Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro, 2016

Homenaxe póstumo a Marcos Ana

A semana pasada chegaban a Fuco Buxán as tristes novas da morte de Marcos Ana, poeta, militante do Partido Comunista, e o represaliado pola ditadura franquista que máis anos botou en prisión. Como homenaxe póstuma, decidimos poñer á vosa disposición unha serie de material que consideramos interesante, e que encabezamos co texto do artigo que lle adicaba Xesús Alonso Montero e que era publicado o pasado día 26 en La Voz de Galicia : Marcos Ana: a modo de epitafio Xesús Alonso Montero Tamén nos epitafios, ás veces, figuran uns cantos trazos biográficos. Lembro, neste momento, tan triste para min, o epitafio, no cemiterio de Mondoñedo, de Manuel Leiras Pulpeiro. Na súa campa, estes indispensables datos: «Médico e poeta (1854-1912)». E a continuación, o diamante destas palabras: «Amou a verdade e practicou o ben». Son as palabras que me gustaría pronunciar hoxe, ás cinco da tarde, en Madrid, ante o féretro de Marcos Ana: de Marcos Ana o amigo, o camarada, o compañeiro seguro, o hu

Concentración en apoio da familia de Marta Sequeiro - Luns 28 de novembro, 18:00h, Centro Cívico de Caranza

O pasado venres 25 de novembro tiña lugar ás 10:45 horas na fachada da Casa da Muller unha rolda de prensa da Concellería de Muller e Igualdade coa finalidade de apoiar aos familiares de Marta Sequeiro. A rolda de prensa estaba convocada para manifestar o malestar pola consideración que deu a Fiscalía ao crime de Marta Sequeiro como homicidio e non como asesinato, indicando que non atopara indicios de ensañamento. Por este motivo, tamén se anunciaba en dita rolda de prensa a convocatoria dunha  concentración que terá lugar o vindeiro luns 28 de novembro , ás 18:00 horas , na explanada do Centro Cívico de Caranza . Fuco Buxán súmase a esta convocatoria, e convídavos a participar na concentración para esixir xustiza neste crime.

Foro Galego de Inmigración - Inxusta e brutal expulsión express dun xoven veciño de Compostela dende hai máis de 14 anos

Compartimos con vos o comunicado que difundiu o Foro Galego de Inmigración este sábado 26 de novembro sobre a expulsión dun veciño de Santiago dende hai máis de 14 anos: FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN COMUNICADO DE PRENSA URXENTE INXUSTA E BRUTAL EXPULSIÓN EXPRESS DUN XOVEN VECIÑO DE COMPOSTELA DENDE HAI MÁIS DE 14 ANOS. O Foro Galego de Inmigración quere facer público que mañá 26 de novembro, a Polícia Nacional de Santiago de Compostela pretende expulsar a un xoven veciño da nosa cidade de orixe paraguaio. Este rapaz de 19 anos, vive coa súa nai en Santiago de Compostela dende hai máis de 14 anos. Algúns deles baixo a tútela da propia Xunta de Galicia. Unha vez perdida a súa condición de menor tutelado non conseguíu (como tantas outras persoas) unha oferta de traballo para poder regularizar a súa situación. Tivo un procedemento de expulsión que a Policia pretende convertido en Resolución firme executar xa mesmo. Detido dende o martes 22 (cremos que sobrepasa o

XIII Xornadas do Proxecto Esmelle - Sábado 26 de novembro

O Proxecto Esmelle celebra as súas xornadas anuais, e xa van pola 13ª edición, e que terán lugar o vindeiro sábado 26 de novembro no Local Social de Esmelle dende as 10:30h . Compartimos con vos o programa das mesmas: Máis información: http://valledeesmelle.com/ http://www.blogoteca.com/pesmelle/

Marcha Mundial das Mulleres: actos de celebración do 25N, Día Internacional contra a violencia machista

