Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Vítimas Fascismo

Memoria de Futuro

O pasado sábado 10 de outubro, na polideportiva de Santa Mariña, ao redor dun xantar, celebrouse o encontro “Memoria de Futuro” entre homes e mulleres pertencentes a diferentes organizacións xuvenís antifranquistas que loitaran contra a ditadura na súa etapa final, a comezos da década dos 70. Un acto emotivo, polo reencontro entre camaradas que pola propia peripecia vital había anos que non se vían. O acto serviu para recopiar e expor dende exemplares dos medios clandestinos daquelas organizacións ata referencias as mobilizacións pola amnistía, polas liberdades e até a música que escoitaban e cantaban daquela. Houbo intervencións de representantes das diferentes organizacions lembrando aquela etapa e aos distintos camaradas que hoxe non están con nós. Foi todo un acto de recuperación da memoria histórica, da loita antifranquista, por outra parte necesaria, cando a dereita que nos goberna pretende negar a existencia da ditadura. O restablecemento das liberdades democrática...

Homenaxe a Amada García e as vítimas da ditadura

As Asociacións de Memoria Histórica Democrática de Ferrol, entre nas que se encontra Fuco Buxán, convidan a participar na Homenaxe a Amada García e as vítimas da ditadura que celebrarase o vindeiro : Domingo, 27 de xaneiro, ás 12:00 horas.  No Castelo de San Felipe en Ferrol . Cada ano, con este acto, faise unha emotiva lembranza de tantas persoas que foron vítimas da represión franquista, neste lugar onde moitas e moitos caeron baixo as balas do fascismo por defender os seus ideais progresistas, a legalidade republicana e a liberdade. Acudide!