Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Mañón

VI xornadas "Memoria dun Tempo" da Asociación Nordés en Mañón

Para quen non tivera ocasión de asistir ás IV xornadas "Memoria dun Tempo" que foran presentadas o pasado 16 de agosto no Ateneo Ferrolán , saiban que terán lugar ao longo desta semana en Mañón, tal e como reflicte a invitación que nos fixeron chegar, e que reproducimos a continuación: Ola amigas e amigos da Historia. Como cada verán dende o ano 2012 chegan as xornadas "Memoria dun tempo" que organiza Nordés, e que teñen como temática xeral a divulgación de feitos históricos e sociais do século XX, e particularmente os da época da II República, a Guerra Civil, e o Franquismo. Este ano celebraránse os días 25, 26 e 27 do presente mes de agosto, e tódolos actos terán lugar no Barqueiro (Mañón), ainda que en distintos lugares como ven poderán ver no cartel que vai adxunto a este texto, e que agora pasamos a comentar. Contamos para abrir as xornadas nesta VI edición con Julio Prada, profesor de Histórica Contemporánea na Universidade de Vigo, quen nos prese...