Este venres 25 de novembro , e conmemorando o Día Internacional contra a violencia machista , a Marcha Mundial das Mulleres de Galiza convoca unha concentración na Praza do Inferniño , ás 19:00h . Fuco Buxán estará alí, e convídate a participar neste acto que a Marcha Mundial das Mulleres está a difundir como segue: Traballamos durante todo o ano para visibilizar e denunciar as violencias machistas e transformar a sociedade para erradicalas. Este 25N queremos lanzar unha mensaxe en tempos duros nos que as violencias se multiplican: A violencia machista non ten idade: erradiquémola. E queremos lembrar tamén que a violencia machista é contra todas e que as solucións son coletivas. Este 25N, como o resto do ano, saimos ás rúas reclamar unha vida sen violencia #enMarcha #QuerémonosVivas #menunhamenos #nenunhamáis Máis información: https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza http://feminismo.info/webgalego/  

ANPAs e Sindicato de Estudiantes convocan manifestación contra a LOMCE: xoves 24 de novembro ás 12:00h

Compartimos con vos a mensaxe da convocatoria que están a facer dende a Federación Comarcal de ANPAs e o Sindicato de Estudantes dunha manifestación contra a LOMCE e as reválidas, e que sairá o xoves 24 de novembro , ás 12:00h da Praza de Amada García -fronte o edificio administrativo da Xunta, zona Praza de España-. O mesmo día, tamén terá lugar unha concentración , no mesmo lugar, ás 19:00h . Dende Fuco Buxán, solidarizámonos con estas mobilización e convidámosvos a participar nela. Estimados compañeiros/as: Desde a Federación comarcal de ANPAS e o Sindicato de Estudantes poñémonos en contacto con vós para facervos partícipes da situación do ensino público e facervos unha petición de solidariedade. Como sabedes, a comunidade educativa levamos cinco anos loitando contra os graves ataques do goberno do PP contra a educación pública, simbolizados na LOMCE e no 3+2 universitario. Eses ataques buscan degradar unha das conquistas históricas máis importantes do mo

Axuda a que o documental "Los Subversivos" -sobre o papel da ONU nas investigacións por desaparicións e torturas- vexa a luz

Gaia Audiovisuals , unha produtora de cine coa que dende 1998 se produciron documentais e películas de ficción, entre as que se achan “Game Over” -documental ganador do Premi Gaudí 2016-, ou “Neckan” -un thriller sobre os nenos roubados do franquismo, ambientado en Tetuán en 1956 e  que se estreará a principios de 2017- están actualmente no proceso de montaxe do documental “Los Subversivos” . O documental artéllase ao redor da figura de Theo van Boven – director de Dereitos Humanos da ONU entre 1977 y 1982 –, que fortaleceu desde dentro o funcionamento da ONU en relación aos Dereitos Humanos, arriscando a súa propia vida e sendo destituído do seu cargo. A partir de aí explica a evolución na investigación dos crimes contra a humanidade dalgunhas ditaduras do s.XX, centrándose en Chile, Arxentina e España. O documental amosa como neste último país hai milleiros de persoas tentando romper o silencio sobre os crimes contra a humanidade que tiveron lugar durante a ditadura Fran

Primeiro Acto "Homenaxe a unha Vida de Militancia” de EU Narón, adicado a Manola López e Ricardo Aneiros

O pasado xoves  17 de novembro tiña lugar o primeiro acto "Homenaxe a unha Vida de Militancia” , organizado por Esquerda Unida Narón , e que serviu coma sentida homenaxe a unha vida de militancia a dúas persoas históricas na loita política, social e sindical da comarca: Manuela Dolores López García - Manola - e Ricardo Aneiros Sixto . Sumándonos a esta homenaxe, estiveron presentes nel varios membros de Fuco Buxán . Para ver máis fotografías do evento, pulsa na imaxe Para quenes non coñezan a traxectoria dos homenaxeados, compartimos o discurso que o seu compañeiro de EU Narón e actual concelleiro, André Abeledo , lles brindou nese evento: “Hai mulleres e homes que loitan un día e son bos. Hai outros que loitan un ano e son mellores. Hai quen loita moitos anos, e son moi bos. Pero os hai que loitan toda a vida: eses son os imprescindibles.” ― Bertolt Brecht Este é o caso dos camaradas que imos homenaxear hoxe, un homenaxe merecido, Manola e Ricardo entregaron a s

