Rede Apoio Mútuo Ferrolterra - Concentración de apoio a Jeide en xuizo por desafiuzamento este mércores 11 de xaneiro, ás 10:00h
Recibimos aviso da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra - STOP Desafiuzamentos de que este mércores 11 de xaneiro terá lugar en Ferrol un xuizo contra Jeide, unha veciña de Ferrolterra, que se enfronta a ser desafiuzada e expulsada do seu actual fogar sen ter unha alternativa habitacional. Por este motivo, convócase á cidadanía para realizar unha concentración fronte os xulgados de Ferrol (Rúa Coruña, 55) ás 10:00h . Tamén se convida a que aquelas persoas que poidan, acudan a ese mesmo lugar ás 8:50h para acompañar a Jeide durante o xuizo. Compartimos o comunicado: Concentración diante dos Xulgados de Ferrol ante un novo Xuízo der Desafiuzamento e para demandar alternativa residencial e denunciar o desemprego, a pobreza e a exclusión social. As plataformas Stop Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrrolterra e a PAH de Ferrol e Comarca, teñen convocado mañá mércores 11 de xaneiro, ás 10 da mañá, unha acción de proptesta e denuncia , diante do edificio dos xulgados de Fe...