O director de proxecto de Altri para a Galiza recoñece que se non hai fondos públicos, "non é viábel"
Nunha entrevista na Cadea Ser Galicia Bruno Dapena afirma que a auga que se capte "devolverase ao río con máis calidade". O director de proxecto de Altri, Bruno Dapena , asegura que os f ondos europeos "son unha condición sine qua non" e que "sen as axudas públicas o proxecto non sería viábel". É un proxecto, dixo, "pioneiro, único no mundo·" e que require "un esforzo económico importante". Esforzo que requeriría das axudas de diñeiro e fondos públicos. Sen estes, recoñeceu, non hai proxecto Fíxoo durante unha entrevista na Cadea Ser Galicia co xornalista Iñigo Caínzos e onde defendeu que contan con "ultimísima tecnoloxía" e que " o proceso produtivo non consome auga, senón que a usa", devolvéndoa ao río "con máis calidade da que foi captada". Cumpre a celulosa de Altri cos criterios fixados pola UE para acceder aos fondos Next Generation? Sinalou, ademais, que a auga devolveríase nun punto anter