Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Navantia

Eventos programados para conmemorar o "Centenario da Escola Obreira"

  A partir do vindeiro 16 de setembro vanse celebrar os eventos programados para conmemorar o Centenario da Escola Obreira . Con motivo de este evento, Navantia publicou un libro de autoría coral sobre aspectos diversos da historia da escola. Aqueles traballadores interesados ​​en obtelo, poden recoller o seu exemplar gratuíto na exposición da Escola Obreira (Sala Carlos III de Exponav) en horario de 17:00 a 20:00 horas. Os membros da Comisión do Centenario queremos recoñecer as achegas das persoas que votaron unha man para que todas as iniciativas resultaran posibles. Convidamos a todos os traballadores a participar desta celebración nas iniciativas expostas de forma moi especial a todos aqueles que foron alumnos da Escola Obreira .

Manifestación en Defensa Do Naval

  O Comité de Empresa fai un chamamento a tod@s os traballador@s á PARTICIPACIÓN na MANIFESTACIÓN, convocada polos Comités de Empresa de Navantia e Delegad@s da Industria Auxiliar, o DOMINGO día13 en Defensa Do Naval. A saída será dende o Inferniño ás 12:00 h continuando pola Estrada de Castela, Praza de España, Rúa do Sol, Rúa Arce, Rúa Real rematando na Praza de Galicia, fronte o Teatro Jofre, onde se fará lectura dun manifesto. Ferrol, a 11 de decembro de 2015

MOCIÓNS SOBRE NAVANTIA NO CONCELLO DE FERROL

No pleno municipal celebrado onte en Ferrol debatéronse dúas mocións relacionadas con Navantia: a presentada polo noso comité de empresa e unha moción conxunta presentada por Ferrol en Común, PSOE e BNG sobre o veto do CNI contra o compañeiro Xaquín. A moción do comité foi aprobada cos votos a favor de tódolos grupos menos o PP, que votou en contra. Nada do que sorprenderse, dada a política deste goberno con Navantia. Respecto á moción sobre o CNI, os voceiros de FeC, PSOE e BNG amosaron un total rexeitamento a ese veto. Pola súa banda, o PP e Ciudadanos argumentaron que o tema debía dirimirse nos tribunais. A moción foi aprobada por maioría absoluta cos votos de FeC, PSOE e BNG e coa abstención do PP e Ciudadanos. O texto da moción é o seguinte: O día 13 do presente, Xaquín García Sinde, veciño da nosa cidade, recibiu unha resolución do Centro Nacional de Inteligencia na que se lle prohibe que desenvolva determinadas tarefas profesionais en Navantia. En dita resolu...

O "basta xa", insoportable

O "basta xa", insoportable Rafael Pillado | Cando pensaba que agotara a miña capacidade de asombro, chega a noticia de que Navantia nomea a José Antonio Oliva xefe de persoal nos estaleiros da ría de Cádiz. Nada menos. Analizar por que se chegou a esta situación, require percorrer os pasos dados na negociación do último convenio. Incluso analizar o comportamento dos comités, cando a empresa reduciu o incremento salarial dos prexubilados no ano 2008, aínda sen cobrar. Pois ben, despois de moito tempo de prórroga do anterior convenio, e cando só faltaban meses para concluír aquel, a empresa tivo moita présa para que se negociase un novo. No mes de xullo de 2013 asinouse un preacordo por parte da comisión negociadora. Inmediatamente, no que toca a CCOO, a federación decidiu apoiar a firma definitiva dese “convenio”. Pouco importaba se con elo se liquidaban conquistas históricas; importaba saír da situación para logo negociar outro e o plan de empresa. Con ese obxectivo ...

O Colectivo de Traballadores afectados pola retirada do paquete de Nadal.

Infórmase sobre  vindeira asemblea para o venres día 17 ás 11:30 horas no Carvalho Calero . O Colectivo de Traballadores afectados pola retirada do paquete de Nadal: "NON PERMITAMOS QUE NOS ROUBEN O QUE É NOSO" "NA DEFENSA DOS DEREITOS SOCIAIS DOS TRABALLADORES"   Acudide á asemblea, o venres día 17  ás 11:30 horas no Carvalho Calero . Personal pasivo del naval de Ferrol pide la restitución del paquete de Navidad, del que se benefician 12.000 personas RAÚL SALGADO | @raulsalgado | Ferrol | Lunes 16 diciembre 2013 | 13:41 A poco más de una semana para la Nochebuena, miles de familias de la comarca no han recibido este año el tradicional paquete de Navidad. No todos los centros de Navantia entregan este lote alimenticio, pero en los astilleros de Ferrol y Fene es algo más que una costumbre, como las correspondientes colas para poder recogerlo. Este lunes, jubilados, prejubilados, pensionistas, huérfanos y viudas han abogado...

