Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Neoliberalismo

Manifestación en Pontevedra "ENCE fóra da ría para sempre"

A nosa Asociación Cultural manifesta o seu total rexeitamento a decisión de ampliación da prórroga a ENCE. O Comité Cidadán de Emerxencia da Ría de Ferrol, solidarízase coa Asemblea aberta de Ence Fóra da Ría para sempre , e convida a toda a cidadanía a asistir a Manifestación convocada en Pontevedra ante a decisión tomada polo goberno en funcións do PP de conceder unha prórroga a ENCE de 60 anos máis. Unha delegación da A.C. Fuco Buxán e do CCE estarán presentes nesta mobilización.   Venres 29 de xaneiro ás 20:30 horas MANIFESTACIÓN, Saída da Praza da Ferrería - Pontevedra

Folga contra a LOMCE.

A Asociación Cultural Fuco Buxán e a súa Área de Ensino, súmanse a Semana de Loita en defensa dun Ensino Público, universal e de calidade, fronte aos recortes, os taxazos, e as reformas do Goberno do Partido Popular. Apoiamos a Folga Xeral e convidamos a toda a cidadanía a participar nas Manifestacións convocadas: Mércores, 23 de Outubro. Manifestacións estudiantís. Ás 12 horas. Fronte ao Edificio da Xunta. Praza de España. Xoves, 24 de Outubro. Manifestación de estudantes, profesores, pais e nais. Ás 11,30 horas. Partindo da Praza de España. Todos/as ás Manifestacións ! A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público chama a secundar a folga contra a LOMCE e as mobilizacións previstas para mañá 24 de outubro ás 11:30 horas Representantes da Plataforma Galega en Defensa de Ensino Público fixeron este mércores 23 de outubro un chamamento a que o profesorado, o alumando e o e as familias secunden de xeito masivo a folga contra a LOMCE convocada para mañ...

Semana de Acción Global contra a Débeda en España

Do 8 ao 15 de outubro celébrase a Semana de Acción Global contra a Débeda e as Institucións Financeiras Internacionais que reivindica a xustiza económica e social ante a ditadura da débeda e a austeridade. Activistas de todo o Estado español avanzan no proceso de Auditoría Ciudadana da Débeda e mostran o seu rexeitamento a deudocracia e o austericidio. A Plataforma Auditoría Cidadá da Débeda -PACD- únese á mobilización internacional da Semana de Acción Global contra a Débeda e as Institucións Financeiras Internacionais, do 8 ao 15 de Outubro, para denunciar a ilexitimidade da débeda e as medidas de austeridade. Presentásense ademais os primeiros froitos do proceso de Auditoría Ciudadana a través de diversas publicacións e actos públicos. Levaranse a cabo numerosas actividades en varios puntos do territorio español para denunciar a ilexitimidade da débeda e os recortes. A semana ten como obxectivo denunciar a ilexitimidade da débeda e as medidas de austeridade. Presentásen...

Conferencia "Neoliberalismo, a democracia asediada" (Actos 40º aniv 11-S Chile)

A nosa asociación cultural convídavos este Xoves, 19 de setembro ás 20 horas no Salón de Actos do ATENEO FERROLÁN na rúa Magdalena de Ferrol , ao marco dos actos cos que queremos conmemorar o 40º aniversario dos acontecementos do 11-S en Chile. A nosa A. C. FUCO BUXÁN comprácese en convidalo/a á conferencia-coloquio que leva por título NEOLIBERALISMO, A DEMOCRACIA ASEDIADA impartida por Omar Contreras, presidente de COSAL (Comité de Solidaridad con América Latina) e na que indagará -neste momento de grave crise económica- nas claves do golpe de Estado neoliberal contra o sistema democrático representado polo goberno presidido por Salvador Allende, establecendo claras semellanzas coa nosa situación actual caracterizada polos déficits sociais, mafiocracia e políticas inxustas e contrarias ós intereses da xente do común. Neste acto –do que podemos sacar esperanzadoras leccións- se proxectará un audiovisual sobre o golpe militar con lectura de textos a cargo de Lorena Calaza e ...

