En relación co cambio de posición do Goberno español sobre o contencioso do Sahara, a A. C. FUCO BUXÁN quere poñer de manifesto que os tradicionais vínculos da sociedade española co pobo saharauí fan deste un tema moi sensible en términos de compromiso histórico, moral e xurídico, ao que hai que engadir o factor emocional que esta cuestión ten para a esquerda e o progresismo como columna vertebral de boa parte das súas loitas. Ao noso xuízo, o xiro histórico dado por Pedro Sánchez supón unha sorpresiva traizón a este pobo irmán, o abandono a súa sorte e un claro apoio á ocupación do Sahara Occidental por parte de Marrocos. A declaración unilateral, á marxe da legalidade internacional, dá carta de natureza á política de feitos consumados e aboca á fronte Polisario á solución armada. Entendemos que a ignominiosa claudicación -sen contrapartidas confesables- da nosa responsabilidade como potencia administradora/mediadora entre as partes e as Nacións Unidas sitúanos ao lado da...
“Andar ergueitos, falar forte e nunca máis esquecer o noso norte."