Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta O Idioma é a Vida

Unha grande manifestación a favor do galego percorrerá as rúas de Santiago o 17 de maio baixo o lema “o idioma é a vida”

Queremos Galego reivindicará cambios na lexislación que eviten decretazos como o do ensino ou sentenzas como a do TSXG Marcos Maceira: “Vivir en galego é un dereito, non unha concesión”   “A escasa e limitada lexislación que ampara o galego non pode ser utilizada para atacar os espazos conquistados para a lingua pola sociedade” Membros da xestora nacional da plataforma cidadá Queremos Galego, que agrupa a máis de 600 colectivos sociais de diversos ámbitos, compareceron esta mañá diante dos medios de comunicación para presentar a convocatoria de manifestación do 17 de maio, que congregará miles de persoas “mostrando, máis unha vez, que a inmensa maioría do pobo galego quere a súa lingua e accións políticas reais e efectivas apra repola e rehabilitala en todos os espazos”. O lema escollido para esta convocatoria é “O idioma é a vida” recollendo un verso do coñecido poema “A fala” de Manuel María, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas este ...