Ferrol Solucións ! Fotos da Manifestación Navantia.

A Asociación Cultural Fuco Buxán que participou na mobilización de hoxe en Ferrol, se solidariza cos traballadores/as do naval pechados no Concello, e convida a toda a cidadanía a amosar o seu apoio asistindo á Asemblea Popular que teñen convocada para o martes as 11 hs, na Praza de Armas. Hoxe 1º de decembro en Ferrol, unha vez máis, decenas de miles de persoas encheron as rúas convocadas pola Plataforma Nunca Máis e os Comités de Empresa de Navantia e Compañías Auxiliares, esixindo carga de traballo para o naval e o cumprimento dos compromisos adquiridos polo Partido Popular. Parlamentarios/as e deputados/as do PSOE, AGE e BNG, Alcaldes e Concelleiros/as, acompañaron esta protesta facendo declaracións aos distintos medios de comunicación sobre a situación dramática que para a comarca de Ferrol - xa cun 32 % de paro e ao bordo do estoupido social - avecíñase tras a entrega do último buque nos próximos días o que supón o despedimento inmediato de preto de 1000 traballadores d...

Tod@s co Ensino Público e Navantia

A Asociación Cultural Fuco Buxán apoia a Folga e a Manifestación convocada polo Sindicato de Estudantes , que sairá o mércores 20, ás 12 horas, do Edificio Administrativo da Xunta da Galicia (Praza Amada García – Ferrol). Manifestación unitaria na que a cidadanía, estudantes, nais, pais, comunidade educativa, Asociacións, Partidos, Sindicatos, Traballadores/as de Navantia, esixiran rotundamente a retirada inmediata da LOMCE, a dimisión de Wert, a retirada do Decreto de Becas e Comedores, a subida de Taxas universitarias, e todas as medidas coas que o goberno do PP pretende desfacer o Ensino Público.

TODOS/AS CON NAVANTIA

A A.C. FUCO BUXÁN , súmase e convida a toda a cidadanía a apoiar as Mobilizacións de NAVANTIA , para esixir carga de traballo, e na defensa do emprego e da vida social e económica de Ferrol Terra. 19 de novembro. - Saída a rúa da plantilla de Navantia e acción no exterior. 20 de novembro. - Mobilización coincindo coa mobilización da Folga do Ensino. 26 de novembro .- Mobilización no Parlamento de Galicia (Compostela). 28 de noviembro. - Peche na factoría ate as 18:00 hs e visita ao Pleno do Concello de Ferrol 1 de decembro. - (Domingo) Manifestación Cidadá en Ferrol, convocada polos Comités de Empresa de Navantia. 5 de decembro. - Asembleas nos Centros (se supon que o día 4 será presentado o Plan de Empresa).

Comunicado Sindicato de Estudantes

Desde o Sindicato de Estudantes queremos mostrar o noso agradecemento ós traballadores de Navantia-Ferrol pola súa decisión de unirse á nosa manifestación, que agora tamén é súa, do 20 de novembro, en defensa do ensino público e para esixir a retirada da LOMCE e a dimisión do ministro Wert. A LOMCE, contra a que nos levamos mobilizando máis dun ano, pretende degradar a niveis propios do franquismo o ensino público, unha conquista fundamental para que os estudantes fillos de trabalaldores podamos acceder a unha educación de calidade. Pero o ataque ó ensino público non é algo illado do resto de ataques que o PP está levando a cabo. A LOMCE forma parte do plan da dereita para demoler todos os dereitos conquistados pola loita do movemento obreiro durante décadas. En dous anos de goberno, o PP atacou a sanidade, os dereitos dos traballadores, suebu impostos..., e todo cun único obxectivo: roubar os pobres para dárllelo ós ricos (banqueiros e empresarios). Non hai cartos para...

