A Asociación Cultural Fuco Buxán , en réximen de autoconvocatoria, convoca a todo o tecido asociativo de Ferrolterra e a cidadáns a nivel particular a acudir a unha charla informativa , nunha reunión social, a prol de integrantes da " Sociedade Cooperativa Galega Nosa Enerxía " no noso local social de Caranza (Rúa Armada Española, nº 32, baixo), para o vindeiro venres día 23 de outubro ás 18:00 horas . Tratarase e informarase sobre as conveniencias do cooperativismo para lograr aforro económico e loitar contra o fascismo enerxético das grandes empresas que actúan e actuaron cos parabéns dos actuais e anteriores gobernantes. Acudide! Prégase e agradécese difusión! Nosa Enerxía Sociedade Cooperativa Galega Nosa Enerxía nace como a primeira cooperativa galega que ten por obxecto a comercialización de enerxía eléctrica de orixe renovable certificada, apostando pola sustentabilidade enerxética e por unha xestión transparente. A longo prazo, a cooperativa...