Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xuño, 2016

Exposición e Talleres de Artesanía no Ateneo Ferrolán

Exposición e Talleres de Artesanía que Organiza a A. C. "Camiño da Artesanía" do 2 ao 15 de xullo nas salas de exposicións do Ateneo de 10:00 horas a 14:00 horas. A inauguración terá lugar o venres día 1 de xullo ás 20 horas. Exposición e Talleres da asociación "Camiño da Artesanía" Os seus principais obxectivos son o dar a coñecer o oficio artesanal como parte de cultura, o intercambio de coñecementos entre artesáns e transmitir os coñecementos a novas persoas para divulgar a artesanía. Para iso a Asociación ten previsto actividades como impartición de talleres en centros educativos e locais sociais, exposicións dos traballos artesanais, asistencia a feiras e mercados para presentar os traballos e conferencias e charlas para dar a coñecer o oficio artesanal. Para este ano en curso as nosas actividades previstas serán: Cestería, palillos, coiro e metal para os cales se impartirán cursos avanzados e de iniciación e ademais exposicións para da...

Exposición de pinturas de Victor G. Novás en Valdoviño. Inauguración o venres 1 de xullo, 20:30h

O noso compañeiro Victor G. Novás , e o Concello de Valdoviño convídanvos á inauguración da exposición das súas obras acompañada con textos de Karlotti . Este evento terá lugar o venres 1 de xullo ás 20:30 horas nas instalacións da sala de exposicións da Casa da Cultura de Valdoviño . Esta exposición permanecerá aberta até o 18 de xullo , podéndose visitar nos seguintes horarios: De luns a venres: en horario de mañá das 9 ás 14 horas , e en horario de tarde das 20 ás 21:30 horas .   Sábados: das 12 ás 14 horas .

Xoves 30 de xuño, 20h - Badalada en prevención do suicidio na Praza de Armas, Ferrol

Esta Plataforma Defensa da Sanidade pública de Ferrolterra  facemos un chamamento a cidadanía a participar na convocatoria do  Movemento Galego da Saúde Mental, Profesionais saúde mental de Ferrolterra,     SOS Sanidade pública a unha CONCENTRACIÓN cunha BADALADA na Praza do Concello-Armas este vindeiro xoves, 30 de xuño a partir das 19,50 horas . O movemento galego de saúde mental e  SOS Sanidade pública convocan unha Mobilización cunha badalada en prevención do suicidio  este vindeiro XOVES, 30 de xuño en toda Galiza. POR UN PLAN GALEGO DE PREVENCIÓN DE SUICIDIO En Ferrol esta convocatoria será  na Praza de Armas, ás 7:50 da tarde cunha CONCENTRACIÓN e  darase a badalada  ás 8 da tarde. 1 badalada en lembranza da morte de 1 persoa cada día. 1 badalada en lembranza da morte dese mesmo día. PLAN GALEGO DE PREVENCIÓN DO SUICIDIO, XA! En Galicia morre por suicidio unha perso...

Mércores 29 de xuño, 20:00h, concentración convocada polo Comité Cidadánd de Emerxencia por entrada do gaseiro nº 212

Prevista a entrada na Ría do gaseiro cargado con GNL, nº 212 "LNG Hispania Spirit" o Comité Cidadán de Emerxencia convoca: CONCENTRACIÓN mércores, 29 de xuño, ás 20 hs, diante do Edificio da Xunta de Galicia (Praza Amada García - Ferrol) Características do buque: Nome .- LNG Hispamia Spirit, Bandeira .- España, Eslora .- 280m, Manga .- 43m, Calado .- 12.2 m, Carga ,.- 135.000m³ Aproveitamos para informar de que a revista galega CERNA , de ecoloxía e medio ambiente, publica no seu nº 75 sendos artigos relativos á Planta de Gas de REGANOSA:  O Tribunal Supremo dá a razón ao Comité de Emerxencia , de Manuel Rodríguez Carballeira, Coordinador do CCE “REGANOSA, a estratexia equivocada” de Humberto Fidalgo, membro de ADEGA-Ferrol, e do CCE. Pódese descargar a revista completa na seguinte ligazón: [PDF - Revista CERNA nº 75] PLANTA DE GAS: PECHE XÁ ! Máis información na web: www.comitecidadan.org Tamén en Twitter : ...

