura iniciada antes de que moitos dos protagonistas dese momento nacesen. Os eno