Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Dictadura

Memoria Histórica: resumo de actividades da semana pasada

Compartimos con vós as imaxes da homenaxe a Amada García e aos represaliados pola Ditadura fascista, Acto Institucional do Concello de Ferrol realizado coa colaboración da Asoc. Memoria Histórica Democrática, celebrado o pasado 27 xaneiro 2017, no Castelo de San Felipe e Cemiterio de Serantes, e que podedes ver nas seguintes ligazóns: Álbums fotográficos: Álbum 1 Álbum 2 Tamén compartimos o poema de Xosé Torregrosa lido polo seu propio autor en honor a Amada García: AMADA MEMORIA Es el frío calor de enero quien nos devuelve su aroma a rosa recién cortada que se yergue y nos convoca… Sigue viva en el recuerdo, vencedora de las sombras, con un nombre hecho de Amor que resume su persona… II Amada García, la Madre, la llaman cuando la evocan… Por eso estamos aquí, en la hora de su hora, para sentirnos escritos, junto a ella, en su victoria: ayer, destinada al plomo; hoy, instalada en la gloria… Quien firmara tal sentencia, pol...

Conferencia "Neoliberalismo, a democracia asediada" (Actos 40º aniv 11-S Chile)

A nosa asociación cultural convídavos este Xoves, 19 de setembro ás 20 horas no Salón de Actos do ATENEO FERROLÁN na rúa Magdalena de Ferrol , ao marco dos actos cos que queremos conmemorar o 40º aniversario dos acontecementos do 11-S en Chile. A nosa A. C. FUCO BUXÁN comprácese en convidalo/a á conferencia-coloquio que leva por título NEOLIBERALISMO, A DEMOCRACIA ASEDIADA impartida por Omar Contreras, presidente de COSAL (Comité de Solidaridad con América Latina) e na que indagará -neste momento de grave crise económica- nas claves do golpe de Estado neoliberal contra o sistema democrático representado polo goberno presidido por Salvador Allende, establecendo claras semellanzas coa nosa situación actual caracterizada polos déficits sociais, mafiocracia e políticas inxustas e contrarias ós intereses da xente do común. Neste acto –do que podemos sacar esperanzadoras leccións- se proxectará un audiovisual sobre o golpe militar con lectura de textos a cargo de Lorena Calaza e ...

Presentación do libro "WINNIPEG" de Hixinio Puentes.

A nosa Asociación Cultural Fuco Buxán, conxuntamente co Ateneo Ferrolán organizan a presentación do libro: "WINNIPEG" de Hixinio Puentes, que terá lugar o vindeiro venres día 10 de maio ás 20:00 horas no salón de actos do Ateneo Ferrolán. Intervirán: O historiador Enrrique Barrera, a profesora Rosa Méndez, e o autor do libro Hixinio Puentes. Estades tod o s  convidados. Da web de Xerais: "Co advento das ditaduras morre a liberdade e a poesía. Así aconteceu tamén con aquel poeta chileno que fretara o Winnipeg, un dos buques da diáspora dos republicanos españois, perdedores nunha guerra fratricida. Nel van tres irmáns que deixan na vila de Cariño a súa familia masacrada pola represión. O seu delito fora artellar nos anos da república obreira o Sindicato da Industria Pesqueira e Derivados baixo o amparo da CNT. Na análise que fai Manuel Pita Armada da súa vida, os acontecementos vividos en España repítense novamente en Chile, onde Pablo Neruda e Salvador Allende ...