Mércores 29 de xuño, Actos pola Auga en Ferrol

Este mércores 29 de xuño , a Plataforma en Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización , aproveitando a visita a Galicia do xerente de AEOPAS, Luís Babiano, acordou programar en Ferrol dous actos o vindeiro mércores 29 de Xuño, onde responderá ás pregunta: Que é a remunicipalización? Porque se debe remunicipalizar? E como? Se ben ás 12:00h terá lugar no Concello de Ferrol un acto institucional, o acto principal, aberto ao público en xeral terá lugar no Ateneo Ferrolán o mércores 29 de xuño , ás 19:30h Para máis información sobre estes actos, podedes consultar a seguinte publicación na páxina web desta plataforma:  A Plataforma en Defensa dos Servizos públicos, pola Remunicipalización, aproveitando a visita a Galiza do xerente de AEOPAS, Luís Babiano, acordou programar, en Ferrol, dous actos o vindeiro mércores 29 de Xuño Aproveitamos para lembrar que hai uns días Ártabra21 anunciaba que  O Xulgado da-lle a razón ao Concello de Ferrol, ante un recurs...

Martes 28 de xuño, ven a celebrar o Día do Orgullo LGTBI coa Marcha Mundial das Mulleres

Publicamos a seguinte invitación que nos envían dende a Marcha Mundial das Mulleres: A Coordinadora Comarcal de Ferrolterrra da MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES QUEREMOS CONVIDARVOS, A PARTICIPAR NOS ACTOS PARA CONMEMORAR O DIA DO ORGULLO LGTBI QUE TERÁN LUGAR O MARTES 28 DE XUÑO  CANTÓN DE MOLINS EN FERROL  ÁS 20:00H.  Neste 28 de xuño , queremos reivindicar unha sexualidade libre de condicionamentos sociais e culturais, rachar co patriarcado e o heterosexismo que domina todos os ámbitos das nosas vidas. Esperamos, como sempre, a vosa asistencia para seguir denunciando a discriminación, exclusión, violencia, invisibilidade, acoso e rexeitamento por unha parte da sociedade e institucións afíns ao heteropatriarcado, por amar dunha maneira diferente aos canones establecidos. Mulleres en marcha ata que todas sexamos libres!! "As mulleres decidimos" Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres mmmferrolter...

Presentación do documental "Vieiros de Esperanza. Ricardo Carvalho Calero"

Publicamos a seguinte invitación que nos chega dende a A.S.C. Muíño do Vento : A Directiva da A.S.C.Muíño do Vento - Canido , comprácese en convidar a presentación do documental VIEIROS DE ESPERANZA.RICARDO CARVALHO CALERO de Antón Rodríguez Fernández , que terá lugar o vindeiro martes 28 de xuño , ás 20 horas , na Sociedade Galega de Historia Natural  (Porta de Canido) . Reciban un saúdo. Directiva A.S.C. Muíño do Vento - Canido.

O luns 27 de xuño comparecerá Reganosa perante o Xulgado de Ferrol

O Comité Cidadán de Emerxencia anuncia no artigo  Comparecencia de REGANOSA no Xulgado de Ferrol  publicado na súa web, que o próximo luns 27 , ás 9.30 h ., D. Emilio Bruquetas ( Director de Reganosa ) está convocado a declarar diante do Xulgado nº 3 de Ferrol ,  tras a denuncia presentada polo Comité Cidadán de Emerxencia, o pasado 21 de maio, contra a entrada na Ría dun gaseiro cargado con GNL para subministro e funcionamento da planta de Reganosa, logo que o Supremo declarase a planta ilegal, nas sentenzas do 29 de Marzo e 25 de Abril. Foto: Diario de Ferrol - Jorge Meis Lembramos que a semana pasada, o Comité Cidadán de Emerxencia denunciaba ante os mesmos xulgados a entrada doutro gaseiro, como explicaban no seu artigo  O CCE denuncia no Xulgado de Ferrol a próxima entrada dun gaseiro cargado de GNL

