Exposición argumentada sobre novos elementos e áreas de actuación que se deberían considerar nas políticas de igualdade.
Contexto. As políticas de igualdade comezan a institucionalizarse a través da creación de organismos que actuaban concretamente en materia de igualdade mediante plans, leis, medidas, etc., sobre xénero, a raíz dun proceso de europeización e desde unha perspectiva socialdemócrata. Con todo, co auxe da crise e o desenvolvemento das políticas neoliberales prodúcese un progresivo desmantelamento das políticas sociais e de igualdade e o retroceso para os dereitos das mulleres que isto conleva, mostran unha falta de priorización en materia de políticas sociais cando estas entran en conflito con intereses de índole económica, tanto por parte de gobernos conservadores como socialdemócratas (Lombardo e León, 2014, p. 14). Neste sentido, estanse eliminando organismos e institucións dedicadas principalmente á igualdade, e os que nos son eliminados reciben un rango inferior. Deste xeito as políticas públicas pecan dun sesgo androcéntrico co que se configurou o modelo de cidadanía europea (Castr...