Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Centro Cívico Caranza

Caranza: Comparte os teus recordos, as túas vivencias, as historias do barrio

Comparte os teus recordos, as túas vivencias, as historias do barrio "Memoria dun século" é un espazo para compartir os recordos, as vivencias, os sucesos do barrio. Unha conversa entre os veciños e veciñas para tecer a historia social. Procúrase recuperar a voz de suxeitos que tradicionalmente non tiveron presenza pública. Profundizar na perspectiva subxectiva das mulleres a través da súas historias de vida. Vincular as historias persoais cos procesos macrosociais en que se insiren. “Memoria dun século” usa a autobiografía como un testemuño social. Parte da memoria individual para traer a memoria do territorio e das xeracións pasadas. Caranza, memoria dun século Mércores 29 de marzo, 5, 19, 26 de abril, 3, 10, 24 de maio. Ás 17.00h Na Asociación Veciñal de Caranza. Centro Cívico, 2º piso, Avd. Castelao s/n Actividade gratuíta Máis información 698 157 414

Remunicipalizar Ferrol - Conferencia "Emafesa: problema ou solución?", xoves 22 de decembro, 19h

Este xoves 22 de decembro , ás 19:00h , no Centro Cívico de Caranza , a Plataforma en Defensa dos Servizos Públicos e pola Remunicipalización en Ferrol organiza un evento baixo o título "Emafesa: problema ou solución?" na que se fará unha análise en profundidade sobre as posibilidades, vantaxes e inconvintes da remunicipalización do servizo de auga e saneamento neste concello. Como protagonista destacado, contarán coa presenza de Luis Babiano , xerente de AEOPAS. Máis información: http://plataformaferrol.blogspot.com.es

Xornadas contra a violencia de xénero - 16 e 17 de novembro, 19:30h

Compartimos esta invitación que nos fan chegar da Asociación de Mulleres do Barrio de Caranza e a Asociación cultural e artística Ti e máis eu Teatro a propósito dunhas xornadas contra a violencia de xénero que organizan os vindeiros mércores 16 e xoves 17 de novembro , a partires das 19:30h no Centro Cívico de Caranza : A Asociación de Mulleres do Barrio de Caranza e Asociación Cultural e Artística Ti e máis Eu Teatro estamos a traballar na preparación dunhas xornadas contra a violencia de xénero . Con estes actos queremos lembrar un problema social contra o que debemos loitar cada día. Non só polo dereito á vida e o respecto que merece cada persoa e, neste caso, as mulleres; senón tamén polas fillas e fillos que sofren as consecuencias da VIOLENCIA DE XÉNERO. Ser MULLER supón ás veces un risco no noso país, e en moitas outras nacións a anulación total como persoa. Por iso gustaríanos contar coa túa presenza os días 16 e 17 de Novembro a partires das 19:30 h . no Centr...

Reportaxe fotográfico e Audio da Presentación do libro e Conferencia de Manuela Carmena

Reportaxe fotográfico e Audio da Presentación do libro e Conferencia de Manuela Carmena que a nosa asociación organizou dentro do Ciclo [Democracia e Compromiso] : Reportaxe Fotográfico [Fotos: A. C. Fuco Buxán]:  https://www.dropbox.com/sh/ezn362cy3ucf6b9/AADPdbHyB47_xay96G3yq58ha?dl=0 A Asociación Cultural Fuco Buxán vén de celebrar varios actos dentro do Ciclo [Democracia e Compromiso] que permitiron achegar diferentes informacións en ámbitos moi diversos e necesarios de poñer en coñecemento da sociedade ferrolá. O ciclo que pretende indagar nas claves e contribuír ao debate sobre a profunda crise sistémica na que estamos inmersos. A tal fin, convidamos e convidaremos a prestixiosos analistas que darán a súa visión dende perspectivas diversas ( dentro da nosa ideoloxía de pensamento progresista de esquerda ). Ata o de hoxe, organizamos os seguintes actos do [Ciclo Democracia e Compromiso] : • Ensino: Conferencia – Coloquio de Vicente Álvarez Areces. ...

Presentación libro e Conferencia de Manuela Carmena en Ferrol

Prezado/a Amigo/a: Dende a xunta directiva da A.C. Fuco Buxán queremos convídalo/a a asistir ao vindeiro acto que a nosa asociación organiza dentro do Ciclo [Democracia e Compromiso]: MANUELA CARMENA CASTRILLO (MADRID, 9 DE FEBREIRO DE 1944) É XURISTA, XUÍZ EMÉRITA E POLÍTICA ESPAÑOLA, ALCALDESA DE MADRID DESDE O 13 DE XUÑO DE 2015. O SÁBADO 02 DE ABRIL ÁS 12:00 HORAS NO CENTRO CÍVICO DE CARANZA FERROL . A Asociación Cultural Fuco Buxán vén de celebrar varios actos dentro do Ciclo [Democracia e Compromiso] que permitiron achegar diferentes informacións en ámbitos moi diversos e necesarios de poñer en coñecemento da sociedade ferrolá. A Asociación Cultural Fuco Buxán iniciou un ciclo que pretende indagar nas claves e contribuír ao debate sobre a profunda crise sistémica na que estamos inmersos. A tal fin, convidamos e convidaremos a prestixiosos analistas que darán a súa visión dende perspectivas diversas. Ata o de hoxe, organizamos os seguintes actos do [Ciclo Democracia e...