Saltar ao contido principal

OCV - Actividades do mes de decembro

Dende a Oficina de Cooperación e Voluntariado (OCV), infórmannos sobre as seguintes actividades abertas a toda a comunidade universitaria, que se desenvolverán no campus de Esteiro durante o mes de decembro:

OBRADOIRO DE MACETAS E PRODUTOS DE LIMPEZA ECOLÓXICOS (13 de decembro)
O voluntariado do proxecto de Educación ao Desenvolvemento e Sensibilización da OCV, levará a cabo un obradoiro práctico de macetas (recibiredes información de como coidar as vosas prantas sen produtos químicos!) e tamén de produtos de limpeza ecolóxicos, o martes 13 de decembro ás 11.30 h no hall do Centro Cultural Universitario do Campus de Esteiro.






EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍAS COLECTIVA "VIDAS REFLEXADAS" (decembro 2016-xaneiro 2017)
A partir do mércores 14 de decembro, poderá visitarse no primeiro andar do Centrol Cultural Universitario a exposición colectiva VIDAS REFLEXADAS, sobre as viaxes de voluntariado en cooperación a paises do sur de dous PDI e un estudante da UDC. A exposición é o resultado fotográfico de tres viaxes a Nicaragua, Uganda e Ecuador, respectivamente, e consta de máis de 50 fotografías que amosan tres miradas sobre a realidade e o contexto social de cada un destes tres países. As viaxes e exposicións, están financiadas polas convocatorias da OCV de "Proxectos de Coñecemento da Realidade e Cooperación" e de "Educación ao Desenvolvemento, Sensibilizacón e Participación Social".
A exposición estará aberta durante os meses de decembro de 2016 e xaneiro de 2017.