O acto, que se enmarca nas actividades que AGAMME (Asociación galega contra o maltrato a Menores) vén realizando a prol da visibilización do abuso sexual infantil, dará comezo ás 20:00 h. e contará coa presenza da escritora.
A novela, que vai xa pola segunda edición, achega múltiples perspectivas desta problemática entretecidas cun argumento de ritmo intenso que se mantén ata as últimas páxinas: abuso sexual, prostitución de menores, corrupción arremuíñanse arredor da protagonista que busca a verdade sen prever as consecuencias.
Máis información: http://agamme.org/archivos/1298