Homenaxe a Ángeles Rivera Torres "Gelines" - Mércores 23 de novembro, 20h, Ateneo Ferrolán

Este mércores 23 de novembro , ás 20:00 h , Fuco Buxán organiza unha homenaxe á nosa compañeira Ángeles Rivera Torres "Gelines" no Ateneo Ferrolán . Gelines naceu en Ferrol Vello en 1938, no seo dunha familia traballadora e de esquerdas. Entrou a traballar na PYSBE con tan so 14 anos, e pronto liderou a loita por mellorar o salario e as duras condicións laborais na factoría. Detida e xulgada no TOP -Tribunal de Orde Pública-, padeceu o rigor dos cárceres da ditadura. Máis tarde coñecería a emigración, e a separación da súa familia. Hoxe día continúa sendo partícipe desa cultura da solidariedade, estando presente en tódolos movementos sociais na procura dunha sociedade mellor. É por isto que os seus compañeiros e compañeiras de Fuco Buxán convidámosvos a asistir a este acto que servirá como sinxelo recoñecemento a unha vida de compromiso.

STOP Desafiuzamentos Coruña - Un xuíz da Coruña decide que o mellor para unha afectada é que a desafiucen

Compartimos a seguinte nota de prensa de STOP Desafiuzamentos Coruña e a convocatoria de concentración diante da Audiencia Provincial da Coruña que terá lugar este venres 18 de novembro, ás 12:00h . Dende aquí, a nosa solidaridade coas persoas afectadas por un procedemento de desafiuzamento e pola reclamación dunha solución xusta e acorde coa legalidade europea. UN XUÍZ DE A CORUÑA DECIDE QUE O MELLOR PARA UNHA AFECTADA E QUE A DESAFIÚCEN A Coruña, 17 de Novembro de 2016. Este venres, 18 de Novembro ás 12:00h concentrarémonos diante da Audiencia Provincial de A Coruña. O titular do xulgado de primeira instancia número 11 de A Coruña, ditou sentenza no caso da nosa compañeira Sandra, declarando que o mellor para ela é que a desafiúcen, saltándose así toda a doutrina do TXUE , que é de obrigado cumprimento para os Estados membros. A pesares de que a doutrina do Tribunal de Xusticia da Unión Europea di que a cláusula de Vencemento Anticipado, que permite as entidades finan

18 novembro, 19:30h, Sargadelos - Mesa redonda "Desmontando a LOMCE"

Temos o pracer de anunciar que a Área de Xuventude de Fuco Buxán organiza o vindeiro venres 18 de novembro , ás 19:30h , na Galería Sargadelos , unha mesa redonda baixo o título "Desmontando a LOMCE - proposta de un modelo educativo baseado na selección, segregación e desigualdade" , na que participarán Javier Sánchez -presidente da Federación Galega de ANPAs-, Jurjo Torres -Catedrático de Universidad de Didáctica y Organización Escolar na Faculdade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña-, e Francisco Fernandez -portavoz del Sindicato de Estudiantes de Ferrol-. *Imaxe do cartaz por cortesía de Antía DC -Fotografía- Non é unha nova lei o que a sociedade española demanda, senón políticas que melloren a educación, políticas que se pacten coa comunidade escolar, coas distintas forzas sociais e cos partidos políticos. Esta lei: Entende a educación como unha carreira de obstáculos salpicada de probas externas e reválidas que pecharán o paso a persoas

