De
fucobuxan
O venres, 22 de abril, haberá contacontos para nenos da man de Helga Méndez e a súa "Palabra de sombreiro". A entrada é de balde e o inicio está marcado para as 19.00horas. O día 23 de abril, chega a xa tradicional cea comemorativa do "25 de abril" organizada un ano máis Fundaçom Artábria xunto a Asociación Cultural O Beco da Lingua. A ementa constará de entradas varias, arroz caldoso, viño minhoto e sobremesa. Terá un custo de 15 euros, 12 euros para sóci@s da Fundaçom Artábria e do Beco da Lingua. Tras a cea, aproximadamente ás 23.30h, e con entrada libre, Eugenia Sanmartim e Sergio Galego levarán músicas do Brasil e outras terras para fechar esta xornada lusófona. 29 de abril, venres, decorrerá a apresentación da nova edición galega da obra de V.I. Lenine "O Imperialismo, fase superior do capitalismo" publicada polo Diario Liberdade coincidindo co 1º Centenario da súa elaboración. A presentación será a cargo do historiador Carlos Velasco e de Maurício Castro, do Colectivo Editor do Diario Liberdade. Fechamos o mes de abril con música. Será o sábado 30 ás 23horas, cando os locais Weather Underground presenten o seu primeiro disco. A entrada é de balde.
-- Travessa de Batalhons nº7 Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone: +34 981 35 29 86
www.artabria.net
Segue-nos em twitter @fartabria e em facebook!
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións