A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol celebra a súa asemblea-plenario anual este xoves 15 de decembro. Compartimos a convocatoria:
CONVOCATORIA da ASEMBLEA- PLENARIO
Xoves día 15 de Decembro ás 18 horas da tarde
Local da Asoc. Veciñal do Rosario-Inferniño.
–Orde do día –
- Aprobación, se procede, ACTA anterior.
- Situación actual desta Plataforma
- Estado de Contas
- Informacións Xuntanza en SOS Sanidade Pública o pasado día 15 de novembro
- Situación actual Area Sanitaria Ferrolterra
- Proposta e debate de usos para o Novoa Santos
- Renovación cargos da Plataforma
- Instar ao Concello a constitución do Consello Municipal ou Area da Sanidade pública de Ferrol
- Suxestións e preguntas
Ferrol, a 7 de Decembro de 2016.-
-Comisión Permanente .-
- Secretaría .-
Dado que está incluída na orde do día, compartimos tamén o contido da acta da xuntanza de SOS Sanidade Pública de Galicia que tivo lugar o pasado 15 de novembro:
ACTA DA PLATAFORMA SOS SANIDADE PUBLICA DE GALICIA. 15/10/2016
Asistentes:Sindicatos: CIG e UXT; Partidos: PSdeG-PSOE, BNG, Podemos, En Marea, Esquerda Unida; Plataformas de SOS Sanidade Pública: Ferrol, Compostela, Vigo, Pontevedra, A Coruña; Organizacións Sociais: Confederación de Asociacións de Veciños de Galicia (COGAVE), Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública.
Resumo do debate:Acordo xeral sobre a preocupación pola renovación do PP no Goberno da Xunta e do Estado, a necesidade de manter o rexeitamento as privatizacións, a información a poboación e @s traballador@s sanitarios e compaxinar as mobilizacións na rua e nos centros sanitarios, ca actividade de oposición no Parlamento e nos concellos.
Acordos:
1. Elaborar un novo documento sobre a situación do sistema sanitario público en Galicia, o tema das privatizacións, así como as súas consecuencias.
2. En base a isto, elaborar un listado de temas prioritarios a abordar por SOS, empezando polos orzamentos sanitarios para este ano.
3. Buscar novas formas de mobilización en base os problemas de cada localidade co obxectivo dunha gran mobilización a medio prazo.
4. Apoiar os acordos alcanzados ca Rede Galega pola Defensa do Dereito á Saúde para exixir a derrogación do Real Decreto Lei 16/2012, que acabou ca universalidade da asistencia sanitaria, xeneralizou o copago farmacéutico e ten previsto introducir outros novos (traslados en ambulancia, prótese e novas carteiras de servizos).
5. Recollida de firmas d@s traballador@s dos centros sanitarios contra o RD e organizar actos informativos nas grandes cidades ca participación de SOS e o resto de organizacións que forman a Rede (Médicos do Mundo, Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria, Foro da inmigración, Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública, SOS Sanidade Pública e Amnistía Internacional).
6. Organizar mobilizacións contra a vulneración pola Xunta de Galicia da Lexislación sobre Interrupción Voluntaria do Embarazo na nosa Comunidade Autónoma.
Manuel Martin García
Portavoz