Asociación Cultural Fuco Buxán

Conferencia da A.C. Muíño de Vento sobre a Revolução dos Cravos

A Asociación Cultural Muíño do Vento informa que o venres día 23 de abril teñen dúas actividades:


  • Por un lado, Manuel López vai impartir unha conferencia sobre a Revolução dos Cravos titulada "Caraveis vermellos. Unha viaxe na memoria ao 25 de Abril". Vai ter lugar na sede da Sociedade Galega de Historia Natural ás 19,30 horas.
  • A segunda actividade será unha cea-convivio que comezará ás 21,30 horas na SDR Canido. O prezo é de 20 euros e poden participar socios e simpatizantes de Muíño do Vento. O prazo para anotarse finaliza o mércores día 21, e o teléfono habilitado para facelo é o 618383092.


A+ | a-

Séguenos no Twitter