Inauguración da exposición "Quessada e o seu tempo" - Venres 19 de novembro, 19h

Temos o grandísimo pracer de convidarte á inauguración da exposición "Quessada e o seu tempo" que organizamos en conxunto coa Fundación Xaime Quessada Blanco e o Concello de Ferrol dentro dos actos realizados para a celebración do Ano Quessada . A inauguración terá lugar este venres 18 de novembro de 2016, ás 19:00h no Centro Torrente Ballester . Este xoves 17 de novembro, ás 12:00, no Concello de Ferrol terá lugar unha rolda de prensa na que se anunciará este acto de xeito oficial. O Ano Quessada do Concello de Ferrol comenzaba o pasado 2 de marzo coa apertura ao público da montaxe no Auditorio de Caranza de dous inmensos murais de Xaime Quessada Porto (Ourense 1937-2007), un dos artistas plásticos galegos con mais proxección internacional. Desde entón, locen nas paredes do recibidor e no primeiro andar deste contedor cultural da cidade, logo de moitos anos ocultos e mesmo desterrados, como parte do patrimonio artístico municipal para o desfrute colec

AGAVIDA - Venres 18 de novembro, 9:30 - 19:00 : Xornada "Amianto: efectos, normativa e dereitos"

Compartimos con vos a invitación que nos fai chegar AGAVIDA para participar nas xornadas que organiza este vindeiro venres 18 de novembro : Os membros da Xunta Directiva de AGAVIDA , queremolos invitar a Xornada, sobre o Amianto que se celebrará no restaurante Illas Gabeiras , o vindeiro día 18 de novembro de 2016 , co título: AMIANTO, EFECTOS, NORMATIVAS E DEREITOS Axuntamos p rograma de actos : Por motivo de organización rogamos nos confirmen asistencia a maior brevedade posible. Reciban UN CORDIAL SAÚDO Xunta Directiva

Xornadas contra a violencia de xénero - 16 e 17 de novembro, 19:30h

Compartimos esta invitación que nos fan chegar da Asociación de Mulleres do Barrio de Caranza e a Asociación cultural e artística Ti e máis eu Teatro a propósito dunhas xornadas contra a violencia de xénero que organizan os vindeiros mércores 16 e xoves 17 de novembro , a partires das 19:30h no Centro Cívico de Caranza : A Asociación de Mulleres do Barrio de Caranza e Asociación Cultural e Artística Ti e máis Eu Teatro estamos a traballar na preparación dunhas xornadas contra a violencia de xénero . Con estes actos queremos lembrar un problema social contra o que debemos loitar cada día. Non só polo dereito á vida e o respecto que merece cada persoa e, neste caso, as mulleres; senón tamén polas fillas e fillos que sofren as consecuencias da VIOLENCIA DE XÉNERO. Ser MULLER supón ás veces un risco no noso país, e en moitas outras nacións a anulación total como persoa. Por iso gustaríanos contar coa túa presenza os días 16 e 17 de Novembro a partires das 19:30 h . no Centr

Mostra "Cinema e Sociedades 2016" - Mércores 16 de novembro, 19h : Empoderamento da Muller

Compartimos unha semana máis información dos actos relativos á Mostra "Cinema e Sociedade 2016" que están a ter lugar no Ateneo Ferrolán . Esta semana, o mércores 16 de novembro ás 19h estará centrado no empoderamento da Muller e durante o cal se realizará un recital de poesía

Rádio FilispiM - Venres 11 de novembro : Estrea do Documentário "10 anos de Rádio Livre e Comunitária"

A Radio FilispiM, 93.9FM estrea este venres 11 de novembro , ás 20:30h , no Ateneo Ferrolán , o documental "10 anos de radio libre e comunitaria" , e como non podía ser doutro xeito, compartimos a invitación a este evento: A estrea do documental sobre os 10 anos da Rádio Livre e Comunitária da Terra de Trasancos , Rádio FilispiM, que se estreará o Venres 11 de Novembro de 2016 às 20:30h. no Ateneo Ferrolán . Queremos agradecer ao equipo que desinteresadamente, con agarimo e profesionalidade crearon este documental: Juanpa Ameneiros , Xende Lôpes e Óscar Quant . Un traballo fantástico! ao Ateneo Ferrolán por acollernos dende o principio e á A.C. Fuco Buxán por facilitarnos o noso local, a ese feixe de músicos, artistas e persoas en xeral que colaboraron xenerosamente connosco e nos prestaron axuda cando a necesitamos, a quen colabora dalgún xeito coa radio: facendo programas, escoitando, divulgando, como socias ou socios colaboradores, mercando materi

