Saltar ao contido principal

Marchas da Dignidade - Mobilización #aPobrezaEnerxeticaMata : mércores 21 de decembro, 19h

Reunidas nos locais do Ateneo Ferrolán ao redor de 20 persoas de diferentes organizacións, logo de analizar a situación e debater sobre o asunto obxecto da convocatoria, tomamos os diferentes acordos por consenso dos presente, avisando con antelación, varias das persoas presentes que o seu voto afirmativo quedaba pendente de confirmación nas súas respectivas organizacións que avisarían co tempo suficiente.

Acorda-se de convocar unha manifestación contra a pobreza enerxética ... nos termos do comunicado inicial, mais con dous puntos engadidos, un sobre a reivindicación dunha tarifa eléctrica galega, por ser unha zona de importante produción eléctrica que se consume fóra da comunidade, con todos os factores negativos a nivel medioambiental e outro punto sobre o rescate para o público de activos enerxéticos hoxe en mans privadas, exercendo así o control sobre as actividades estratéxicas enerxéticas e devolver o carácter de ben público ao sector, para que se poida exercer con garantía o dereito de acceso universal á enerxía, un ben común esencial, para que cada persoa poida vivir dignamente.

Acorda-se realizar unha manifestación comarcal esixindo medidas contra a pobreza enerxética, que a combata e a preveña, protexa ás persoas e eviten a exclusión social. E por outra banda denunciar ao oligopolio eléctrico que co apoio gobernamental impón prezos e se beneficia dun falso e non auditado déficit tarifario, baleirando as economías domésticas e as arcas públicas, para os seus beneficios privados.



A MANIFESTACIÓN en Ferrol o mércores 21 de Decembro, con saída ás 7 da tarde da Praza Amada Garcia (diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia), pasando pola rúa Real, Terra, Igrexa, Praza do Callao, Rochel e rematar na mesma praza desde onde saímos. Rematariamos coa lectura dun manifesto unitario e con intervencións moi breves das entidades convocadoras que quixeran face-lo. O Manifesto Unitario sería leido por María Teresa Martínez Vilariño. Manifesto elaborado en base ou que deu lugar a esta convocatoria, cos engadidos propostos na xuntanza e o que se poida tirar do acordo unitario de Vigo que celebramos que se producira. Acorda-se levar unha faixa co lema obxecto da mobilización:

Ferrolterra polo dereito á subministración básica á poboación !
Por unha Auditoría Pública e Cidadán ao Sector Enerxético
#aPobrezaEnerxeticaMata !!
Non aos cortes!! Temos dereito a luz, auga e gas!!

Asuntos técnicos:
  • Centralizar a campaña no Local da asociación veciñal "O Rosario" do Inferniño (Antigo Quiosco, diante da parada de taxis da Estrada de Castela (Praza do Inferniño) - Telefono (Mel) 649024612 (Información, Cartaces e Follas Informativas).
  • Reparto de Follas Informativas e Mesa na Feira de Ferrol, este Domingo 18 de Decembro, ás 11 da mañá na Rúa Irmandiños, nas inmediacións do Teatro Jofre e Praza de Galicia.
  • Reparto de Follas Informativas e Cartaces, no Centros de Ensino, Hospitais e Empresas.
  • Reparto de Follas Informativas por Ferrol o Luns 19 de Decembro, ás 10:30hs, no Local da Asociación Veciñal do Inferniño.
  • Presencia no Programa radiofónico "Dereito de Esquerda", mércores 14 de Decembro ás 18:30hs en Rádio Filispim.
  • Cunhas en Radio Filispim.
  • Informar en Rádio Fene.
  • Facer faixa de Cabeceira.
  • Facer Cartaces.
  • Facer Folhas Informativas.
  • Elaborar borrador de Manifesto Unitario.
  • Facer un chamamento ás organizacións que faltan para que se sumen.
  • Facer un evento en facebook.
  • Elaborar nota de prensa coa convocatoria da manifestación e co obxecto da mesma.
  • A comunicación á subdelegación do goberno xa está feita.

Entidades que polo de agora participan na convocatoria:
  • Anova-IN.
  • A Revolta de Trasancos Colectivo Sociocultural
  • Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza - ADEGA
  • Asociación Sociocultural “López Bouza”
  • Asociación Sociocultural Muíño do Vento
  • Asociación Veciñal "O Rosario" do Inferniño
  • Ateneo Ferrolán.
  • AVV "A Madalena" Ferrol 
  • Bloque Nacionalista Galego -BNG
  • Cerna
  • Colectivo Ártabra 2
  • Colectivos Okupas de Canido e Ferrol-Vello
  • Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
  • Decide En Común
  • Espazo Ecosocialista
  • Esquerda Revolucionaria
  • Esquerda Unida -EU
  • Foro Galego de Inmigración
  • Fuco Buxán A.C
  • Fundaçom Artábria
  • Grupo de Consumo "Fonte da Uz"
  • LiGanDo
  • Marcha Mundial das Mulleres
  • Marchas da Dignidade Ferrolterra
  • MoveNeda - Movemento Veciñal
  • PAH de Ferrol e Comarca
  • Sindicato de Estudantes
  • Somos Cabanas
  • Stop Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra
  • Tenda de Troco de Arméria Soc. Coop. Galega
  • Xunt@s por As Pontes.
Manifesto: MANIFESTO.DOC
Máis información: https://www.facebook.com/events/559395830924615/