Saltar ao contido principal

15 de decembro: Convocatoria de mobilización de CCOO - UGT #recuperardereitos

Este vindeiro xoves 15 de decembro, os sindicatos CCOO e UGT realizan convocatorias por todo o estado para mobilizarse baixo o lema "As persoas e os seus dereitos: o primeiro".

En Ferrol, a mobilización terá formato de manifestación, e partirá ás 20:00h da Praza de España con destino ao Cantón.



Dende Fuco Buxán, sumámonos á convocatoria desta mobilización, pola recuperación dos dereitos enaxenados empregando como excusa a crise.

Máis información: http://www.ccoo.gal/webgalicia/Informacion:Campanas:1011150--15-D__#recuperardereitos