Comunicado do Sindicato de Estudantes chamando a mobilizarse o 24 de novembro

Compartimos o comunicado que nos chega dende o Sindicato de Estudantes, no que se fai un chamamento a mobilizarse o vindeiro 24 de novembro contra a LOMCE e as reválidas: Carta aberta do Sindicato de Estudantes ÁS NAIS E PAIS, ÁS ANPAS E Á FEDERACIÓN DE ANPAS DE FERROLTERRA Os anos de goberno do PP están sendo un auténtico pesadelo para o ensino público. Recortes nos orzamentos, despedimento de milleiros de profesores, leis reaccionarias (LOMCE) e medidas regresivas. O último exemplo témolo coas reválidas, aprobadas por un decreto do goberno en funcións de Rajoy a finais de xullo; ata nas formas se parecen ó franquismo. Pero estes anos tamén viron unha intensa mobilización da comunidade educativa en defensa dun ensino público de calidade. De feito, esa mobilización conseguiu acabar cun ministro odioso como Wert. A última proba da utilidade da mobilización vímola o 26 de outubro, na folga estudantil en Secundaria e a folga de pais e nais en todos os niveis educativos convoc

Centro Social A Comuna (A Coruña) - 10 novembro, 20h : charla sobre a planta de Reganosa na Ría de Ferrol

 Compartimos o anuncio que fan dende o Centro Social A Comuna da Coruña dunha charla que terá lugar o xoves 10 de novembro no seu local por parte do Comité Cidadán de Emerxencia . A Comuna acolle unha charla sobre a planta de Reganosa na Ría de Ferrol O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol falará sobre a ilegalidade, perigosidade e impacto desta instalación A Coruña, 9 de Novembro de 2016 – Cada gaseiro que entra no estuario ferrolán é recibido cunha concentración do Comité Cidadán de Emerxencia da Ría de Ferrol, colectivo que afirma que o caso de Reganosa é un dos exemplos máis claros das peores prácticas políticas e económicas que sufriu o país nos últimos anos e das súas consecuencias. Co motivo de que non se repita e se difunda esta loita, a agrupación acudirá ao Centro Social Autoxestionado A Comuna para explicar esta problemática a partires das 20.00 horas.   Esta plataforma afirma que a instalación da planta de Gas Natural Licuado (GNL) de R

Mostra "Cinema e Sociedade 2016" - Xoves 10 de novembro, 19h : explotación da infancia

Compartimos unha semana máis información dos actos relativos á Mostra "Cinema e Sociedade 2016" que están a ter lugar no Ateneo Ferrolán . Esta semana, o xoves 10 de novembro ás 19h estarán centrados na explotación da infancia :  

ASC Muíño do Vento - Xoves 10 de novembro: conferencia "O XORNALISMO GALEGO, Breve percorrido histórico"

Compartimos a seguinte invitación da A.S.C Muíño do Vento de Canido: A Directiva da ASC Muíño do Vento-Canido comprácese en convidar á conferencia " O XORNALISMO GALEGO, Breve percorrido histórico" que o vindeiro xoves 10 , ás 20 horas , no Centro Cívico de Canido , impartirá o profesor Xosé María Dobarro e presentará o xornalista Germán Castro .   Esperando sexa de interese,reciba un saúdo. ASC MUÍÑO DO VENTO-CANIDO.

