Saltar ao contido principal

Pasamento de Joaquín Cupeiro, membro do Comité Cidadán de Emerxencia

Aínda que xa hai unha semana do seu falecemento, queremos lamentar a perda de Joaquín Cupeiro Rodríguez, amigo de Fuco Buxán e colaborador do Comité Cidadán de Emerxencia. Dende aquí, as nosas condolencias ás súas persoas achegadas.

Compartimos o comunicado que facía hai unha semana o Comité Cidadán de Emerxencia:




O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol lamenta o falecemento do compañeiro JOAQUÍN CUPEIRO RODRÍGUEZ tras longa enfermidade, que o tivo apartado nos últimos tempos das actividades.

Joaquín foi, desde o inicio do Comité de Emerxencia, importante colaborador e entrañable amigo.

Descanse en Paz.