Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Persoalidades transición

Presentación "Biografias Obreiras de Ferrol"

Hoxe, organizado pola U.C. de CCOO de Ferrol e a Fundación 10 de Marzo, preséntase o libro “Biografías Obreiras de Ferrol – II” , entrevistas e testemuñas de ferrolás e ferroláns que loitaron pola defensa da dignidade e a conquista dos dereitos e liberdades para toda a cidadanía. Neste segundo libro que se presenta, entre moitos/as amigos/as e compañeiros/as, estarán os nosos socios/as : Bernardo Bastida Sixto, Gelines Rivera Torres, José Manuel Díaz Montero, José Torregrosa Rodríguez, José Villar Vergara e Regino Varela Martínez. A todos e a todas, desde a Asociación Cultural Fuco Buxán, os nosos parabéns e tamén aos responsables da publicación e da homenaxe. Acto da presentación: xoves 4 de xullo,  ás 18,30 horas,  na Fundación Novacaixagalicia,  Cantón Ferrol. Entrada libre. Artigo no Diario deFerrol