As Marchas da Dignidade de Ferrolterra convocan a unha asemblea aberta para debater sobre a realización dunha mobilización contra a pobreza enerxética en Ferrol, e que sería unha máis das mobilizacións que se convocarán en todo o estado o vindeiro 21 de decembro. A continuación, incluímos o texto da convocatoria que están a divulgar a xente das Marchas da Dignidade de Ferrolterra: Estimad@s Compañeir@s, O recibo da luz volveu a subir en Novembro 2016, co que acumula sete meses consecutivos de incrementos, o que representa unha suba media por fogar do 27,8%. En Outubro, era o Tribunal Supremo o que tombaba o chamado "bono social", e obrigaba a indemnizar as eléctricas por ter que pagar esa tarifa subvencionada que levaba dous anos en vigor. O tribunal recoñece o "dereito" das compañías eléctricas a cobrar unha indemnización polas cantidades que tivo que asumir, o que repercutirá na tarifa que temos que pagar todas. Mentres, Iberdrola, Endesa e Gas Natura...