Manifestación Polo dereito ao aborto

  A nosa asociación cultural Fuco Buxán sumouse ás reivindicacións contra a Lei do Aborto, e estivo en Santiago de Compostela na gran mobilización do día 16 de xuño por mostrarse totalmente contrarios ante ás políticas do ministro Gallardón, entre outras, a Lei do Aborto. Ofrecémosvos a continuación o enlace ao álbum fotográfico da Manifestación convocada pola Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto o pasado día 16 de xuño de 2013. As mulleres teñen dereito a decidir . Álbum fotográfico: https://plus.google.com/106726281086842107689/posts/87D6i5khML2

Reivindicacións da plantilla de MEGASA

A A.C. Fuco Buxán apoia as reivindicacións da plantilla de MEGASA, e os acompañou  na súa Concentración diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, reclamando a solidariedade cidadá e unha entrevista co Presidente da Xunta, para exixir medidas do goberno do PP que impidan o inmediato peche da empresa. Enlace ao AUDIO DAS INTERVENCIÓNS e ÁLBUM FOTOGRÁFICO : http://fucobuxan.net/81-comentarios/630-megasa-concentracion-14062013

Convite para participar na Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto

Plataforma Galega Polo Dereito ao Aborto. A vida non se protexe recortando dereitos.  Este convite vai dirixido a todas aquelas organizacións que traballan no ámbito local e galego e que aínda non forman parte da Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto. Onte, 27 de maio, constituíuse en Ferrolterra o grupo de traballo local da Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto nunha asemblea celebrada no Ateneo Ferrolán na que estábamos convocadas aquelas organizacións que participamos a nivel nacional na Plataforma. Na asemblea decidiuse facer un chamamento e convite a todas aquelas organizacións que no ámbito local desexen participar neste recen constituído "Grupo de Traballo". O obxectivo da Plataforma é a de loitar polos dereitos individuais das mulleres e para xuntar forzas e conseguir sensibilizar á cidadanía sobre o dereito das mulleres a decidir sobre o noso corpo e que esta reforma da lei do aborto do ministro Gallardón supón un retroceso de 30 anos na l...

Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo, convoca á cidadanía.

Este Mércores 22 de Maio de 2013, ás 11:30 horas, Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo, convoca á cidadanía, diante do Pazo Municipal de Ferrol, a unha concentración de apoio ás 114 familias que están esperando a que o goberno municipal lles adxudique e entregue unha vivenda no barrio de Recimil. Unha Comisión de persoas afectadas, acompañada por membros da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, despois de case un mes de espera e ter que reiterar a solicitude, mantivemos unha xuntanza co Sr.Alcalde e a responsábel de Benestar Social, o pasado 10 de maio. O Sr. Alcalde, na reunión, non chegou a ningún compromiso con nós, non admitiu, a súa desidia nin despreocupación, só dixo que el era a máxima autoridade no Concello e que iría entregando algunhas vivendas, mais nunca nos prazos que nós marcabamos e menos comprometerse a un calendario concreto. Manifestou que entregar vivendas ás persoas que estaban na lista, sería aumentar o problema social que xa de por si ten o prop...

Mesa redonda contra a LOMCE. "Ley Wert(LOMCE) unha lei educativa clasista, segregadora e neoliberal."

A nosa asociación informa de que o vindeiro m ércores día 15 de maio ás 20:00 horas , celebrarase unha Mesa Redonda sobre a Lei Wert (LOMCE) no Salon de Actos do I.E.S Concepcion Arenal (Masculino) . O título da Mesa Redonda sobre a LOMCE, é o seguinte: "Ley Wert (LOMCE) unha lei educativa clasista, segregadora e neoliberal." - Presentará o Acto un/a profesor/a do I.E.S Concepcion Arenal. Intervirán: - Javier Sanchez( Feampas) - Marcos Abad( Sindicato de Estudantes) - Antonia Martinez( CIG Ensino) - Tomas Miranda ( CCOO Ensino) - Jose Maria Dobarro ( IU Ferrol) - Ana Lamas Vilar ( Xuventudes Socialistas de Ferrol) - Celso Posada( Psoe Ferrol) Outros pendentes de confirmar.