Mércores 29, ás 12:00 horas, Rolda de Prensa "Carga de Dignidade".

Mañá mércores, 29 de maio, ás 12:00 h, nas escaleiras da Praza de Armas de Ferrol , terá lugar a rolda de prensa, presentación da acción artística popular "Carga de Dignidade" que se levará a cabo o próximo domingo 2 de Xuño na reixa de Navantia. Na mesma comparecerán Parte do colectivo de artistas e creadores que levaron a cabo a “Burla Negra” pola catástrofe do Prestige, agrupados agora en “Radio Buguina”, acompañados por todos os sindicatos, partidos, e colectivos que organizan a acción. Contar coa vosa presenza para poder difundir e chegar á cidadanía este acto pola Dignidade. Organizan: Radio Buguina Comités de Empresa de Navantia e delegados/as da Industria Auxiliar.  Sindicatos: Comisiones Obreras (CC.OO), Confederación Intersindical Galega (CIG), Unión Sindical Obreira (USO), Union Sindical de Traballadores de Galicia (USTG), Unión Xeral de Traballadores de Galicia (UXT-UGT). Partidos políticos: ANOVA, Bloque Nacionalista Galego (BNG), Comprom...

Ferrol: Carga de dignidade. Acción artística popular, o domingo 2 de xuño.

Domingo 2 de xuño, das 11:00 ás 14:00 horas, na Porta do Estaleiro, no barrio de Esteiro de Ferrol.   CARGA DE DIGNIDADE Trae a túa peza de roupa para pendurar na reixa de Navantia e participa nesta acción artística popular . A crise é a escusa perfecta. A construción naval sábeo ben, foi a primeira asoballada. Pero agora veñen contra todos, sector por sector, empresa a empresa, veñen casa por casa. A crise económica é a gran burla negra contra toda a cidadanía. E en Ferrol hai ben tempo que se sabe, que se sufre, que se engule a negra sombra. Abonda! Artistas e creadores agrupados en Radio Buguina chamamos a toda a poboación de Galicia a unha acción artística popular en Ferrol. Chamamos a seguir o exemplo daqueles traballadores e traballadoras do sector naval que nun arrouto de dignidade penduraron os seus buzos de traballo na reixa da factoría de Navantia. Chamamos a continuar este monumento á ...

Mobilización dos PreXubilados Empresa Pública

O pasado mércores o Colectivo de Prexubilados da Empresa Pública da Comarca, realizou unha concentración, de cerca de duascentas persoas, ás 12 da mañá fronte ao Edificio da Xunta de Galicia e posteriormente desprazáronse en manifestación ate o Concello de Ferrol. Na concentración deuse conta da decisión do Goberno do PP de non aplicar o IPC para este ano (2,9 %) - firmado nos acordos cos sindicatos - que tiña que incorporarse ao seu salario garantido, o que supón unha perda importante do poder adquisitivo para eles e para a comarca. Fíxose entrega dun escrito, tanto nas dependencias da Xunta como no Concello. Acordaron facer xuntanzas periódicas, todos os primeiros xoves de mes, diante do Edificio da xunta de Galicia, ás 12 horas, para analizar a situación das súas reivindicacións. Engádese o escrito: Álbum fotográfico:  https://picasaweb.google.com/108010875580069524612/PrexubiladosContraOsRecortes

En defensa do Naval

Rotundo éxito de participación – unhas 30.000 persoas – na manifestación de hoxe, convocada polos Comités e Delegados de Navantia e Industria Auxiliar, baixo o lema: “Defender o Naval é defender a Comarca”. Fotos e Vídeo de Fuco Buxán Fotos de Susete Ferrol Diario de Ferrol Praza Pública La Voz de Galicia

Día 24, en Ferrol, hai que arropar aos traballadores do Naval ferrolán.

 A nosa asociación súmase e convida aos socios e a cidadanía a acudir e arropar aos traballadores do Naval ferrolán, tralas falsas promesas das que son obxeto, trala falta de carga de traballo, trala falta do dique flotante, tralas poucas respostas e feitos convincentes dos directivos, e políticos, xestionando a empresa.  Por todo elo, e máis, haberá unha gran manifestación o vindeiro Domingo día 24 de febreiro en Ferrol . Coa unión de tódolos sindicatos con representación no sector naval ferrolán, os cales apelan á participación cidadá na marcha. Acudide!