Saltar ao contido principal

Asembleas de Barrio en Ferrol

Esta fin de semana a AVV O Rosario do Inferniño remitiunos a seguinte mensaxe

Esta Asociación veciñal O Rosario-Inferniño CONVIDA e fai un chamamento aos soci@s e veciñanza para participar na ASEMBLEA de BARRIO deste LUNS-18 ás 19 horas no salón de actos do Centro Cultural Municipal CARVAHO CALERO.
Esta Asemblea de Barrio está convocada pola Concellaría de Participación Cidadá deste Concello de Ferrol en aplicación ó Regulamento de Participación Cidadá que esta asociación participou tan activamente ate a súa aprobación unánime polo pleno deste concello.
Animamos a veciñanza a participar no desenvolvemento deste barrio sobre as infraestuturas, programas sociais ou debates de carácter social.
Saúdos
- Directiva .-



Así, aproveitamos para informar que, efectivamente, as asembleas de barrio -órganos recoñecidos dentro do Regulamento de Participación Cidadá de Ferrol- empezarán a reunirse este luns 18. O calendario completo de datas está accesible nesta ligazón: http://www.ferrol.es/.../CADRO_ASEMBLEAS_1_VOLTA_2016.pdf

Segundo informa o Concello de Ferrol nunha nova (http://www.ferrol-concello.es/02-novas-ampliar.aspx?id=2975), o obxectivo destas asembleas de barrio é a renovación dos responsables das mesmas, para o cal é preciso escoller a dúas persoas que ocupen a vicepresidencia, unha a título individual e outra como representante do tecido asociativo territorial da parroquia ou barrio. Tamén habería que escoller dúas persoas para que representen a esa Asemblea no futuro Consello da Veciñanza, tal e como establece o Regulamento de Participación Cidadá. A orde do día, que será común a todas, está accesible na seguinte ligazón: http://www.ferrol.es/.../Orde_dia_asembleas_1_volta.pdf

Dende a nosa asociación tamén convidamos a toda a cidadanía a involucrarse e impulsar persoalmente o proceso de participación da cidadanía como vehículo para acadar un goberno municipal ó servizo do pobo.

Máis información en: http://www.ferrol.es/fichaProcesosParticipativos.aspx