Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta violencia sexual

A Muller Como “Obxecto” De Represión | Memoria con perspectiva feminista #25N

Ó longo da historia da humanidade, cando se revisan os conflitos, pódese observar de xeito indefectible como se utilizou á muller como “obxecto” de represión. Utilizo o término obxecto con toda a intención xa que ditas prácticas van sempre supeditadas á consideración da muller como ente xurídico inferior, como algo que pertence ó home e, polo tanto, que se pode roubar ou facer dano para danar indirectamente a este. Esto non foi diferente durante a Guerra Civil e a ditadura posterior que se viviu en España dende o golpe de Estado de 1936. En España a muller viviu o seu mellor momento na Segunda República, xa que por primeira vez na súa Constitución recóllese a igualdade xurídica e política entre homes e mulleres, ó que hay que sumar o desenrolo económico das primeiras décadas do século XX, e o auxe da vida nas cidades que posibilitou o acceso da muller a novos traballos que rompían cos estereotipos da dona da casa abnegada. Imaxe de  Catkin  en...

Violencia(s) contra as mulleres. Sensibilización e Acción

A asociación cultural Fuco Buxán convídate ao seu próximo acto. Empezamos o vindeiro exercicio colaborando de novo coa Oficina para a Igualdade de Xénero da Universidade da Coruña para lanzar o ciclo ‘Violencia(s) contra as mulleres. Sensibilización e acción’ que terá lugar ao longo dos meses de setembro e outubro. O ciclo ten por obxectivo a concienciación sobre as diferentes formas de violencia de xénero, acentuando a importancia da influencia da pornografía e da prostitución na nosa sociedade. Ademais, analizaremos o papel das mulleres vítimas de violencia de xénero nas casa de acollida de Galicia. Así, o ciclo cómponse das seguintes palestras: Prostitución: Trata e violencia sexual . Obradoiro con AMELIA TIGANUS , activista feminista e integrante de Feminicidio.net. Data: 12 de setembro de 2019. Hora: 16.30h-20.30h Lugar: Salón de Graos da Facultade de Humanidades. A situación dos centros de acollida para vítimas de violencia de xénero en Galicia: non estaremos a re-victimiza...