Ciclo "Democracia e Compromiso" - Vídeos da conferencia de José Antonio Martín Pallín do pasado 04/11/2016

Para aquelas persoas que non puideran asistir, compartimos os vídeos coa conferencia íntegra que protagonizaba José Antonio Martín Pallín o pasado 4 de novembro baixo o título "A globalización, causa da corrupción?" e dentro do Ciclo "Democracia e Compromiso" .   Parte I : https://www.youtube.com/watch?v=jOMeWyyr0Vs Parte II : https://www.youtube.com/watch?v=ieiMksU6MnA  Parte III : https://www.youtube.com/watch?v=mUmMiuGJkNM Podedes atopar estes e outros vídeos na nosa canle de Youtube , e concretamente na lista de reproducción do Ciclo "Democracia e Compromiso" .

Memoria histórica: agardando o enterro de Vicente Peña Tarrasa

En próximas datas será dignamente soterrado en Ferrol o noso conveciño Vicente Peña Tarrasa , Condestable da Mariña Republicana e membro da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia . A súa semblanza, escrita pola súa filla Antía, está recollida en “RETALLOS DA MEMORIA” publicada no 2007, pola ASOCIACIÓN MEMORIA HISTÓRICA DEMOCRÁTICA . https://archive.org/stream/retallos-memoria-1/retallos_01_08_antia_pena_diaz#page/n0/mode/2up A pasada semana a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica procedeu a exhumación dos seus restos e os doutros tres compañeiros soterrados no Cemiterio de Páramos en 1949 e estánse a realizar as probas de identificación na Universidade de León (Campus de Ponferrada), rematados estes trámites, os restos serán entregados as súas familias. Vicente Peña (Comisario Político), José Mª Castelo Mosquera “Doctor” (Xefe do Destacamento) Manuel Pena Camino, Carmen Temprano Salorio e Manuel Ramiro Souto, membros do Destacamento “Manolito

REGANOSA: grave infracción de seguridade

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, denuncia unha nova infracción de REGANOSA , un novo incumplimento da Normativa de Seguridade, que establece que non poden atracar simultaneamente buques na Planta de Gas a menos de 200 metros. O día 5 de novembro, a escasa distancia do Gaseiro METHANE PRINCESS que efectúa a descarga de Gas Natural Licuado, está atracado o buque de productos químicos BOMAR CERES. Ubicación do buque METHANE PRINCESS Ubicación do buque BOMAR CERES Isto sucede nunha planta de Gas, ilegal e perigosa ubicada ao pé das nosas vidas e co potencial multiplicador da Planta Forestal del Atlántico. PLANTA DE GAS : PECHE XÁ ! Máis información: http://www.comitecidadan.org

Tupamaros e cine: da loita armada á presidencia. 30ª edición Cineuropa en Santiago de Compostela

Compartimos a seguinte mensaxe que nos chega do Consulado de Uruguay en Galicia , convidándonos a asistir á proxección de películas na 30ª edición de Cineuropa relacionadas co Movimiento de Liberación Nacional - Tupamaros . En el marco de la 30 edición del Festival Cineuropa en Santiago de Compostela se presentará una muestra de cine dedicada al Movimiento de Liberación Nacional- Tupamaros. Las películas que componen este ciclo son: El círculo (2008) de Aldo Garay y José Pedro Carlo, Siete instantes (2010) de Diana Cardozo, El Almanaque (2012) de José Pedro Charlo, Memorias de mujeres (2005) de Virginia Martínez, Estado de Sitio (1973) de Costa-Gavras y Mujica: el Presidente (2016) de Heidi Specogna. Los horarios y salas podrán consultarse en la web del festival www.cineuropa.gal Las entradas costarán 4 euros, pudiendose adquirir un abono de 10 películas a 30 euros. Atentos Saludos.  Consulado del Uruguay en Galicia.

