A. C. Fuco Buxán saúda o resultado do referendo grego, onde un masivo 61,3% das e dos votantes dixeron non ás medidas neoliberais da Troika e que é, tamén, un si masivo a unha Europa solidaria e democrática. A. C. Fuco Buxán chama ás cidadás e cidadáns, aos partidos da esquerda, a seguir a ser solidarios. Lamenta a coincidencia de fondo entre as direccións do PP e do PSOE sobre a débeda grega. O Pobo Grego, o domingo 5 de xullo de 2015, dixo NON as medidas de austeridade, NON a máis recortes da Troika. Non á chantaxe. Un Non masivo do 61.3% fronte o 38.6% en tódalas rexións de Grecia. A pesares da política do medo impulsada pola Troika, cortando a inxección de liquidez os bancos gregos por parte da BCE (claro exemplo de terrorismo financeiro), obrigando ao goberno a medidas de control de capitais e o chamado “corralito”, a pesares da campaña masiva mediática anunciando que votar “non” era dicir non ao euro, a Europa, etcétera, e que no caso que ganara o “non” se instalaría o caos,
“Andar ergueitos, falar forte e nunca máis esquecer o noso norte."