Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Machismo

Marcha Mundial das Mulleres - Concentración contra os últimos asasinatos machistas : martes 20 de decembro, 20:00h

Compartimos e sumámonos á seguinte convocatoria da Marcha Mundial das Mulleres para concentrarnos o martes 20 de decembro fronte o Concello de Ferrol para protestar contra os últimos asasinatos machistas: A COORDENADORA COMARCAL DE FERROLTERRA DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES CONVOCA CONCENTRACIÓN DE REPULSA EN FERROL POLO ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA DE Ana María Enjamio Carrillo en Vigo e E.M.M. en Compostela Unha vez máis sairemos á rúa para amosar a nosa indignación polos asasinatos de dúas mulleres por violencia machista. Ana María e E.M.M. foron asasinadas polos seus ex-compañeiros sentimentais pagando coa súa vida a discriminación e a desigualdade que padecemos todas. Sairemos novamente para rexeitar estes crueis asasinatos e denunciar unha vez máis a violencia machista instalada na nosa sociedade. É precisa unha resposta social contundente contra a violencia machista. Non consentiremos que a violencia machista continue asasinándonos!!!! O MARTES 20 DE DECEMBRO Á...

25N: ESPAZO Ecosocialista demanda o fortalecemento de políticas de asistencia integral ás victimas da violencia.

25N: ESPAZO Ecosocialista demanda o fortalecemento de políticas de asistencia integral ás victimas da violencia. A violencia de xénero é consecuencia da discriminación que sufren as mulleres e da persistencia de desigualdades por razón de xénero na sociedade. ESPAZO Ecosocialista considera que o impulso de actuacións en todos os ámbitos posibles: sociais, económicos, políticos, culturais... que permitan acadar a igualdade efectiva e real entre homes e mulleres será o que consiga erradicar a violencia de xénero, manifestación extrema da desigualdade. O recurso á violencia está presente en todos os países e en todos niveis sociais. No que vai de 2013, no Estado Español, 44 mulleres e 5 menores de idade foron vítimas mortais da violencia machista. Estes datos sobre vítimas mortais son a punta do iceberg do problema da violencia contra as mulleres. Nos seis primeiros meses de 2013, presentáronse 2552 denuncias por violencia de xénero en Galicia e 60 981 en todo o estado español...

ACTOS 25 NOVEMBRO DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES DE FERROLTERRA.

A Coordinadora Comarcal de Ferrolterrra da MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES QUEREMOS CONVÍDARVOS UN ANO MÁIS A PARTICIPAR NOS ACTOS QUE TERÁN LUGAR NA PRAZA DO CONCELLO DE FERROL ÁS 20:00 HORAS . O 25 DE NOVEMBRO PARA CONMEMORAR O DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA. "O noso corpo, o noso territorio. Libre de agresións, libre de imposicións" Neste 25 de novembro, queremos unir as nosas enerxías ás de miles de mulleres que, arredor do mundo autoconvócanse para denunciar o máis profundo rexeitamento das violencias que continuamos vivindo nos nosos corpos de mulleres. Esperamos coma sempre a vosa asistencia para seguir denunciando a violencia machista. MARCHAMOS POLO DEREITO DAS MULLERES A UN MUNDO SEN VIOLENCIA . Mulleres en marcha ata que todas sexamos libres!!

Folga de Fame por un sistema real e efectivo que protexa ás mulleres e nen@s da violencia machista.

Esta madrugada un grupo de mulleres comezará unha folga de fame para denunciar a falta de apoio e recursos, por parte das administracións, ás mulleres e nen@s vítimas de violencia machista. Estas mulleres, pertencentes á asociación Ve-la Luz , saben de primeira man, o impacto que están a ter na vida das mulleres os recortes que eliminaron o chamado "salario da liberdade", o peche dos CIM, a falta de recursos para seguir adiante con programas específicos de axuda ás vítimas de violencia machista ... Saben-no ben. E así nolo ensinaron estes días que compartimos con elas a loita contra o desafiuzamento en Cabanas, onde a violencia machista provocou a máxima indefensión de Sandra Menéndez a quen o seu presunto agresor pretende mesmo que perda a súa vivenda. Agora é o momento de mostrar a nosa solidariedade coa loita da Asociación Ve-la Luz. Coa loita e resistencia das mulleres contra a violencia machista, que reclaman ás administracións, recursos, protección, xustiza......

CONCENTRACIÓN DE REPULSA EN FERROL POLO ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA DE MARÍA FÁTIMA MACHADO SANTOS.

A Asociación Cultural Fuco Buxán súmase e convida a os seus socios/as e a toda cidadanía na CONCENTRACIÓN de repulsa convocada pola Marcha Mundial das Mulleres de Ferrolterra o vindeiro lúns 16 de setembro ás 20:00 horas, diante do Concello de Ferrol. A COORDENADORA COMARCAL DE FERROLTERRA DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES CONVOCA CONCENTRACIÓN DE REPULSA EN FERROL POLO ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA DE MARÍA FÁTIMA MACHADO SANTOS. Marisol, de 52 anos, cunha orde de afastamento dende o pasado mes de agosto, foi asasinada en Verín, pola súa ex parella.  Con ela sumamos outra muller máis, vítima da violencia machista que paga coa súa vida a discriminación e a desigualdade que padecemos todas. Que a indignación de toda a sociedade saia á rua para rexeitar o cruel asasinato de María Fátima e denunciar a violencia machista padecida polas mulleres e exercida contra elas polo feito de selo. O VINDEIRO LUNS 16 DE SETEMBRO ÁS 20:00 Horas NA PRAZA DO CONCELLO DE FERROL ...