ADEGA - Sábado 5 de novembro: Mesa sobre transporte público

Compartimos a invitación que nos fai chegar ADEGA Ferrolterra sobre unha mesa sobre transporte público que celebrarán esta fin de semana: Estimado colectivo simpatizante:  Este sábado 5 de Novembro esta delegación vai desenvolver un acto consistente em montar unha mesa informativa, pra falar coa cidadanía da necesidade, ventaxas e beneficios de usar o transporte público e meios de movilidade nom contaminantes como é a bicicleta, no noso día a día pra ir deixando aparcado o carro privado. Será entre as 11.30-13h na Praza de Armas ao lado das escaleiras do concello de Ferrol. Convidamos vos a que pasedes por ali e asi poderemos coñecervos e INTERCAMBIAR IMPRESIÓNS SOBRE ESTE TEMA O OUTROS QUE SEXAN DA VOSA PREOCUPACIÓN ECOLÓXICA Sen máis recibe unha forte aperta ecoloxista Miguel Anjo (secretario Adega-Ferrolterra) adegatrasancos@adega.gal   ADEGA (Asociación pola Defensa Ecolóxica de Galiza)  Delegación de Ferrolterra  Apartado de Correos 481, C.P.: 15480 - Ferrol ASÓC

Ciclo Democracia e Compromiso - Venres 4 de novembro, 20h, Jose Antonio Martín Pallín - A Globalización ¿causa da corrupción?

O vindeiro venres 4 de novembro , ás 20:00h , no Centro Cultural Carvalho Calero de Ferrol reiniciamos o noso Ciclo "Democracia e Compromiso" coa presenza do ex-fiscal de Maxistrado emérito do Tribunal Supremo Jose Antonio Martín Pallín , que protagonizará a conferencia "A Globalización ¿causa da corrupción?" José Antonio Martín Pallín (A Coruña, 1936), destacado xurista coñecido pola súa insubornable independencia, foi fiscal do Tribunal Supremo i é maxistrado emérito do mesmo na actualidade. Foi Presidente da Asociación pro Derechos Humanos de España , Presidente tamén da Unión Progresista de Fiscais e Portavoz de Jueces para la Democracia . Membro de varias organizacións de xuristas, colabora con Amnistía Internacional e coa Comisión Internacional de Juristas en misións de investigación sobre Dereitos Humanos en Latinoamérica e Palestina. Foi galardoado có Premio Jurista 1996 da Universidade Complutense de Madrid e tamén có Premio Nacional de Derei

Comité Cidadán de Emerxencia - Concentración venres 4 de novembro, 19h, por entrada do gaseiro nº 217

Compartimos unha nova convocatoria do Comité Cidadán de Emerxencia motivada pola entrada do gaseiro nº 217 na planta ilegal de REGANOSA : CONCENTRACIÓN Venres, 4 de Novembro de 2016. ás 19 horas (sete da tarde) diante do Edificio da Xunta de Galicia Praza Amada García – Ferrol Imaxe : http://www.fotothing.com/siguesbuscando/photo/b577c867119a23dc5bca17cf46bbb361/   PLANTA DE GAS: PECHE XÁ ! Máis información : https://cociudem.wordpress.com/2016/11/02/venres-4-concentracion-gaseiro-no-217/

Mostra "Cinema e Sociedade 2016" - Xoves 3 de novembro, 19h : o Alzheimer

Compartimos unha semana máis información dos actos relativos á Mostra "Cinema e Sociedade 2016" que están a ter lugar no Ateneo Ferrolán . Esta semana, o xoves 3 de novembro ás 19h estarán centrados no Alzheimer :

Comunicado sobre a Homenaxe a Camilo Nogueira o 11 de novembro en Santiago de Compostela

Dende a Asociación Cultural Fuco Buxán saudamos aos promotores da iniciativa e adherimonos á mesma. O recoñecemento de Fuco Buxán ao noso benquerido compañeiro Camilo Nogueira, pola súa longa traxectoria de compromiso a prol dos dereitos do pobo galego e das súas clases populares. Asemade, felicitámonos por seguir contando coa súa contribución a facer un mundo mais xusto, libre e igualitario. Ferrol a 02 de Novembro de 2016  Máis información:    https://www.facebook.com/groups/202695430142534/?fref=ts