Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Manifestacións

ANPAs e Sindicato de Estudiantes convocan manifestación contra a LOMCE: xoves 24 de novembro ás 12:00h

Compartimos con vos a mensaxe da convocatoria que están a facer dende a Federación Comarcal de ANPAs e o Sindicato de Estudantes dunha manifestación contra a LOMCE e as reválidas, e que sairá o xoves 24 de novembro , ás 12:00h da Praza de Amada García -fronte o edificio administrativo da Xunta, zona Praza de España-. O mesmo día, tamén terá lugar unha concentración , no mesmo lugar, ás 19:00h . Dende Fuco Buxán, solidarizámonos con estas mobilización e convidámosvos a participar nela. Estimados compañeiros/as: Desde a Federación comarcal de ANPAS e o Sindicato de Estudantes poñémonos en contacto con vós para facervos partícipes da situación do ensino público e facervos unha petición de solidariedade. Como sabedes, a comunidade educativa levamos cinco anos loitando contra os graves ataques do goberno do PP contra a educación pública, simbolizados na LOMCE e no 3+2 universitario. Eses ataques buscan degradar unha das conquistas históricas máis importantes do mo...

Mércores 26 de outubro - Mobilizacións contra a LOMCE

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público (PGDEP) anunciou en rolda de prensa, un amplo calendario de accións e mobilizacións coas que se dá continuidade a todas as que xa ten desenvolvido desde a aprobación desta Lei. A Plataforma transmitiu ademais a súa “firme vontade de continuar na loita até conseguir derrogar a LOMCE e as reválidas”. Neste sentido, o portavoz da plataforma, Anxo Louzao, presentou o manifesto da plataforma no que se sintetizan as razóns polas que a PGDEP se opón non só á LOMCE senón tamén á imposición das reválidas. A continuación, o calendario de accións previstas para este mércores 26 de outubro : No caso de Ferrol , farase unha concentración fronte o Edificio da Xunta (Pza Amada García) ás 19:00h . Esta plataforma tamén está a facer unha recollida online de sinaturas esixindo a eliminación das reválidas e a derogación da LOMCE. Para participar, basta con seguir esta ligazón: http://plataformagalegadefensaensinopublico.blogspot.com.es/2016/1...

O 15 de outubro, mobilízate contra os tratados de comercio que priorizan os intereses económicos sobre as persoas

Este próximo 15 de Outubro, as Marchas da Dignidade convocan mobilizacións en toda Galicia, dentro da convocatoria a nivel mundial dun outono de resistencia , que chama á mobilización popular contra os tratados mal chamados de libre comercio , e contra a impunidade das transnacionais, e que no estado español transcurrirá na semana do 8 ao 15 de outubro. Como non pode ser doutro xeito, Fuco Buxán súmase a esta convocatoria, e convida á cidadanía a participar nas mobilizacións programadas , e máis concretamente na que terá lugar en Ferrol o sábado 15 de outubro, ás 19h , e que partirá da Praza de Amada García -fronte o edificio da Xunta, zona Praza de España-. A continuación, compartimos o comunicado que están a difundir dende as Marchas da Dignidade de Ferrolterra sobre este evento. O dia 15 de Outubro, como noutras cidades de Galiza, en Ferrolterra mobilizaremos-nos contra os tratados comerciais e financeiros, patrocinados polos executivos dos estados neoliberais e das ...

Este domingo 19 de xuño, ás 12:00h, en Ferrol, manifestación da Rede en Apoio ás Persoas Refuxiadas

Dende a Plataforma Comarcal de Ferrolterra da Rede Galega Apoio ás Persoas Refuxiadas chamamos á participación na manifestación convocada para o día 19 de xuño ás 12:00h . A saída terá lugar da Praza de Amada García (fronte o Edificio da Xunta, zona Praza de España), rematando na Praza do Cantón. No seguinte artigo do Foro Galego de Inmigración de Ferrolterra , danse máis detalles sobre os motivos desta mobilización:  19 de xuño, 12:00h - Manifestación da Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas - Ferrol Como participantes na Rede en Apoio ás Persoas Refuxiadas de Ferrolterra, a nosa asociación convídavos a participar nesta mobilización para que se tomen as medidas necesarias para poñer fin aos conflictos que provocan esta crise, e garantizar o tránsito seguro e o cumplimento da lexislación en materia de Dereitos Humanos. Para máis información: Revisa á web da CGONGD: www.galiciasolidaria.org ou @cgongd Web da Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas: www.reder...

