Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2013

Chega Factoría Zombie

 O xoves 14 de febreiro, no Ateneo Ferrolán, ás 20 horas, chegarán os zombies a Ferrol. Estrea da radio ficción sonora:  "Factoría zombie".   Escrita por José Torregrosa e Miguel Castro.  Ilustracións por Fernando Ocampo.  Música orixinal: David García. Dirixido e editado: Miguel castro. O vindeiro día 14 de febreiro terá lugar no Ateneo Ferrolán , o estreno de Factoría Zombie. Unha farsa satírica sobre o mundo político actual, no que colabora a nosa asociación cultural Fuco Buxán. O acto, terá lugar as 20.00 horas no salón de actos do Ateneo, en Ferrol. Achégate, pois pasarás un rato entretido, cheo de humor e boas razóns. Estades todos convidados. 

Homenaxe a Amada García e as vítimas da ditadura

As Asociacións de Memoria Histórica Democrática de Ferrol, entre nas que se encontra Fuco Buxán, convidan a participar na Homenaxe a Amada García e as vítimas da ditadura que celebrarase o vindeiro : Domingo, 27 de xaneiro, ás 12:00 horas.  No Castelo de San Felipe en Ferrol . Cada ano, con este acto, faise unha emotiva lembranza de tantas persoas que foron vítimas da represión franquista, neste lugar onde moitas e moitos caeron baixo as balas do fascismo por defender os seus ideais progresistas, a legalidade republicana e a liberdade. Acudide!

Prevista a entrada na Ría, do vello gaseiro (33 anos de antiguedade) cargado con GNL

Prevista a entrada na Ría, do vello gaseiro (33 anos de antiguedade) cargado con GNL, nº 134 “LNG Abuja” o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convoca: CONCENTRACIÓN M ércores, 23 de xaneiro ás 19 hs, diante do Edificio da Xunta de Galicia Praza Amada García – Ferrol Características do buque: Nome.- LNG Abuja, Ano Construción.- 1980, Bandeira.- Bahamas, Eslora.- 286 m, Manga.- 43.7 m, Puntal.- 43.74 m, Calado.-11.53 m, Capacidade.- 126.530 m³ de GNL . Máis información: http://cociudem.wordpress.com/

Traballadores/as portuarios esixindo ao goberno do PP o desbloqueo do seu Convenio Colectivo

 Desde a Asociación Cultural Fuco Buxán enviamos a nosa solidariedade e apoio as mobilizacións dos traballadores/as portuarios exixindo ao goberno do PP o desbloqueo do seu Convenio Colectivo. Vindeiras Mobilizacións: 24 DE ENERO.- Concentración en todos los puertos y Puertos del Estado a la hora del bocadillo, en defensa de nuestro convenio y contra los recortes. DENUNCIA TODO, Apertura de un buzón en las páginas webs de UGT y CC.OO., en el que recibir de forma absolutamente anónima y confidencial todo tipo de denuncias, respecto de los excesos, abusos y actitudes no ejemplares de nuestros gestores públicos y sus colaboradores, pasadas, presentes y futuras. 31 DE ENERO.- se remitirán cartas y documentos contrastados de DENUNCIA TODO a quien corresponda (Responsables Políticos, Medios de Comunicación, Juzgados, etc.). 6 DE FEBRERO.- Asamblea en todos los Puertos y Puertos del Estado para reiniciar el proceso de movilizaciones sostenidas. 13 DE FEBRERO.- En todos lo

“O Recuncho” nº 121 , programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán

Martes, 22 de xaneiro de 2013, de 17,00 a 18,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8000/radiofilispim.ogg “O Recuncho” nº 121 , programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos: Invitado: Juan Carlos Valle “Karlotty”, falará das Poesías Salvaxes. O “Espertar da Razón”  de José Torregrosa:  “Factoría Zombie” Na “Sección Poética”  de Lorena Calaza:  Poemas de Karlotty Os libros recomendados,  espazo de Víctor G. Novás  Novas e comunicados,  por Fernando Ocampo. Música: Banda Basotti Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com e-mail: opafuco@gmail.com – telefº directo: 981371040

Asemblea Extraordinaria do Encontro Social de Ferrol Terra

Convocatoria da Asemblea Extraordinaria do Encontro Social de Ferrol Terra – 24 de Xaneiro de 2013. Asemblea Extraordinaria do Encontro Social de Ferrol Terra. Día: Xoves 24 de Xaneiro. Hora: de 6 a 8 da Tarde. Lugar: Local da Asociación Veciñal de Esteiro. Na última Asemblea Plenaria do Encontro Social de Ferrol Terra, celebrada o pasado Martes 15 de Xaneiro de 2013, acordamos facer unha Asemblea Extraordinaria cun só punto na orde do día: A situación da Comarca: diagnose e alternativas. Para orientación pode-se ver o Blogue: Informe socioeconómico de Ferrol Terra e diagnose da situación: http://diagnose-ferrolterra.blogspot.com.es/ Pola importancia do asunto a tratar pregamos un pequeno esforzo, a maiores, para participar nesta Asemblea.