O vindeiro martes día 14 de maio ás 19:00 Horas: NON AO MALGASTO do Concello de Ferrol!

AUTOCONVOCATORIA ABERTA A TODA A CIDADANÍA E A TODO O TECIDO ASOCIATIVO, PARA TRATAR A PROPOSTA DA CONCELLERÍA DE URBANISMO DO CONCELLO DE FERROL DE EXECUTAR UN NOVO PROXECTO NA PRAZA DE ESPAÑA NO QUE SE VAN A MALGASTAR MÁIS DE 800.000 EUROS, MÁIS 56.000 EUROS QUE CUSTOU O PROXECTO. O ACTO SERÁ NO SALÓN DE ACTOS DA ESCOLA DE IDIOMAS DE F ERROL O MARTES 14 DE MAIO ÁS 19: 00 HORAS . NON AO PROXECTO DA PRAZA DE ESPAÑA. MOBILICÉMONOS EN CONTRA DE MALGASTAR MÁIS DIÑEIRO PÚBLICO NUN ESPAZO QUE XA LEVA ENTERRADO 16 MILLÓNS DE EUROS, NUNHA OBRA ABSOLUTAMENTE INNECESARIA E NUN MOMENTO EN QUE AS NECESIDADES SOCIAIS E DE DESEMPREGO DEMANDAN QUE ESES CARTOS SE INVISTAN NESAS MATERIAS. ACUDE E ESPALLA ESTA CONVOCATORIA.

Mobilización dos PreXubilados Empresa Pública

O pasado mércores o Colectivo de Prexubilados da Empresa Pública da Comarca, realizou unha concentración, de cerca de duascentas persoas, ás 12 da mañá fronte ao Edificio da Xunta de Galicia e posteriormente desprazáronse en manifestación ate o Concello de Ferrol. Na concentración deuse conta da decisión do Goberno do PP de non aplicar o IPC para este ano (2,9 %) - firmado nos acordos cos sindicatos - que tiña que incorporarse ao seu salario garantido, o que supón unha perda importante do poder adquisitivo para eles e para a comarca. Fíxose entrega dun escrito, tanto nas dependencias da Xunta como no Concello. Acordaron facer xuntanzas periódicas, todos os primeiros xoves de mes, diante do Edificio da xunta de Galicia, ás 12 horas, para analizar a situación das súas reivindicacións. Engádese o escrito: Álbum fotográfico:  https://picasaweb.google.com/108010875580069524612/PrexubiladosContraOsRecortes

Concentración do Colectivo de Prexubilados Empresa Pública.

A nosa Asociación Cultural Fuco Buxán , apoia, anima e convida a participar na convocatoria do Colectivo de Prexubilados da Empresa Pública da Comarca, que terá lugar o vindeiro xoves, 9 de maio, diante do Edificio da Xunta de Galicia (Praza Amada García – Ferrol), ás 12 horas., co lema: CONTRA OS RECORTES SALARIAIS APLICACIÓN DO IPC, XA ! El Gobierno anuncia recortes salariales en Navantia: “Ajustes salariales”. Sin barcos nuevos en la grada ni contratos a la vista, con un dramático goteo de despidos en las auxiliares que ya pasa de los dos millares y privados de la última paga extra, a los trabajadores de Navantia en Ferrol (2.015) y Fene (240) se les viene ahora encima un más que probable recorte de sus nóminas en una comarca que vive y respira a la sombra de una grúa pórtico cada día más oxidada. Lo anticipó esta tarde el presidente de la SEPI, la Sociedad Estatal de Participaciones Industriales que controla Navantia y que depende, directamente, del minis...

Apoio á Defensa do Ensino Público

A Asociación Cultural Fuco Buxán, en defensa dun Ensino Público, universal e de calidade, apoia a Folga do Ensino e participará nas dúas manifestación convocada para o xoves 9 de maio, que partirán do Edificio da Xunta de Galicia (Praza Amada García – Ferrol) ás 11,30 horas e ás 19,30 horas. Convida a toda a cidadanía á participación e, respectando os motivos de cada quen, fai un chamamento á unidade sindical, para tod@s xunt@s, conquerir o obxetivo: A retirada da LOMCE e das medidas que o Goberno do PP está a aplicar contra o Ensino Público.