Este sábado 28 de maio ven a manifestarte a Lugo coas Marchas da Dignidade #MurallaDeDignidade

Este sábado 28 de maio hai convocada unha manifestación a nivel galego polas Marchas da Dignidade . Nesta ocasión, a cidade escollida para a mobilización é Lugo . Coa fin de quentar motores para esta data, a Columna Galega das Marchas da Dignidade , co-organizou coa Columna de Lugo un "Faladoiro da Dignidade" , un acto realizado o día 13 de Maio de 2016 en Lugo para falar das Marchas da Dignidade e da importancia de mobilizarse o día 28 deste mes de Maio, na que entraremos nas históricas murallas romanas de Lugo, patrimonio da humanidade, para conformar "Unha Muralla de Dignidade" | #MuralladeDignidade . A continuación deixamos os vídeos das intervencións dos convidados a esta xornada: Manuel Cañada Isabel Villaba Rafa Escudero Rocío Fraga Como é habitual, as Marchas da Dignidade de Ferrolterra organizan autobuses para participar nesta mobilización.  O bus ten un prezo de 6€ ida/volta. Sairá o sábado 28 de maio ás 10:00h da...

Unha grande manifestación a favor do galego percorrerá as rúas de Santiago o 17 de maio baixo o lema “o idioma é a vida”

Queremos Galego reivindicará cambios na lexislación que eviten decretazos como o do ensino ou sentenzas como a do TSXG Marcos Maceira: “Vivir en galego é un dereito, non unha concesión”   “A escasa e limitada lexislación que ampara o galego non pode ser utilizada para atacar os espazos conquistados para a lingua pola sociedade” Membros da xestora nacional da plataforma cidadá Queremos Galego, que agrupa a máis de 600 colectivos sociais de diversos ámbitos, compareceron esta mañá diante dos medios de comunicación para presentar a convocatoria de manifestación do 17 de maio, que congregará miles de persoas “mostrando, máis unha vez, que a inmensa maioría do pobo galego quere a súa lingua e accións políticas reais e efectivas apra repola e rehabilitala en todos os espazos”. O lema escollido para esta convocatoria é “O idioma é a vida” recollendo un verso do coñecido poema “A fala” de Manuel María, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas este ...

1º de maio de 2016 en Ferrol

Como tódolos anos, a Asociación Cultural Fuco Buxán convídavos a participar nas distintas manifestacións e actos que terán lugar para conmemorar esta data. En Ferrol, temos constancia das seguintes: 12:00h Manifestación conovada pola  CIG  baixo o lema  "Reformas laborais e lei Mordaza, anulación xa!" , con saída dende a súa sede en Esteiro (Rúa Eduardo Pondal, 41/43 entrechán) Manifestación convocada por CCOO-UGT baixo o lema  "Contra a pobreza laboral e social, traballo e con dereitos" , con saída dende a Praza do Inferniño 18:00h Manifestación convocada pola CNT baixo o lema "Orgullo e dignidade obreira" , con saída dende o monumento do 10 de Marzo

Manifestación anticapitalista 1º Maio en Santiago

Chéganos un aviso dunha autoconvocatoria de manifestación anticapitalista para este domingo 1 de maio en Santiago de Compostela. A continuación, o manifesto desta autoconvocatoria: 1º DE MAIO MANIFESTACIÓN ANTICAPITALISTA 19:00 horas PORTA DO CAMIÑO “ CONTRA A EUROPA CRIMINAL DO RACISMO E A DESIGUALDADE” Este 1º de Maio é o intre da xenerosidade. U nha manifestación unitaria, anticapitalista e sen siglas na convocatoria, coa firme convicción de que é tempo da unidade de todas as loitas para defender as nosas vidas. Sen protagonismos. Unha mobilización na que as únicas protagonistas sexa a unión de todas as voces nunha gran manifestación contra a batería de agresións que estamos a recibir por parte da Unión Europea, esa organización criminal, do racismo e da desigualdade, que comandan a troika e o Capital. Vivimos unha situación de urxencia, nun estado de alerta que nos require e nos convoca. Ou eles ou nós, non queda outra saída . Por iso este 1º de ...

Non permitamos que a UE violente os Dereitos Humanos

NON PERMÍTAMOS QUE A UNIÓN EUROPEA VIOLENTE DE FORMA INTOLERABLE OS DEREITOS HUMANOS Concentración en solidariedade coas persoas refuxiadas e inmigrantes da Unión Europea , este sábado día 19 de marzo ás 19:00 h na Praza amada García, fronte ao edificio da Xunta de Galicia en Ferrol . O FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN   súmase e apoia esta Concentración que se organiza en réxime de auto convocatoria: 1.- Denunciar o Acordo que a Unión Europea pretende asinar con Turquía e que contravén os máis elementais dereitos humanos e os acordos internacionais en materia de refuxio e inmigración, entre outras razóns por: – Establecer a posibilidade de facer deportacións colectivas de persoas,retrotraéndonos aos peores momentos da Historia de Europa do século XX. – Por pretender “comprar” en Turquía campos de internamento destas persoas para quitarse de forma intolerable esta realidade de enriba. 2.- Esixir que o goberno español promova unha radical oposición a este Acordo entre os gobernos d...

