Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Semente Trasancos

“Festival Solidaro para a Semente”

Cartel do evento - Concello de Narón O Concello de Narón e a Escola de Ensino Galego Semente de Trasancos organizan o “Festival Solidario para a Semente” que terá lugar este domingo, día 12, no Auditorio municipal de Narón (Praza de Galicia s/n). A cita, que dará comezo ás 17.30 horas, programouse coa temática das Irmandades da Fala en Galicia e consistirá nunha gran variedade de actividades ás que irán dando paso tres recoñecidos personaxes: o cantautor fenés Roger de Flor; o grupo tradicional infantil Quenindiole e a narradora oral Vero Rilo. O prezo das entradas é de 8 euros, se ben os menores de oito anos poderán asistir de balde. No transcurso desta convocatoria estrearase unha curta realizada polo colectivo Semente e sortearase unha pandeireta artesá entre os asistentes. A cita, que se convoca por segundo ano consecutivo, aposta unha vez máis cunha variada programación por impulsar a lingua e a cultura galegas entre os adultos pero, especialmente, entre as nenas e os neno...

Medrar en galego é posible

Este domingo día 21 de febreiro ás 12:00 horas, co gallo do Día Mundial da Lingua Materna terá lugar unha Mesa - Debate por título "Medrar en galego é posible" no local social da Sociedade Amigos da Paisaxe Galega en O Seixo - Mugardos. Acto organizado en colaboración polo BNG Mugardos e por ICMugardos e a Semente de Trasancos, escola de ensino galego. A nosa lingua precisa de ti! Acude e difunde!   Escola de Ensino Galego Semente Trasancos As Escolas de Ensino Galego Semente som umha iniciativa social sem ánimo de lucro, impulsionada pola Gentalha do Pichel que pretende conformar, junto com outros projetos semelhantes, as bases necessárias para a criaçom da Escola Nacional Galega. Tomam o seu nome das Escolas de Ensino Galego criadas a começo do século XX polas Irmandades da Fala, e impulsionadas por Leandro Carré e Ángelo Casal. Nas Escolas de Ensino Galego, todas as atividades serám desenvolvidas na língua do nosso povo, favorecendo a aquisiçom, con...