Encontro con Fernando Urruticoechea, economista e interventor xeral municipal no concello de Orihuela, este martes 21 de Xuño, ás 7 da tarde no Ateneo Ferrolán

A Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización de Ferrol estrea páxina web ( https://plataformaferrol.blogspot.com.es/ ), e faino cun artigo que nos convida a participar nun encontro con Fernando Urruticoechea, economista e interventor xeral municipal no concello de Orihuela , o martes 21 de xuño ás 19:00h , no Ateneo Ferrolán . Como xa comentaramos nunha publicación pasada ( Excelente artigo de Ártabra21 sobre a xornada aberta "Auga e Corrupción. Consecuencias da xestión privada da auga" ), Fernando Urruticoechea xa estivera en Ferrol o pasado 13 de maio explicando a grande cantidade de posibilidades das que se dispoñían para remunicipalizar servizos públicos nunha conferencia que levaba o título de "Auga e Corrupción. Consecuencias da xestión privada da auga" Nesta ocasión, o acto estará centrado na problemática da nosa cidade en canto ao contrato eléctrico, a xestión do lixo e da auga. Prégase máxima difusión! Para máis info...

Lúns 20 de xuño, 20:00h - CONCENTRACIÓN entrada gaseiro nº 211

Onte, membros do Comité Cidadán de Emerxencia nos alertaban de que O gaseiro Castillo de Villaba estaba pasando neses momentos o estreito de Gibraltar, e que había un par de días que pechara o sistema de localización cando estaba á altura de Bugía ou Bajaïa (Argelia), ainda que nese momento estaba conectado. Ao parecer, ten prevista a chegada a Ferrol ás 01.36 do domingo día 19 de xuño. Por este motivo, publican o seguinte anuncio: Prevista a entrada do Gaseiro “Castillo de Villalba” (o nº 211) cargando GNL para REGANOSA, o Comité Cidadán de Emerxencia, convoca: CONCENTRACIÓN Lúns, 20 de xuño , ás 20 hs diante do Edificio da Xunta de Galicia ( Praza Amada García – Ferrol ) PLANTA DE GAS: PECHE XÁ ! Máis información na web: www.comitecidadan.org Tamén en Twitter : @ComitCEmerxenc Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol comitecidadan@gmail.com Para axudas económicas: C.c. en Banco Santander, titular: Luz Marina Torrente e outros ...

Este domingo 19 de xuño, ás 12:00h, en Ferrol, manifestación da Rede en Apoio ás Persoas Refuxiadas

Dende a Plataforma Comarcal de Ferrolterra da Rede Galega Apoio ás Persoas Refuxiadas chamamos á participación na manifestación convocada para o día 19 de xuño ás 12:00h . A saída terá lugar da Praza de Amada García (fronte o Edificio da Xunta, zona Praza de España), rematando na Praza do Cantón. No seguinte artigo do Foro Galego de Inmigración de Ferrolterra , danse máis detalles sobre os motivos desta mobilización:  19 de xuño, 12:00h - Manifestación da Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas - Ferrol Como participantes na Rede en Apoio ás Persoas Refuxiadas de Ferrolterra, a nosa asociación convídavos a participar nesta mobilización para que se tomen as medidas necesarias para poñer fin aos conflictos que provocan esta crise, e garantizar o tránsito seguro e o cumplimento da lexislación en materia de Dereitos Humanos. Para máis información: Revisa á web da CGONGD: www.galiciasolidaria.org ou @cgongd Web da Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas: www.reder...

Información sobre a última reunión da Plataforma SOS Sanidade Pública

O pasado 6 de xuño tiña lugar en Santiago de Compostela unha reunión da Plataforma SOS Sanidade Pública. A acta desta reunión pódese consultar na seguinte ligazón [Ver acta] , na que se acordan cuestións como as seguintes: Apoiar a campaña de sensibilización social e promovida polo  Movemento Galego de Saúde Mental (MGSM) "Badaladas en Prevención do Suicidio" na que participan representantes de diferentes colectivos sociais na porta da Catedral de Santiago Apoiar a mobilización que terá lugar o 22 de xuño na contorna do Hospital Meixoeiro Realización de mobilizacións en tódolos hospitais e centros de saúde de Galicia para protestar contra o peche de camas e de recursos en centros de Atención Primaria durante o verán : respecto a este punto, comparten un documento explicativo sobre esta cuestión que se pode ver na seguinte ligazón [Ver documento] Solicitar a todos os Concellos gobernados por forzas progresistas a constitución de Comisións Sanitarias de Participación ...