Manifestación contra a lei de Acuicultura

Convocadas todas as plataformas das rías para manter unha reunión co obxecto de posicionarse conxuntamente en contra do Anteproxecto de Lei de acuicultura de Galicia e apoiar a manifestación convocada polos sectores produtivos para o vindeiro sábado, 27 de febreiro en Compostela . Sería desexábel acordar uns argumentos comúns polos que rexeitamos o Anteproxecto e solicitamos a súa retirada. Algunhas ideas, como proposta mellorábel: É unha Lei de filosofía neo-liberal, pensada para privatizar o mar, sen nengún tipo de restricións. Está pensada para a industria acuícola -peixes- e posiblemente negociada con eles. Elaborouse de costas aos sectores produtivos, grupos ecoloxistas, científic@s, etcétera. O marco normativo pretende que compitan os sectores tradicionais coas multinacionais en base a criterios extrictamente económico-financieiros e tecnolóxicos, que son os criterios que explicita a Lei para outorgar unha concesión. Elimínase a necesidade dun informe previo de...

Marcha Europea Polos Dereitos das Refuxiadas

A manifestación do sábado 27 de febreiro  comenzará as 19:30h dende a praia de Riazor  e rematará no Obelisco. O evento en Facebook: https://www.facebook.com/events/1038387522871014/

Manifestación en Defensa Do Naval

  O Comité de Empresa fai un chamamento a tod@s os traballador@s á PARTICIPACIÓN na MANIFESTACIÓN, convocada polos Comités de Empresa de Navantia e Delegad@s da Industria Auxiliar, o DOMINGO día13 en Defensa Do Naval. A saída será dende o Inferniño ás 12:00 h continuando pola Estrada de Castela, Praza de España, Rúa do Sol, Rúa Arce, Rúa Real rematando na Praza de Galicia, fronte o Teatro Jofre, onde se fará lectura dun manifesto. Ferrol, a 11 de decembro de 2015

Mobilización Sindicato de Estudantes

Este xoves, 26 de febreiro, ás 12 horas, fronte ao Edificio da Xunta de Galicia - Ferrol Desde a A.C.Fuco Buxan esiximos a Dimisión Inmediata da Secretaria de Estado de Ensino Monserrat Gomendio e do Ministro de Ensino Ignacio Wert polas súas gravísimas palabras  e polas súas infames e vergoñentas mentiras nas que din que o Sistema Universitario non é sostible. Wert e Monserrat Gomendio volven a  desacreditar, a agredir e atacar salvaxemente a Universidade Pública co obxetivo de desmantelar e rematar con ela, para favorecer a Universidade Privada. Cremos que a Universidade Pública SÍ é sostible e crontribue a fomentar a movilidade social, a igualdade de oportunidades, a cohesion social, o benestar social e colectivo e a conformar unha cidadanía crítica, solidaria, comprometida, igualitaria, libre e democrática que loita en defensa dos dereitos humanos, contra as inxustizas e desigualdades sociais e por construir un mundo mellor, mais xusto e humano . A.C.Fuco Buxan consider...

Folga da Sanidade. Fotos da Manifestación.

A Asociación Cultural Fuco Buxán que participou na mobilización para defender os dereitos de todas as persoas a ter unha atención médica gratuita e de calidade. Álbum fotográfico Parabéns a todo o persoal sanitario galego por levar a cabo onte e antonte unha folga exemplar na defensa dos dereitos de todas e todos e dunha Sanidade Pública, universal, de calidade e gratuita. Entre todos e todas temos que parar esta onda de privatizacións e recortes á que os Gobernos Estatal e Autonómico do PP pretenden levarnos.

Ferrol Solucións ! Fotos da Manifestación Navantia.

A Asociación Cultural Fuco Buxán que participou na mobilización de hoxe en Ferrol, se solidariza cos traballadores/as do naval pechados no Concello, e convida a toda a cidadanía a amosar o seu apoio asistindo á Asemblea Popular que teñen convocada para o martes as 11 hs, na Praza de Armas. Hoxe 1º de decembro en Ferrol, unha vez máis, decenas de miles de persoas encheron as rúas convocadas pola Plataforma Nunca Máis e os Comités de Empresa de Navantia e Compañías Auxiliares, esixindo carga de traballo para o naval e o cumprimento dos compromisos adquiridos polo Partido Popular. Parlamentarios/as e deputados/as do PSOE, AGE e BNG, Alcaldes e Concelleiros/as, acompañaron esta protesta facendo declaracións aos distintos medios de comunicación sobre a situación dramática que para a comarca de Ferrol - xa cun 32 % de paro e ao bordo do estoupido social - avecíñase tras a entrega do último buque nos próximos días o que supón o despedimento inmediato de preto de 1000 traballadores d...