Fuco Buxán ante o 1º de Maio, día internacional da clase traballadora.

Ante o 1º de maio, a Asociación Cultural Fuco Buxán, súmase as mobilizacións convocadas polos Sindicatos e convida a participar nelas, nunha xornada de loita contra as medidas económicas e antisociais que o Goberno do Partido Popular está a levar a cabo, nun proceso de aniquilación do estado do benestar, a través da privatización dos servizos públicos, da desregularización laboral, da destrucción de emprego, de amparo á corrupción, de instrumentación da mentira como discurso permanente nun proceso acelerado de desmantelamento do estado democrático. Todas e todos, este 1º de maio, loitando polos nosos dereitos, xunto aos Sindicatos de clase, temos que saír ás rúas exixindo a REACTIVACIÓN ECONÓMICA, EMPREGO DIGNO PARA TODOS/AS, PROTECCIÓN SOCIAL E SERVIZOS PÚBLICOS DE CALIDADE, MÁIS E MELLOR DEMOCRACIA. Manifestacións en Ferrol: CCOO - UGT – USTG :   12:00 horas dende o Inferniño. CIG :   13 horas dende o seu local social en Esteiro. Roldas de Pren...

Apoio para adxudicación vivendas en Recimil, Ferrol

A Asociación Cultural FUCO BUXÁN súmase e convida a acompañar as persoas que están agardando a adxudicación dunha vivenda en Recimil, na presentación da súa demanda no Rexistro do Concello de Ferrol: Venres, 12 de abril, ás 11,30 hs. Rexistro municipal do Concello de Ferrol : Afetad@s pola desidia do goberno local de Ferrol, na adxudicación de vivendas protexidas de Recimil, reclaman unha solución SOLIDARIZATE E APOIA, ÁS PERSOAS AFECTADAS POLA DESIDIA DO GOBERNO MUNICIPAL DO PP FERROLÁN, NA ADXUDICACIÓN DAS VIVENDAS PROTEXIDAS DE RECIMIL, PARTICIPANDO ESTE VENRES 12 DE ABRIL, ÁS 11.30HS DIANTE DO CONCELLO DE FERROL. Afetad@s pola desidia da Xunta de Goberno Local de Ferrol, na adxudicación de vivendas protexidas de Recimil, reclaman unha solución a súa situación de falta de vivenda. O mércores 9 de abril, desde as 6 da tarde, tivo lugar unha Asemblea de persoas que figuran na listaxe definitiva para acceder a unha vivenda protexida de propiedade municipal do barrio d...

Rolda de Prensa de Stop-Desafiuzamentos

Desafiuzamento 5.04.2013   A Plataforma Stop-Desafiuzamentos está apoiando en todas as xestións a Ana María e aos seus fillos menores, desafiuzados hai poucos días pola imposibilidade de pagar o aluguer, xa que non ten ningún tipo de ingresos.  Grazas as xestións da Plataforma conseguíuse, tras varias promesas desatendidas do Concello de Ferrol, a hospedaxe durante 15 días e as axudas de emerxencia en tanto tramita o Risga e obten a vivenda de emerxencia solicitada. Esto sucede, mentras en Recemil existe un cento de vivendas municipais desocupadas, que o Concello négase a adxudicar e que está procedendo a tapiar. STOP-DESAFIUZAMENTOS NON ESTÁ PEDINDO DIÑEIRO POLAS CASAS : Chegou-nos un aviso que desde hai uns días, hai persoas que van pedindo diñeiro polas casas no nome de Stop-Desafiuzamentos. Mesmo onte na zona de Canido e Xoane pedían cartos  para "evitar" un desafiuzamento na Magdalena, dicían que xuntara...

