Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta 10 de Marzo

[Vídeo] Concerto conmemorativo 50 aniversario 10 de marzo de1972

 

MANIFESTO 10 de Marzo (1972-2022) 50 anos de Memoria e Dignidade

O 10 de Marzo de 2022 -Día da Clase Obreira Galega- conmemoraremos o 50 aniversario dos sucesos daquel 1972, que marcaron un fito na Memoria e na Historia da sociedade galega e española. As entidades abaixo asinantes, en calidade de organizadoras, imos desenvolver ao longo do próximo ano unha serie de actividades que precisarán do respaldo e a colaboración domovemento asociativo, entidades e persoas que, a título individual, se queiran sumar. Aqueles acontecementos, que tiveron a súa orixe na cidade natal do ditador e repercusión internacional, significaron un momento álxido, o máis importante na loita da clase obreira galega “organizada” contra a ditadura. Non foi só unha loita por un convenio colectivo, por unhas puntuais condicións salariais ou de traballo -que tamén- senón unha loita pola dignidade como cidadáns de plenos dereitos, pola liberdade, por un sistema democrático, contra a opresión dunha ditadura iniciada antes de que moitos dos protagonistas dese momento nacesen. Os eno...

Polo noso futuro: 10 de marzo | Día da Clase Obreira Galega

A A. C. Fuco Buxán manifesta o seu apoio á folga xeral convocada polos sindicatos en defensa da comarcas para o día 10 de marzo. A elección dunha data como o 10 de marzo non é unha casualidade, ten un significado, é o corenta e nove aniversario dun fito histórico como foron os sucesos de 1972. Unha mobilización dos traballadores de Bazan Ferrol, en demanda da negociación dun convenio propio –a causa da reivindicación deste convenio era que os Xurados de Empresa do sur estaban controlados pola Dirección a diferenza do Xurado de Ferrol, cuxo peso determinante era de militantes comunistas de comisións obreiras -foi disolta por disparos da policía franquista causando decenas de feridos de bala e a morte de Daniel Niebla e Amador Rey. O 10 de marzo de 1972 foi un acontecemento histórico na loita do movemento obreiro polos seus dereitos e lograr unha sociedade máis xusta e democrática. Estaría ben lembralo, nestes momentos de reinterpretación da Memoria Histórica. A democracia foi posible p...

Charla - Coloquio "10 de marzo; loita pola dignidade

Charla - Coloquio "10 de marzo; loita pola dignidade no local de FeC o 9 de marzo ás 20:00 horas.

Actos 10 de Marzo [Día da Clase Obreira Galega]

    A nosa asociación estará presente nos vindeiros actos institucionais de homenaxe ás vítimas do 72 Daniel Niebla e Amador Rey e anima a toda a cidadanía a acudir aos actos convocados. Así mesmo, a nosa asociación estivo a traballar para que se lograse unha moción no concello que concedese unha rúa ao histórico Julio Aneiros, algo que xa é unha realidade, unha realidade necesaria para poñer en valor a figura de Julio Aneiros. Agradecer ao grupo de goberno do concello de Ferrol, todo o seu esforzo para que esta iniciativa saíse adiante. Ofrenda floral será ás 11:00 horas, como sempre no monumento conmemorativo do “10 de Marzo” sito no barrio de Recimil. Inauguración da rúa Julio Aneiros no Polígono do Bertón ás 12:00 horas .  ===================   A CIG convoca mobilizacións o 10 de marzo baixo o lema “Reformas Laborais e Lei Mordaza, anulación xa!” Seixo cualifica o goberno do PP de “incompetente e considera “insultante” que intente agochar a real...

10 de Marzo: O crime foi en Ferrol, ... Por Rafael Pillado

10 DE MARZO: O CRIME FOI EN FERROL O CRIME Víuse, camiñando entre fusís, por unha rúa longa, saír ao campo frío, aínda coas estrelas, da madrugada. Mataron a Federico cando a luz asomaba. O pelotón de verdugos non ousou mirarlle a cara. (Antonio Machado, O crime foi en Granada) E chegou o ano 72, clave na Historia da Clase Obreira Galega. As medidas represivas tomadas a finais do 70 e 71 deron lugar a unha constante mobilización pola posta en liberdade de dirixentes políticos e sindicais. A amnistía aparecía xa como unha reivindicación pública, ligada á esixencia de Democracia. Unha das iniciativas que se tomou en varios lugares de España, era a creación de " comisións anti-represivas ", buscando a participación e arroupe doutros sectores sociais e outras sensibilidades políticas. Un destes colectivos xa viña participando activamente desde había anos; refírome aos curas progresistas, cuxo compromiso na loita polas liberdades non me cansarei de valorar. En...