Saltar ao contido principal

Exposición "Naufraxio" de Neira Brochs no Ateneo Ferrolán

"Na madrugada do 2 o 3 de Novembro de 1810, as penas e rochas da enseada da praia de Covas, en Viveiro, foron testemuñas dunha das traxedias humanas máis abraiantes que poden atoparse na contorna marítima da península Ibérica.
A dimensión da mesma parece quedar agochada na amnesia popular, sen saber moi ben o motivo, como non fose o tremendo “shock” producido por ter diante dos ollos máis cadáveres que seres vivos polos areais de Covas e Sacido, según citan as fontes."

Con estas liñas comeza a descrición da exposición "Naufraxio" que ofrece o Ateneo Ferrolán dende o vindeiro xoves 21 de abril, ata o 28 de maio deste mesmo ano, do pintor viveirense Neira Brochs, un bo amigo da nosa asociación.

Se queres coñecer máis información sobre esta exposición, podes facelo visitando a seguinte ligazón: http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/2016/04/exposicion-naufraxio-de-neira-brochs-do.html