Estrasburgo, 06 Outubro 2015 . A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, sinalou onte na súa intervención en Sesión Plenaria ao recentemente inaugurado centro hospitalario Álvaro Cunqueiro de Vigo identificándoo como "un claro exemplo do caos e a precarización que conleva a privatización da sanidade na Galiza". A eurodeputada de AGEe exemplificou a inoperancia na planificación da actividade deste hospital en relación aos recursos hospitalarios existentes na cidade olívica, subliñando que, lonxe de incrementar a capacidade de atención sanitaria, como contrapartida á apertura deste centro o Goberno de Núñez Feijoo reaccionou pechando tres hospitais, "o que supón que o número de camas sexa o mesmo e que as urxencias hospitalarias estean totalmente colapsadas". Asemade, ao fío das reivindicacións laborais levadas adiante por colectivos profesionais como o de enfermería e celadores/as, Senra destacou a privatización "to...
“Andar ergueitos, falar forte e nunca máis esquecer o noso norte."