"POR UNHA GALIZA SEN LUMES, POR UN RURAL CON FUTURO" MANIFESTACIÓN NACIONAL DOMINGO, 6 DE OUTUBRO ÁS 12 DO MEDIODÍA DESDE A ALAMEDA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA A sociedade galega alza a voz novamente contra a barbarie dos incendios e contra a política rural e medio ambiental que leva ao progresivo desmantelamento do noso medio tradicional e ao consecuente abandono da terra que cada ano acaba pasto dos lumes e da especulación. BASTA XA de deixar o monte galego ao abandono, pasto do lume, ao desleixo e á especulación, pois o rural pode e ten que ter futuro, un futuro que se a Xunta non está disposta a liderar, e prefire seguir sen investir un só euro e sen adoptar unha soa medida concreta para recuperar o monte e atallar o problema de escorrentías que se aveciña, debe apartarse definitivamente do camiño e deixar que sexa a comunidade local coa axuda de voluntariado a que tome a iniciativa. Dende ADEGA apoiamos esta iniciativa e convocamos a socias/os e si...
“Andar ergueitos, falar forte e nunca máis esquecer o noso norte."