A Asociación Cultural FUCO BUXÁN apoia a Manifestación convocada para o domingo 2 de xuño en Compostela , co lema: “Contra a Minaría Salvaxe ¡ Galicia non é unha mina”. PARTICIPA E DIFUNDE para frear o desembarco masivo de empresas transaccionais mineiras, co apoio activo do Goberno Galego, para transformar radicalmente o noso territorio e convertelo nunha mina a ceo aberto. A nosa asociación cultural Fuco Buxán súmase as reivindicacións da Plataforma pola Defensa de Corcoesto e informa sobre as vindeiras actividades que realizarán nas vindeiras datas. Tamén podedes obter máis información no seu blogue: http://nonaminadecorcoesto.blogspot.com.es/ Nesta dirección poderedes encontrar o seu manifesto para asinalo se o considerades oportuno, a maiores tamén teñens un grupo de facebook (Corcoesto non todo e brillo no ouro, plataforma pola defensa de Corcoesto).
“Andar ergueitos, falar forte e nunca máis esquecer o noso norte."