Tod@s co Ensino Público e Navantia

A Asociación Cultural Fuco Buxán apoia a Folga e a Manifestación convocada polo Sindicato de Estudantes , que sairá o mércores 20, ás 12 horas, do Edificio Administrativo da Xunta da Galicia (Praza Amada García – Ferrol). Manifestación unitaria na que a cidadanía, estudantes, nais, pais, comunidade educativa, Asociacións, Partidos, Sindicatos, Traballadores/as de Navantia, esixiran rotundamente a retirada inmediata da LOMCE, a dimisión de Wert, a retirada do Decreto de Becas e Comedores, a subida de Taxas universitarias, e todas as medidas coas que o goberno do PP pretende desfacer o Ensino Público.

Folga contra a LOMCE.

A Asociación Cultural Fuco Buxán e a súa Área de Ensino, súmanse a Semana de Loita en defensa dun Ensino Público, universal e de calidade, fronte aos recortes, os taxazos, e as reformas do Goberno do Partido Popular. Apoiamos a Folga Xeral e convidamos a toda a cidadanía a participar nas Manifestacións convocadas: Mércores, 23 de Outubro. Manifestacións estudiantís. Ás 12 horas. Fronte ao Edificio da Xunta. Praza de España. Xoves, 24 de Outubro. Manifestación de estudantes, profesores, pais e nais. Ás 11,30 horas. Partindo da Praza de España. Todos/as ás Manifestacións ! A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público chama a secundar a folga contra a LOMCE e as mobilizacións previstas para mañá 24 de outubro ás 11:30 horas Representantes da Plataforma Galega en Defensa de Ensino Público fixeron este mércores 23 de outubro un chamamento a que o profesorado, o alumando e o e as familias secunden de xeito masivo a folga contra a LOMCE convocada para mañ...

"POR UNHA GALIZA SEN LUMES, POR UN RURAL CON FUTURO"

"POR UNHA GALIZA SEN LUMES, POR UN RURAL CON FUTURO" MANIFESTACIÓN NACIONAL DOMINGO, 6 DE OUTUBRO ÁS 12 DO MEDIODÍA DESDE A ALAMEDA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA A sociedade galega alza a voz novamente contra a barbarie dos incendios e contra a política rural e medio ambiental que leva ao progresivo desmantelamento do noso medio tradicional e ao consecuente abandono da terra que cada ano acaba pasto dos lumes e da especulación. BASTA XA de deixar o monte galego ao abandono, pasto do lume, ao desleixo e á especulación, pois o rural pode e ten que ter futuro, un futuro que se a Xunta non está disposta a liderar, e prefire seguir sen investir un só euro e sen adoptar unha soa medida concreta para recuperar o monte e atallar o problema de escorrentías que se aveciña, debe apartarse definitivamente do camiño e deixar que sexa a comunidade local coa axuda de voluntariado a que tome a iniciativa. Dende ADEGA apoiamos esta iniciativa e convocamos a socias/os e si...

Album fotográfico Manifestación en Defensa da Sanidade Pública.

Manifestación do xoves 27 de xuño en Defensa da Sanidade Pública: ENLACE AO ÁLBUM FOTOGRÁFICO Plataforma SOS Sanidade Pública e as Plataformas en Defensa da Sanidade Pública de cada Área Sanitaria, CONVOCARON en toda Galicia unha mobilización en Defensa da Sanidade Pública. Ou é que os recortes e privatizacións na Sanidade Pública non nos afectan a tod@s ?

Xornada de loita pola sanidade pública: Manifestación en Ferrol.

Como sabedes a Plataforma SOS Sanidade Pública e as Plataformas en Defensa da Sanidade Pública de cada Área Sanitaria, CONVOCAN para o xoves 27 de Xuño en todo Galicia unha mobilización en Defensa da Sanidade Pública. En Ferrol SOS Sanidade Pública e a Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol, CONVOCAMOS unha MANIFESTACIÓN que sairá ás 19 horas do Xoves 27 de Xuño da Praza de España e, logo de percorrer varias rúas, rematará na Praza do Concello-P. de Armas. Achegamos un cartaz da convocatoria para que o peguedes nas vosas áreas de actuación. O éxito da mobilización depende de que as 50 entidades que a conformamos fagamos o esforzo de traballar en Defensa da Sanidade Pública facendo o posible por chegar ao maior número de persoas. Do mesmo xeito que o día 12 as rúas de Ferrol se ateigaron de persoas que pedían CARGA DE TRABALLO PARA FERROLTERRA, é preciso que as rúas de Ferrol se enchan de xente en DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA. Ou é que os recortes e pr...