Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Xubilados

Presentada proposición de lei sobre a reforma das pensións

Hoxe é un día importante no Congreso: rexístrase a Proposición de Lei sobre a reforma das pensións, froito de meses de traballo e xornadas de debate entre expertas e expertos de todo o Estado. Ás 11.30h, a deputada Yolanda Díaz participou no rexistro xunto a Pablo Iglesias, Nacho Álvarez e Juan López Gandía. Esta Proposición de Lei é unha firme aposta polo sistema público da Seguridade Social a través dun aumento dos ingresos. Os puntos principais son: Fixar a idade ordinaria de xubilación nos 65 anos. Cálculo da base reguladora: a persoa pensionista podréra elixir a base reguladora de entre os 240 mellores meses ao longo da súa vida. Subida da cuantía das pensións mínimas. Supresión do factor de sostenibilidade e revalorización anual das pensións en función do IPC previsto. Melloras na financiación do sistema de Seguridade Social. Réxime especial do mar: establecer coeficientes en función do traballo realizado, a súa penosidade e a duración do tempo pasado lonxe da casa, ...

Concentración Pre-xubilados e Pensionistas o xoves 6 ás 12:00 horas en Ferrol.

A A.C. Fuco Buxán apoia e convida a toda á cidadanía a participar na CONCENTRACIÓN convocada polo COLECTIVO DE PRE-XUBILADOS E PENSIONISTAS DE FERROLTERRA.   O xoves, 6 de xuño, ás 12:00 horas fronte ao Edificio da Xunta de Galicia (Praza Amada García - Ferrol). Contra as agresións da política social e económica dos Gobernos do Partido Popular. Contra os recortes de Pensións e Salarios.