Xoves 16 de xuño, ás 10:10h, roteiro sobre Carvalho Calero en Ferrol

Dende a Comisión Letras Galegas Carvalho Calero 2017 envíannos este comunicado: Na xornada de mañá -xoves 16 de xuño- ás 10:10 terá lugar un roteiro en torno á figura de Ricardo Carvalho Calero, no marco dos actos organizados reclamando que se lle adique a Don Ricardo o día das Letras Galegas  no 2017. No documento anexo vai o percurso e os demais dados:   [PDF - Roteiro]

Máis novas do Comité Cidadán de Emerxencia

Chégannos novas interesantes dende o Comité Cidadán de Emerxencia sobre a situación de Reganosa. Nun artigo publicado onte anunciaban que  O Supremo desestima o recurso de Reganosa e confirma a nulidade da Autorización de funcionamento , publicando tamén o  Texto completo do Acordo do Supremo  que relata os motivos da denegación. Ademáis, publican na súa páxina web unha  Entrevista, sobre as corruptelas de REGANOSA, ao Coordinador do CCE en Radio Hala Bedi de Vitoria-Gasteiz Seguiremos informando!

O Comité Cidadán de Emerxencia solicita ante Industria a nulidade do procedemento de autorización do goberno en funcións a Reganosa

Acabamos de recibir este comunicado dende o Comité Cidadán de Emerxencia no que informan da presentación dun escrito de alegacións ante o Ministerio de Industria solicitando a nulidade do procedemento de autorización de actividade a Reganosa. Podedes acceder a él na seguinte ligazón:  Alegacións presentadas á nova Solicitude de Autorización Administrativa e Proxecto de Execución de REGANOSA

Resumo de novas do Comité Cidadán de Emerxencia: acto do 2 de xuño, X Marcha a Pé, e máis

O Comité Cidadán de Emerxencia ven de publicar unha boa cantidade de información que resumimos a continuación. Comezaremos co acto do pasado 2 de xuño de celebración das sentenzas do Tribunal Supremo: a semana pasada publicaba unha nova sobre o  Éxito do acto de celebración das sentenzas do Tribunal Supremo contra Reganosa , e onte mesmo colgaba na súa web un artigo co  Audio e Fotos do Acto celebrado o pasado 2 de xuño . Respecto á X Marcha a Pé Ferrol-Mugardos, tamén publicaba hai uns días o artigo  Así foi a X Marcha a Pé , e posteriormente  Máis fotos da X Marcha a Pé Ferrol-Mugardos . En canto a outros temas, tamén se fixeron eco da  Denuncia-pregunta de Lidia Senra ante a Comisión Europea , así como dunha extensa e pormenorizada  Entrevista a Patricia Gabeiras en Praza Pública . Ademáis, tamén nos facemos eco da nova do Diario de Ferrol na que relatan cómo  El Congreso rechaza discutir la decisión del PP sobre la lic...

A nosa compañeira Lucía Vizoso, entrevistada en "Espacio Abierto" de TV Ferrol

Como xa anunciaramos [ver nova] , o pasado día 4 de xuño tiveron lugar no Centro Cultural Carvalho Calero as xornadas "A problemática da contaminación do medio mariño nas pescas e o marisqueo da UE" , promovidas por GUE/NGL , o Grupo Europarlamentario de Esquerda Unitaria de Europa - Esquerda Verde Nórdica, do que forma parte AGE. Nelas, participou a nosa compañeira Lucía Vizoso como moderadora e presentadora, motivo polo cal foi entrevistada no programa "Espacio Abierto" de Televisión de Ferrol . Para aquelas persoas que non o puideran ver en directo o pasado venres 10 de xuño, deixamos aquí o vídeo: https://www.youtube.com/embed/hZx1gTIGvjg Aproveitamos tamén para deixar tamén o vídeo dunha entrevista que emitiu o mesmo programa días antes, e polo mesmo motivo, a Lidia Senra, que tamén participou nas mesmas xornadas: https://www.youtube.com/embed/ic1rYXnzp0I

