Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Guerra

fotoscontralaguerra.org viaxa a Idomeni e precisa da nosa axuda

Publicamos esta petición que nos chega dende www.fotografoscontralaguerra.org O vendeiro día 20 de maio viaxamos a os campos de refuxiados /as de Katsikas e Idomeni en Grecia.  A coordinadora do campo  pídenos  se podemos levar saias de muller, estilo árabe, de longo por baixo do xeonllo e panos de cabeza. Evitando a cor vermella. Se alguén pode facilitar este tipo de pezas, por favor avisade para coordinar a recollida. Data tope o día 18 de maio. Preferiblemente destas características: Os panos  longos e anchos tipo foulard.  importante as Cores ; Negro-azul escuro-violeta cor escura pero tamén levan brancos. Sobre todo longos e anchos e vestidos longos e camisetas tipo vestido manga longa, non estampado e marrón e verde son preferidos verde e negro. Prégase máxima difusión. Para aquelas persoas que queran botar unha man, poden poñerse en contacto con esta organización en  fotos@fotoscontralaguerra.org

Fotos Contra la Guerra

Compartimos con vos a iniciativa sen ánimo de lucro  Fotos Contra la Guerra , unha web conformada por imaxes enviadas por diferentes personas de distintos lugares, como expresión do seu rexeitamento á guerra, e de solidaridade coas víctimas. Na súa busca de imaxes que representen un " non ás súas guerras, non no noso nome" , aceptan cesións de fotografías de calquera persoa interesada. Para máis información, esta ligazón:  http://www.fotoscontralaguerra.org/index.php/es/participantes-es.html

23/04/2016 - Manifestación: Non ás guerras - Rachemos coas fronteiras

Co citado título, o vindeiro sábado 23 de abril, a recentemente constituída Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas convoca unha mobilización en Santiago de Compostela, que sairá ás 13:00h da Praza Roxa. Este mércores 20 de abril, ás 10:30h tivo lugar unha rolda de prensa na que se presentou o manifesto que serve de base a esta mobilización, e entre cuxos asinantes está a Asociación Cultural Fuco Buxán, tamén adherida a esta Rede. Nela compareceron o coordinador do Foro Galego de Inmigración e a Coordinadora Galega de ONGDs, Miguel Fernández; o secretario de Comunicación de Médicos del Mundo en Galicia, Brais Barcia; e a responsable de Comunicación de Ecos do Sur, Natalia Monje. Na mesma fíxose lectura do manifesto e das demandas dos distintos colectivos para que se respeten os acordos internacionais en materia de dereitos humáns, e o fin das guerras como única vía para poñer fin á crise migratoria do Mediterraneo. As seguintes noticias dan conta pormenorizada dela: Rede...

[sociedade] Mobilizate pola Paz

A A.C. Fuco Buxán apoia a mobilización convoca pola Coordinadora Galega pola Paz, exixindo a non intervención en Siria. En Ferrol: CONCENTRACIÓN diante do Concello, o martes 10 de setembro ás 20,30 horas. 1. Tratase da paz e da xustiza dos pobos e non doutra cousa. Non se trata de vertebrar unha alternativas programaticas nin partidarias. 2. Correspóndelle ás organización sociais, pacifistas e de solidariedade fundamentalmente, convocar e encabezar a iniciativa pacifista. 3. A CGpP é a rede plural e unitaria contra a guerra que leva 10 anos traballando cando xorden intervencións coma foi o caso de Iraq ou Libia. 4. Tratase de defender ao pobo sirio non ao réxime Sirio. O rexeitamento a intervención non pode servir para lexitimar un réxime fascista militar nin ao réxime fascista teocrático que queren instaurar os ‘rebeldes’. 5. Defendemos a cidadanía que iniciou as revoltas árabes en busca dunha democracia laica e xusta. A COORDINADORA GALEGA POLA PAZ MANIFESTASE ...

Concentración en Ferrol: "NON A INTERVENCIÓN EN SIRIA"

Estimados amigos e amigas: A A.C. Fuco Buxán, en réxime de autoconvocatoria, co lema "NON A INTERVENCIÓN EN SIRIA" convidámosvos a asistir á CONCENTRACIÓN que terá lugar o Venres 6 de setembro , ás 20:OO horas , diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia (Praza Amada García - Ferrol). Daráse lectura a un Comunicado e a continuación un espazo de participación aberto a os/as asistentes. Prégase difusión.

Concentracións Solidarias con GAZA

Nestes días estamos a vivir unha nova ofensiva criminal de Israel contra a poboación civil de Gaza. Os bombardeos son continuos e o número de vítimas mortais non deixa de aumentar. Desde esta páxina iremos publicando os distintos actos solidarios, achega a túa convocatoria. Actos convocados: - Compostela, venres 16, ás 20:00h, praza do Toural. - Ourense, sábado 17, ás 20:00h, praza Maior. - A Coruña, luns 19, ás 20:30h, o Obelisco. - Vigo, luns 19, ás 20:30, ás  Farol de Príncipe. - O Barco de Valdeorras, luns 19, ás 20:30, fronte ao Concello. - Ferrol, luns 19, ás 20:30, fronte ao edificio administrativo da Xunta. - Cangas, luns 19, ás 20:00, fronte ao Concello. Cartel de los crímenes de guerra de Gaza Impresiones Por InsidePalestine Ver los demas posters por medio de zazzle.es