A nosa solidariedade con Jorge Bravo, presidente da AUME

  A Asociación Cultural Fuco Buxán expresa a súa solidariedade coa Asociación Unificada de Militares Españois e especialmente co subtenente Jorge Bravo, sancionado cun mes e un día de privación de liberdade, por facer declaracións relacionadas con reivindicacións profesionais dos militares, no exercicio do seu cargo como Presidente desa Asociación. Declaracións que pretenden mellorar a calidade de vida das Forzas Armadas defendendo os dereitos salariais deste colectivo, denunciando o malgasto do diñeiro público en asuntos superfluos e innecesarios. Consideramos que é un novo ataque ao dereito de Asociación dentro do estamento militar e a aplicación dun réxime disciplinario obsoleto e inadecuado, nun estado democrático que debería velar porque toda a cidadanía - tamén os militares - poidan expresar e defender, con liberdade e dignidade, os seus dereitos profesionais e cidadáns. Noticia en Público Noticia Telecinco N oticia AUME

Solidariedade cas mobilizacións dos/das traballadores/as de FIMO

 A Asociación Cultural Fuco Buxán solidarízase cos traballadores e traballadoras de FIMO, apoia as súas mobilizacións e convida a toda a cidadanía a acompañarlles nas súas concentracións, en defensa da continuidade dos seus postos de traballo e os seus dereitos laborais. O persoal, que continúa traballando e esforzándose pola viabilidade da Entidade, leva xa 7 meses sen percibir o seu salario. Quenda de mobilizacións: Todos os días de lúns a venres (agás festivos), entre o 18 de marzo e o 18 de abril, de 11,00 a 12,00 horas, en FIMO. O 27 de marzo de 9,30 a 12,00 horas, no Concello de Ferrol. O 28 de marzo ás 11,45 horas na entrada de FIMO, durante a inauguración de EQUIOCIO. O Consorcio Proferias e Exposicións de Ferrol (FIMO), é unha entidade de dereito público sen ánimo de lucro,participada pola Cámara de Comercio de Ferrol (55%), e o Concello de Ferrol (45%). FIMO, é unha Entidade xurídica propia, rexida por un Consello de Administración formado por 10 memb...

DESAFIUZAMENTOS – DESAHUCIO EXPRÉS.

Xoves 21 de marzo ás 19,30 horas na Galería Sargadelos - Ferrol A Asociación Cultural Fuco Buxán comprácese en convidalo á mesa redonda - debate que leva por título: DESAFIUZAMENTOS – DESAHUCIO EXPRÉS. Qué facer. Propostas para un protocolo, na que intervirá: ÁNGEL GARMENDIA (Expresidente Xunta Persoal Admón de Xustiza – A Coruña. Excoordinador Xustiza CCOO – Galicia) Na mesa redonda debatiremos entre tod@s sobre a actuación dos afectados, sobre a importancia do traballo dos movementos sociais neste campo e tamén sobre as eventuais propostas para facer fronte ós desafiuzamentos, tendo en conta a legalidade vixente e as novas iniciativas lexislativas do goberno do PP neste ámbito. Agardando poder contar coa súa participación, reciba un cordial saúdo.   Xoves 21 de marzo ás 19,30 horas na Galería Sargadelos - Ferrol .

Ilegalidade do procedemento español de execución hipotecaria

 O Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TJUE) deu un varapalo á normativa española sobre desafiuzamentos, confirmando a ilegalidade do procedemento español de execución hipotecaria desde fai vinte anos. O TJUE, de obrigado cumprimento para os xuíces españois, pasa por encima até da normativa estatal e conclúe que se vulnera de forma clara os dereitos fundamentais das persoas afectadas e concretamente o dereito á defensa. Máis info en Rede Apoio Mútuo Ferrolterra ENCONTRO SOCIAL Conxunto de colectivos, asociacións, organizacións e persoas, unidas para enfrontarse á Estafa chamada Crise e ás políticas neoliberais, mediante propostas, denuncias, demandas e mobilizacións, e construíndo outro modelo social, baseado na complementariedade, solidariedade, reciprocidade e cooperación coa creación e mantemento dunha Rede de Apoio Mutuo. O Encontro Social de Ferrol Terra, reúnense na Asemblea de movementos, organizacións e pers...