Ciclo Democracia e Compromiso - PENSIONS: o saqueo do PP á caixa única - MÉRCORES 8 de XUÑO

Estás próximo a recibir a túa pensión de xubilación? Estás a traballar dúramente coa esperanza de poder recibir unha pensión decente unha vez cumplida a túa parte do trato? Sabes cómo está actualmente a caixa única das pensións? Qué pensas das novas que anuncian que está en perigo? Para despexar tódalas vosas dúbidas, comprácenos anunciar o próximo acto dentro do noso Ciclo Democracia e Compromiso , que terá lugar o MÉRCORES 8 de xuño , ás 19:30h no Centro Cultural Carvalho Calero , e que leva por título PENSIÓNS: O saqueo do PP á caixa única.  Nel contaremos coa presenza de Hector Maravall , avogado laboralista e asesor na Confederación Sindical de CCOO. Agardamos a vosa presenza!  Agradécese a difusión deste acto

Comunicado da "Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos, pola Municipalización" de Ferrol. Rolda de prensa mércores 8 de xuño, 12:00h en Sargadelos

Compartimos este comunicado que nos achegan dende a Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos, pola Municipalización de Ferrol Mediante este escrito queremos lembrarche a convocatoria da Rolda de Prensa deste Mércores 8 de Xuño , ás 12:00h do mediodía, na Galería Sargadelos de Ferrol , sobre o chamado Contrato Eléctrico no Concello de Ferrol . Na Rolda de Prensa fixaremos a posición sobre o mencionado "Contrato Eléctrico", presentaremos a Plataforma, o porque da súa constitución, os seus obxectivos e a folla de ruta que nos marcamos.  Dicir que en Ferrol, veciñas e veciños organizados no tecido asociativo da cidade, e mesmo en representación de entidades e colectivos da mesma, ante o cariz que está tomando o desenvolvemento da actividade política municipal, e as dubidas -ou mesmo renuncias- para levar adiante un programa minimamente transformador, e enfrontar-se ao poder político e económico que pretende impoñer un programa neoliberal que o pobo de Ferrol derro...

Concentración en solidariedade con Laura Bugallo

O Foro Galego de Inmigración convoca o martes día 7 de xuño ás 9:00 h (na porta dos Xulgados de Fontiñas , en Santiago de Compostela , Rúa Viena), unha Concentración en Solidariedade coa grande activista social Laura Bugallo para solicitar a ABSOLUCIÓN definitiva da nosa compañeira (que ten o xuizo ese día e a esa hora ) por axudar a persoas inmigrantes en situación de irregularidade administrativa . Ás 11:00h faremos lectura pública dun Manifesto de apoio á nosa compañeira. PREGAMOSVOS FAGADES A MÁXIMA DIFUSIÓN POSIBLE DESTE ACTO DE APOIO A NOSA COMPAÑEIRA. Foro Galego de Inmigración Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 - Santiago de Compostela foroinmigracionsantiago@yahoo.es - 981-576 142 www.forogi.wordpress.com

Hoxe sábado 4 de Xuño, en Ferrol, van ter lugar dous importantes eventos: a X Marcha a Pé Ferrol- Mugardos en protesta polo despropósito gasista de Reganosa e unha interesante xornada sobre contaminación do medio mariño nas pescas e o marisqueo

Hoxe sábado 4 de Xuño, en Ferrol, van ter lugar dous importantes eventos: Xa pola mañá, desde ás 10:30hs e continuando pola tarde ás 16:00hs, na fin de semana do Día Mundial do medio ambiente,  máis dunha decena de relatores analizarán en Ferrol a situación na Galiza e na UE da problemática da contaminación do medio mariño nas pescas e o marisqueo , e como protagonista a nosa Ría, baixo o título:  "A problemática da contaminación do medio mariño nas pescas e o marisqueo da Unión Europea (UE)" . Unha Xornada de análise e debate sobre a situación do medio mariño convocada polo GUE/NGL e coordenada por AGEe . |  Baixar/Acceder  ao Programa. |  + info en Ártabra 21 .   E pola tarde, ás 17:00hs, a  X Marcha a Pé entre Ferrol e Mugardos , 15 quilómetros de dignidade, despois de anos de loita e tres Sentenzas firmes do Tribunal Supremo, polo cese da actividade e desmantelamento de Reganosa, en defensa da Ría, a nosa segu...

