Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Fundación Xaime Quessada

Mesa Redonda "Lembrando a Quessada" o venres 27 ás 20h e colocación de placa de recoñecemento o sábado 28 ás 11h

Dende Fuco Buxán convídavos á mesa redonda que leva por título LEMBRANDO A QUESSADA , na que intervirán o Presidente da Real Academia Galega Xesús Alonso Montero , o Presidente da A.C. Fuco Buxán Rafael Pillado e o Concelleiro de Cultura de Ferrol   Suso Basterrechea . O Vicepresidente da Fundación Xaime Quesada Blanco José Gómez Alén , comisario da mostra, fará a presentación do catálogo da exposición que se entregará ós asistentes. A devandita mesa terá lugar o vindeiro venres 27 de xaneiro , -día internacional das vítimas do holocausto- no Centro Cultural Torrente Ballester ás 20:00 h . Ó día seguinte, sábado 28 de xaneiro , ás 11:00 da mañá , poñeremos unha placa de recoñecemento a Xaime Quessada ó pé dun castaño na rúa Lepanto, fronte ó local da A.C. Fuco Buxán e como remate da homenaxe.

Inauguración da exposición "Quessada e o seu tempo" - Venres 19 de novembro, 19h

Temos o grandísimo pracer de convidarte á inauguración da exposición "Quessada e o seu tempo" que organizamos en conxunto coa Fundación Xaime Quessada Blanco e o Concello de Ferrol dentro dos actos realizados para a celebración do Ano Quessada . A inauguración terá lugar este venres 18 de novembro de 2016, ás 19:00h no Centro Torrente Ballester . Este xoves 17 de novembro, ás 12:00, no Concello de Ferrol terá lugar unha rolda de prensa na que se anunciará este acto de xeito oficial. O Ano Quessada do Concello de Ferrol comenzaba o pasado 2 de marzo coa apertura ao público da montaxe no Auditorio de Caranza de dous inmensos murais de Xaime Quessada Porto (Ourense 1937-2007), un dos artistas plásticos galegos con mais proxección internacional. Desde entón, locen nas paredes do recibidor e no primeiro andar deste contedor cultural da cidade, logo de moitos anos ocultos e mesmo desterrados, como parte do patrimonio artístico municipal para o desfrute colec...

Ferrol adicará unha ampla retrospectiva artística a Xaime Quessada no CTB este outubro

Completarase cunha guía didáctica para os centros educativos do municipio.  O Ano Quessada do Concello de Ferrol ten unha nova parada este venres 13, cunha mesa redonda sobre o artista que conta con Vicente Areces e Darío Villanueva entre os ponentes Ferrol, 10 maio.- Ao longo deste ano 2016, e por acordo entre a Fundación Xaime Quesada , a Asociación Cultural Fuco Buxán e o apoio e o impulso decidido da Concellería de Cultura do Concello de Ferrol , vanse celebrar unha chea de actividades que darán paso, no outono, a unha ampla retrospectiva da obra artística de Xaime Quessada , que debe a doble 'S' do seu apelido a súa admiración por Pablo Picasso. O Ano Quessada do Concello de Ferrol comenzaba o pasado 2 de marzo coa apertura ao público da montaxe no Auditorio de Caranza de dous inmensos murais de Xaime Quessada Porto (Ourense 1937-2007), un dos artistas plásticos galegos con mais proxección internacional. Desde entón, locen nas paredes do recibidor e no ...