"27 de xaneiro. Pola lingua que nos une."

A Asociación Cultural Fuco Buxán, integrante da Plataforma Queremos Galego , súmase e anima aos socios da entidade e a toda a cidadanía a acudir á manifestación en defensa da Lingua Galega que terá lugar, o vindeiro día 27 de xaneiro en Compostela ás 12:00 Horas .  Recomendacións: Xa podes participar activamente na difusión da información sobre a manifestación nacional en defensa da nosa lingua que a Plataforma Queremos Galego convocou para este 27 de xaneiro. É importante que ningunha persoa preocupada polo galego fique na casa ese día, mais lembra que desde xa mesmo TI tes un papel importante que cumprir para garantirmos que a mobilización do 27X sexa un éxito: 1. Asina aquí o manifesto "Queremos galego na escola! Derrogación XA do decretazo!" 2. Comparte nas redes sociais, no teu centro de traballo, de estudo, na rúa... os cartaces que, coma este, se realizaron para a convocatoria. Podes descargalo en pdf desde esta ligazón: http://www.queremosgalego.

Programa Especial Laura Bugalho

  Este mércores 23 de xaneiro , en SIN FRONTERAS , contaremos no estudio de Radio Filispim, con Laura Bugallo. "Moitas Lauras precisa este país", "Na Galiza ninguén é estranxeira" ou "Na Galiza ninguén é ilegal" foron alg ún s d os lemas para apoiala .     De 20 :00 horas a 2 1: 50 horas haberá un programa m oi especial. Podedes ir enviando as vosas preguntas ou comentarios a páxina de f acebook , ou chamando en directo ao p rograma a o 981 37 10 40. RADIO FILISPIM , 93.9 FM RADIO LIBRE Y COMUNITARIA DA TERRA DE TRASANCOS.

Mesa Redonda: LEI WERT de educación: neoliberal, ultraconservadora e involutiva.

Organiza o Ateneo Ferrolán , este venres día 18 ás 19 horas no salón de actos do Ateneo baixo o Título : LEI WERT de educación neoliberal, ultraconservadora e involutiva. Participan: 1. Jurjo Torres Santomé. Catedrático de Organización Escolar e Didáctica (Universidade da Coruña). 2. Guillermo Meijón Couselo. Mestre, Pedagogo e Orientador escolar. Deputado do PSOE. 3. Presenta e modera: Celso Posada. Mestre de Educación Primaria. A síntese da mesa será informar á cidadanía sobre a LOMCE (Lei Wert) ; unha lei que vulnera todo principio democrático de igualdade de oportunidades para o conxunto da cidadanía. Unha lei sexista, segregadora, involutiva, elitista... Jurjo Torres é autor de: El currículum oculto; Educación en tiempos del neoliberalismo; Justicia curricular el Caballo de Troya de la cultura escolar. Grazas pola difusión!

Concentración Pola Defensa dos Servizos Públicos

A A.C. Fuco Buxán súmase e convida a participar nesta Concentración: As organizacións sindicais con representación no sector público, CIG, CCOO, UGT, CSI•F, CESM, OMEGA, SATSE, USAE, STEG, ANPE, USO, USTG, CGT, STAJ, SIAT e ACAIP, que integran a Plataforma en Defensa dos Servizos Públicos, convocan hoxe concentracións en todas as cidades galegas contra as medidas que vén de aprobar a Xunta de Galiza que empeoran as condicións laborais e salariais das empregadas e empregados públicos e deterioran, aínda máis, os servizos públicos.  CONCENTRACIÓN EN FERROL HOXE XOVES 17 DE XANEIRO, ÁS 19 HS Praza Amada García – Praza España MANIFESTO:  As OOSS con representación no Sector Público autonómico rexeitan as medidas do Goberno Dende o inicio da crise económica, no ano 2009, os Servizos Públicos e empregados/as Públicos, vivimos un permanente acoso que pretende a fin do Estado de Benestar que construímos con permanentes loitas e conquistas que fomos conseguindo ao long

Presentación das Memorias de Rafael Pillado en Valdoviño

A A. C. Fuco Buxán organiza o vindeiro venres día 25 , ás 20 hs, na Casa da Cultura de Valdoviño, a presentación das Memorias de Rafael Pillado , unhas Memorias Colectivas d u n dos derradeiros representantes vivos do movemento obreiro ferrol án que loitou na clandestinidade contra a ditadura. O latexo dá vida e dá conciencia relata nun dos seus capítulos os tráxicos acontecementos do 10 de marzo do 72 en Ferrol, nos que dous traballadores do naval, Amador Rei e Daniel Niebla, morreron asasinados por disparos da policía durante unha protesta. Estades todos convidados.