Ciclo Democracia e Compromiso - TTIP: ataque á Europa Social. A democracia secuestrada - 3/06/2016

Comprácenos anunciar o próximo acto dentro do noso Ciclo Democracia e Compromiso , que terá lugar o VENRES 3 de xuño , ás 19:30h no Ateneo Ferrolán . Nel contaremos coa presenza de Xabier Benito , Eurodiputado de Podemos.

Máis reaccións sobre a decisión do goberno en funcións de eximir a Reganosa da obriga de realizar a evaluación de impacto ambiental

O Comité Cidadán de Emerxencia acaba de publicar dous novos artigos referentes a reaccións fronte a decisión do goberno en funcións de liberar a Reganosa da obriga de realizar a evaluación de impacto ambiental: O PSdeG – PSOE de Ferrol pide que se cumpla a Lei respecto a REGANOSA Los Diputados de EnMarea contra el acuerdo de Gobierno sobre REGANOSA Una vez máis, lembramos que o xoves 2 de xuño terá lugar no Centro Cultural Carvalho Calero , ás 19:00h un acto do Comité Cidadán de Emerxencia para analizar e celebrar as sentenzas do Tribunal Supremo contra Reganosa que desencadearon esta reacción do goberno. Precisamos da vosa asistencia para demostrarlles que agora, máis que nunca, temos a razón.  A ría é nosa, e non de Reganosa! Planta de gas, peche XA!

Comité Cidadán de Emerxencia - Acto Musical, poético e de celebración das Sentencias do Supremo, e X Marcha a Pé Ferrol-Mugardos

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convida a toda a cidadanía, a o Acto que, co lema: “O SUPREMO XA FALOU.  QUEIRAN OU NON DÉRONNOS A RAZÓN” , vaise celebrar o Xoves, 2 de xuño, ás 7 da tarde Centro Cívico Carvalho Calero* Praza do Inferniño – Ferrol *IMPORTANTE: La Voz de Galicia difundiu ¿por erro? que este acto tería lugar noutro sitio. Insistimos en que se celebrará no CENTRO CÍVICO CARVALHO CALERO Será un acto musical e poético, con intervencións en apoio á loita contra REGANOSA, ao que asistirá a abogada do CCE Patricia Gabeiras, e ao que están confirmando a súa participación numerosas Asociacións, Entidades e persoas vinculadas de sempre á defensa da legalidade, da Ría e da Vida. X Marcha a Pé Ferrol-Mugardos O sábado 4 de xuño terá lugar a X Marcha a Pé Ferrol-Mugardos , que se iniciará ás 17 hs no Parque Carmelo Teixeiro de Caranza e rematará no Local da A.VV. “O Cruceiro” de Mehá . Desde o CCE agradécese part...

Mércores 1 de xuño: reunión da Plataforma pola Remunicipalización dos Servizos Públicos de Ferrolterra

O pasado martes 24 constituíase en Ferrol unha iniciativa cidadá que pretende parar o Contrato Eléctrico que tramita o Concello de Ferrol, e que se daba a coñecer nun comunicado que difundía Ártabra 21 , e que reproducimos a continuación: http://artabra21.blogspot.com.es/2016/05/constituida-en-ferrol-unha-iniciativa.html Onte, martes 24 de maio, celebrouse unha asemblea Cidadá onde participaron activistas de distintos ámbitos reivindicativos da nosa cidade. Reuniuse ante a alarma xerada, polo anuncio da concesión do Contrato Eléctrico por parte do Concello de Ferrol. Un contrato de 15 anos, que vai outorgar máis de 41 millos de euros das arcas municipais, a unha Unión Temporal de Empresas (UTE), composta pola empresa local (SEFCON) que administra Borja Silveira Rey, e a multinacional Fomento de Construciónes e Contratas (FCC). Esta asemblea considerou que este contrato, ademais de ser ilegal no seu procedemento, segundo distintos técnicos consultados, que fan traballo de aseso...