Programa SIN FRONTERAS: A PARTIR DE LAS 20 hs, EN EL 93.9 FM, RADIO FILISPIM

Mañá mércores dezaseis de xaneiro, a partires das 20:00 horas, comezará o programa Sin Fronteras, el programa que aborda temas de inmigración, dereitos dos inmigrantes, inxustizas, novidades, novas, información sobre a comunidade latina dentro e fora das fronteiras. SIN FRONTERAS, EN EL 93.9 FM, DE RADIO FILISPIM. Ferrolterra, Terra de Trasancos. Este novo programa terá os seguintes contidos: Mini informativos, Inmigración , tema Laura Bugallo, Sección Poética,  Dereitos Humanos, Noticias do continente americano, música e máis . No estudio: Teresa Vilariño, María Martínez, Celso Posadas, Xurxo Gago, y como siempre: Susana Alanís y Pablo Melaski.

COMUNICADO DE APOIO A LAURA BUGALHO

 COMUNICADO  O Foro Galego de Inmigración en relación coa causa aberta contra Laura Bugallo por axudar a persoas inmigrantes en situación de irregularidade administrativa quere, en primeiro lugar, amosar a nosa solidariedade e agarimo coa nosa compañeira, traballadora incansable na defensa dos dereitos das persoas migrantes. Amosar o noso pleno convencemento de que as súas actuacións non perseguen un aproveitamento en beneficio propio do seu traballo coa poboación inmigrante de Santiago e Galiza. Ao contrario, Laura, ten contribuído á integración de moitas persoas inmigrantes vinculadas ao Foro Galego de Inmigración. Por iso, solicitamos de forma urxente a desestimación e arquivo da causa aberta contra a nosa compañeira. En segundo lugar queremos manifestar que pola propia lexislación de estranxeiría, para poder axudar a persoas migrantes en situación de irregularidade administrativa, as persoas e entidades que traballamos con este colectivo vémonos na obriga de atop

Xa podes difundir “Finanzas éticas” (Documentos TV, 30 de decembro de 2012)!

Existe un número crecente de persoas sensibilizadas coa idea de avanzar cara a unha sociedade diferente, máis xusta, solidaria e humana, que intentan facela realidade mediante o seu traballo en diferentes ámbitos, e que perciben que un dos medios con que contan para realizar esta transformación, que é o seu aforro, é utilizado precisamente para reforzar e consolidar valores dun modelo social, económico e cultural oposto a esta idea de transformación. Cando se analizan en profundidade os grandes fluxos económicos e as súas consecuencias vemos como sistematicamente potencian o modelo económico e social imperante a custa dos países ou persoas de menor poder económico, cunhas consecuencias negativas que están á vista . O sistema financeiro tradicional non dá resposta aos desexos e necesidades dun sector das e os aforradores . Para ninguén é unha novidade que o sistema financeiro é conservador e que, ao rexerse de modo case exclusivo por criterios de beneficios e tamaño,

Vindeiro Martes 15 de Xaneiro "O Recuncho nº 120"

 Este m artes, 15 de xaneiro de 2013, de 17,00 a 18,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8000/radiofilispim.ogg “O Recuncho” nº 120 , programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos: Invitada: Susana Alaníz, responsable da Área de Inmigración en Fuco Buxán. Solidariedade con Laura Bugallo, procesada pola súa axuda as persoas inmigrantes Sen Papeis. O “Espertar da Razón” de José Torregrosa : “Ana Belén: la ideología de la coherencia”. Na “Sección Poética” de Lorena Calaza : a poeta cubana Dulce María Loynaz Os libros recomendados, espazo de Víctor G. Novás. Novas e comunicados, por Fernando Ocampo . Música: “Riot Propaganda” (Los Chikos del Maiz & Habeas Corpus). Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com e-mail: opafuco@gmail.com – telefº directo: 981371040

CONCENTRACIÓN EN SOLIDARIEDADE CON LAURA BUGALHO

    O vindeiro MÉRCORES DÍA 16 DE XANEIRO ÁS 9:00 H (A esa hora ten que declarar) NA PORTA DOS XULGADOS DE FONTIÑAS EN SANTIAGO DE COMPOSTELA (Rúa Viena) , terá lugar unha CONCENTRACIÓN p ara solicitar a desestimación e arquivo da causa aberta contra a nosa compañeira por axudar a persoas inmigrantes en situación de irregularidade administrativa.  AS 10:30h FARASE LECTURA PÚBLICA DUN COMUNICADO DE APOIO. ACUDIDE TODAS AS PERSOAS QUE POIDADES PARA AMOSAR O NOSO APOIO E SOLIDARIEDADE CON LAURA. http://apoioalaura.blogspot.com.es/ FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 - Santiago de Compostela foroinmigracionsantiago@yahoo.es - 981-576 142 www.forogi.wordpress.com

“Galegos en Mauthausen” en Fene

Este xoves día 10 de xaneiro do 2013, celebrarase en Fene a mostra “Galegos en Mauthausen”, organizada pola Asociación Memoria Histórica Democrática, chega á Casa da Cultura de Fene, mañá ás 20.00 horas cunha conferencia do historiador Enrique Barrera. Na que dará boa conta dos feitos acontecidos vividos por aqueles galegos.   “Galegos en Mauthausen” —  Peza audiovisual realizada por Xosé Abad e Sandra García Rey sobre os presos ...    http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=LMSpEoRtyGM#!